sábado, 4 de marzo de 2017

E voan as Anduriñas por cima dos Amieiros

Xa se barrunta a primavera
na lagoa de Mourazos,
nas beiras do Támega,
na floresta ribeirán:
Voltaron as Anduriñas comúns
e as Anduriñas de cú branco,
xunto das Anduriñas dos penedos
que pasaron aquí todo o inverno,
aliás voltou o Miñato negro,
e vimos lá muita vida:
os Mergullóns pequenos a liortar,
as Pitas de auga, os Parrulos,
as Garzas, os Picafollas ibéricos,
os Corvos mariños grandes
prontos a marchar,
un Mazarico das rochas,
os inquedos Ferreiriños rabilongos,
un Ghabilucho,
unha femia de Ataíño,
os Buxatos a pairar,
unha bandada de Pombos bravos
e as penas doutro
depredado no chan,
Estorniños negros, Rousinois bravos,
Tordos músicos, Paporroibos, Picapaus,
Merlos e Merlas,
e unha Lavandeira branca,
até un Chincoparedes,
un Peto verdello a chiar,
un Azor a pranar,
un Picapeixe, e un Gabeador,
Pimpíns, Ferreiriños azuis,
Gaios barullentos,
Cegoñas brancas,
e na mesma auga
unha Ra verde común.
A xente a luxar
e a vida a explodir.
E voan as Anduriñas
por cima dos Amieiros.
 










...e unha tala indiscriminada de Amieiros











Viola riviniana Rchb.







...e os esgotos



...e o lixo















Picafollas

Parrulos reais

Anduriña e Azor

Mergullón

Picafollas ibérico

Cegoña branca


Buxato

Pita de auga







Depredación dun Pombo bravo

Bellis perennis L.

2 comentarios:

d:D´ dixo...

Moncho, é formidábel esa cantiga
Cos nomes de tudos ou casi

Entón deica... :)´

Xosé Ramón Reigada dixo...

Oh Beato D'Arzádegos, muito obrigadinho, em especial vindo de voçê, vémo-nos lá então, até!