Pequechas flores do marzal,
fermosas e ventureiras,
desapercibidas a un ollar
que amosa desexos de saber,
unha sorte de beldade
agochadas nos arcanos do xabre.
Linaria amethystea (Vent.) Hoffmans. & Link
"...Flore desde abril, en leiras e terras de cultivo das zonas máis mediterráneas da provincia de Ourense, na estrema con Zamora e León." García, X. R. (2008). 831. Linaria amethystea (Vent.) Hoffmans. & Link. Guía das plantas de Galicia. Edicións Xerais de Galicia, S.A. Vigo - Páx. 293
1 comentario:
Ei, Moncho, que boas esa frores nunha pedreira...
¿Parécense, aínda non sexan, as orchis?
Mais as parolas darriba sonche tan boas coma as cores delas.
As daguerres en desenfocos, moi bos. Unha marabilla
Da gosto ver eses anacos que medran tan apegados ao chan
Deica entón, saúdos :)´
Publicar un comentario