Nesta xeira tense unha entrevista co veciño Manuel Salgueiro, para preguntarlle entre outras cousas polos nomes de aves e outro tipo de fauna que contamos nas vindeiras liñas, facéndonos un apunte referente ao nome do pobo ao que di que os vellos sempre lle chamaron Feces Darriba, e non Feces de Cima, forma que esta persoa identificaba máis co castelán que co (seu) galego.
A continuar póñense os nomes vernáculos de fauna transmitidos, con apuntamentos propios, e que tamén trataremos de incluír a grabación orixinal da entrevista cando estexa preparada ao ser un documento en si mesmo.
Pitoverdiallo, Oriolus oriolus. Interesante nome que sincretiza este nome dado noutras zonas a Picus viridis e nesta localidade a O. Oriolus e que tamén pode ser aquí onomatopeico.
Pito verdiallo |
Ghaio, Garrulus glandarius. Variante ben distribuída coa particularidade local da gheada.
Ghaio |
Cazcarrollo, Lanius senator. Ao preguntarse non se soubo recoñecer a outra especie Lanius meridionalis.
Cazcarrolho |
Cheda, Sylvia undata. Nome partillado coa localidade veciña de Mandín.
Carriza, Troglodytes troglodytes. Designación amplamente espallada sen case variantes.
Anduriña, Hirundo rustica. Sen variantes.
Pedreiro, Delichon urbicum. Na localidade veciña de Fecea Dabaixo coñécese coeste nome a Apus apus.
Vencello, Apus apus.
Furapao, Dendrocopos major. Variante que en localidaes próximas se coñecen co nome de Picapao.
Furapao |
Paporrubio, Erithacus rubecula. Amplamente extendido na bisbarra.
Bubela, Upupa epops. Designación extendida.
Merla, Turdus merula. Tendencia extendida a feminizar quer polo tamaño quer pola familiaridade.
Merlo O deste deseño ten a particularidade de ter unha mancha branca na cara non común. |
Perdiz, Alectoris rufa. Sen variacións.
Paspallás, Coturnix coturnix. Nome extendido con variantes.
Muriceghos, xenérico para Quirópteros. Esta é a designación máis extendida na bisbarra con algunhas variantes pero que todas fan referenza a este nome arcaico do que seguramente deriven os outros máis evolucionados de Morcego, en galego e português, e Murciélago, en castellano.
Muricegho |
Moucho, Athene noctua. Extendido.
Curuxa, Tyto alba. Igualmente extendido.
Curuxa |
Bufo, Bubo bubo. Coma noutras localidades pescudadas faise referenza a esta especie cando é común no lugar. Perto desta localidade existe o topónimo Fragas do Bufo onde dicen que criaba en tempos.
Noitevoada, Caprimulgus europaeus. Interesante variante únicamente recollida nesta localidade que fai mención a que esta especie voa pola noite.
Pardal, Passer domesticus. Denominación extendida.
Cutuluvía, Lullula arborea. Coesta designación só se recoñeceu a esta especie e non outras próximas como Alauda arvensis ou Galerida cristata, ás que non se lle atopou nome algún seguramente que por descoñecemento.
Verderol, Chloris chloris. Designación frecuente noutros lugares.
Verderolo |
Nabiñeiro, Serinus serinus. Especie que se confunde coa anterior ao seren ambas de tons verdoso amarelentos. Fai referenza ao feito de comeren nas nabiñas.
Ghabilán, xenérico para Falconiformes.
Falco peregrinus |
Pernis apivorus |
Buteo buteo |
Ághila, nome xenérico. Pode que se confunda cunha contaminación recente do léxico ao non coñecerse nesta zona a presenza histórica de Aquila chrysaetos e nas zonas de ocorrencia adoita coñecerse co nome Aigue.
Culibrín/Culebrín, Falco tinnunculus. Póñense as dúas formas porque era ben difícil distinguir a pronunciación do /e/ e do /i/.
Culíbrín |
Chinchilón, Paridae. Probablemente en especial ás especies de paridos Parus major e Cianites caeruleus. Nome onomatopeico.
Tentenarraíz, Miliaria calandra. Nome onomatopeico tamén recollido na localidade veciña de Vilardecervos, Tentanarraíz, e con correlanción en zonas distantes de Portugal coma no Tejo internacional, Tentenarraíz.
Averrapiña, Circus pygargus. Designación abondosa na bisbarra.
Torda, Turdidae. Seguro que en especial Turdus phylomelos e Turdus viscivorus, con chegada doutras especies en inverno. Iste é outro caso de feminización do léxico en referenza ao maior tamaño ou á súa familiaridade.
Rouxinol/Ruuxinol, Luscinia megahrynchos. Outro caso que dificilmente se distingue a vocalización do /o/ e do /u/.
Escribienta, Embericidae. Nesta zona aparecen distintas especies de escribentas entre as que están Emberiza cirlus, E. cia, E. citrinella e E. hortulana, sen poder precisarse ningunha en especial e facendo referencia a que os seus ovos vense unha manchas que parecen escritura.
Culebra cegha, Blanus cinereus. Interesantísimo nome dado a esta especie que fai referenza aos hábitos subterráneos desta especie e carecer case que de vista, aliás do feito de ser un colúbrido e estar influenciado o seu nome coa cercanía do castellano. Ista característica de designarse ás Cobras coma Culebras aparece noutros lugares da rexión.
Culebra cegha |
Alacraio, Buthus ibericus. Variante recollida noutras localidades dos arredores. O entrevistado dinos que "no Circo hai un ghabelo deles".
Chazco, Phoenicurus ochruros. Curioso nome para esta especie, poida que onopatopeico, xa que é a forma máis coñecida na bisbarra para nomear outra especie, Saxicola rubicola, onde aquí non lle atopamos nome algún e poida que estexa compartido entre ambas.
Chazco |
Matochín, Merops apiaster. De interese por ser esta unha especie rara e localizada na bisbarra onde adoita ter nomes venáculos só nas zonas con maior presenza da especie. Este é un nome só recollido aquí, sen saber a que se refire.
Matochín |
Pombo, Columba palumbus. Nome de ampla distribución.
Rola brava, Streptopelia turtur. De moito interese xa que se diferencia esta especie de Rola da que ben a continuación.
Rola mansa, Streptopelia decaocto. Ao diferencia esta especia de Rola da anterior é un interesantísimo achado xa que sería a primeira vez que se atopa un nome vernáculo para designar en concreto a esta especie.
Salamandra, Salamandra salamandra, Triturus marmoratus, Lissotriton boscai (?). Este nome poríase con reservas xa que semella usarse esta forma claramente castelanizada por contaminación do léxico. Aliás inclúense as outras dúas especies de Anuros presentes na zona polo comentario en referenza a que se vían somerxidas na auga das fontes cando se ía a beber e que este comportamento se corresponde só coas dúas últimas especies citadas.
Salamandra salamandra |
Triturus marmoratus |
Lissotriton boscai |
Con todo isto seguiremos nesta mesma localidade á pescuda de especies que faltan e darlle as grazas a todos os veciños que nos atenderon moi amablemente.
Até á próxima.
5 comentarios:
Fantástico traballo!!
Moitas grazas, o mellor de todo sería escoitar o audio no que se gravou a pescuda xa que nos da moita máis información pero non o dou subido por estar nun arquivo que non identifica o ordenador, en canto o teña subireino xa que é un documento fantástico, saúdos
Xenial compilación!!!! Bo traballo! Apertas! Damián
BOM TRABALHO E MUITO LINDO.
Obrigadinho !
Publicar un comentario