Hoxe plantáronse tres pés de Xinkgo, Ginkgo biloba, e outros tres pés de Ólomo ou Choupo tremedor, Populus tremula, no Campo de Arriba de San Cibrao, Oímbra. Tamén outro pé de Populus tremula na área de lecer do río Támega de Oímbra.
Ista iniciativa débese a un intento de retorno ao natural no eido social humano.
Escolleuse a especie alóctona do Ginkgo biloba pola interesante historia natural que posúe ao ser unha das especies de árbores máis antigas do planeta ou pola súa enorme lonxevidade. As sementes foran traídas do xardín do Campus Universitario de Santiago de Compostela.
A outra especie de Populus tremula foi escollida pola súa escaseza e enorme localización de pés en entorno natural, e xa non digamos de bosquetes naturais, podendo contribuír así á proliferación desta especie de choupo nativa da nosa bisbarra xa que as outras dúas especies presentes, P. nigra e P. alba, crénse non orixinarias desta rexión, aínda que si as atopemos naturalizadas nas ribeiras de ríos e zonas húmidas. Outro valor engadido desta especie é a designación popular que se lle dá no pobo de San Cibrao onde se lle coñece co nome de 'Ólomo', un sincretismo entre os nomes castelanizados de 'olmo' e 'álamo'. En Videferre tamén atopamos o nome vernáculo de 'Ólmo' para designar a esta especie.
Aconséllase consultar o seguinte enlace para ver a distribución de Populus tremula na bisbarra de Monterrei:
http://www.biodiversidade.eu/avistamento/populus-tremula-l/
Aconséllase consultar o seguinte enlace para ver a distribución de Populus tremula na bisbarra de Monterrei:
http://www.biodiversidade.eu/avistamento/populus-tremula-l/
Plantación de tres pés de Ginkgo biloba |
Cruceiro e Campo de Arriba de San Cibrao, Oímbra |
Cartaz explicativo na zona de lecer do río Támega, Oímbra |
Plantación de Populus tremula |
Moitas grazas ao técnico Xabier García Castiñeira, ao colaborador Xosé Manuel Rodríguez 'Kata', ao asesor botánico Pastor Santamarina, ao técnico Rafa Castro, e ao Concello de Oímbra e á Comunidade de Veciños de San Cibrao por permitir e apoiar esta modesta intervención ambiental.
Por un retorno ao natural.
Sit tibi terra levis (Que a terra che sexa leve).
2 comentarios:
Tentei deixar um comentário anterior, parece que não entrou.
Dizia que também na zona de Chaves se usa o termo "Olmo branco" para designar os choupos (Populus). Não sei mesmo, se nalgum lugar não seria também usado para se referir aos vidoeiros (Betula). Mas é um termo que caiu em desuso com o desaparecimento das gerações mais velhas.
Muito bom Marco, mais um outro nome vernáculo para a espécie na região, obrigado, saúdos
Publicar un comentario