venres, 17 de febreiro de 2017

Máis unhas Londras do Támega

No outro día 8 de febreiro, a iso das 12 da mañá, xunto de Xabier García Castiñeira, tivemos o inmenso pracer de observarmos a istas tres Londras, Lutra lutra, poida que a mai con dúas crías do ano, brincando na auga e capturando cangrexo vermello nunha das lagoas do río Támega, uns excelentes espazos naturais que deberían de contaren con maior respeito e conciencia ecolóxica por parte de todos nós.
 
Vídeos de Xabier García Castiñeira

2 comentarios:

Unknown dixo...

Con certeça seria um grupo familiar de fémia + 2 cachorros (polas minhas observaçons na Frouxeira e Ortigueira podem ser 2 ou 3 crias, quasse ao 50%). Chama-me a atençom que em Ourense tenhades tamém o termo "londra". Meu pai, nativo da ria de Ferrol e nascido no ano 1930, ussava ese nome. Pensava que polo Sul de Galiza seria mais habitual "lontra", devido à proximidade do português (que conserva o -t- latino moito máis a miúdo, como sabes).
Interesante post, Xosé Ramón.

Xosé Ramón Reigada dixo...

Olá Xabi, pois sim, por cá tenho ouvido quer Londra quer Alondra ou Lontra, ha variantes do mesmo nome na região, cumprimentos.