REVISADO E ACTUALIZADO
O 20 DE XUÑO DO 2017
ENGADINDO OS SEGUINTES ARQUIVOS:
PRESENTACIÓN EN PDF DE AVES FOTOGRAFADAS POR ÁLVARO R. POMARES
Eis acó unha reportaxe fotográfica da rota do sábado 10 de xuño do 2017 que ocorreu pola Pista do Marroquí, localidade de Toro, mina de ferro de Cerdedelo, santuario rupestre da Pena Tallada, localidade e soutos de Cerdedelo e igrexa gótica de Retorta.
Organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural de Ourense, a Asociación de Estudios Santa Mariña de Augas Santas e o Ateneo de Ourense, para conmemorar o Día do Medio Ambiente.
Coa presenza e guía dos amigos Víctor Baltar e Beni Rodríguez Requejo, autora do libro "Toro, lembranzas dunha aldea", alén de José Ramón e Isabel Vila polos aconteceres de Cerdedelo, e do cronista tamagano Bruno Rúa que nos falou das interpretacións á igrexa do gótico rural de Santa María (Mariña) de Retorta.
E, como non, aos expertos en xeoloxía e ornitoloxía respectivamente, e presidentes das asociacións, José Ramón Seara e Serafín González.
Aliás é de agradecer a inestimable información facilitada pola arqueóloga Nieves Amado e polo mellor coñecedor dos montes de Laza, Héctor de "Percusións Morenita".
E obrigado aos organizadores e a todos os participantes e ás xentes do lugar.
Val do Alto Támega, Laza e Souteliño |
Canón da Armada |
A Pista do Marroquí |
Sesamoides sp. |
Gladiolus sp. |
Na entrada ao túnel do Corno |
Manzanilla brava, Helichrysum stoechas |
Panorámica ao Sur |
Vista do Corno de Toro |
Polas rúas de Toro |
Anduriñas de cu branco, Delichon urbicum |
* Nomes vernáculos de fauna facilitados por este veciño:
Ághila culebrera, Circaetus gallicus, identificaban ben esta especie que se alimenta de cobras
Ághila perdizera, Aquila fasciata (?), pode ser que en tempos houbera aquí esta especie ou que se confunda con outra coma Aquila chrysaetos (?)
Pazpallao, Coturnix coturnix, interesante terminación en -ao, co conto que dicía:
"Pazpallao
canto grao"
Cuco, Cuculus canorusBufo, Bubo bubo, semella que en tempos era máis frecuente esta especie
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Vencello, Apus apus
Bubela, Upupa epops
Picapao, Dendrocopos major
Laverca, Alauda arvensis
Anduriñas, Hirundo rustica, H. rupestris, Delichon urbicum, Cecropis daurica, sen precisarse ningunha especie en concreto
Labrandeira, Motacilla alba, porque andaba detrás das vacas que andaban labrando
Paporrubio, Erithacus rubecula, falaba tamén dun tal Papovermello pero sen saber dicir algunha característica máis de como era (?)
Tornillo, Sturnus unicolor
Pardao, Passer domesticus, interesante terminación en -ao igual a como se di na Limia e non como se di na maior parte da bisbarra de Monterrei, Pardal, coa terminación en -al
Ghilghero, Carduelis carduelis
Víbora, Vipera latastei, diferenciaban ben esta especie das outras 'culebras'
Sedum fosterianum e Digitalis purpurea |
Lagartiña galega, Podarcis bocagei |
Fotografía de maio de 2007 en Toro |
Dianthus sp. |
...e a desfeita do AVE |
Capela da Virxe da Pena Tallada |
Santuario rupestre natural da Virxe da Pena Tallada |
Bolboreta da familia Satyridae |
Cerdedelo |
Opilión |
Pola rúas de Cerdedelo |
A Cenza dos Cas |
* En Cerdedelo tamén se recolleron varios nomes vernáculos de fauna facilitados polo veciño José Ramón:
Rodrigovión, Oriolus oriolus, variante semellante a outros pobos de preto coma en Campobecerros onde se lle chama Rodrigavión
Ataíño, Falco tinnunculus, mesma designación que a da zona de Verín
Pitorrei, Picus viridis
Anduriñas, Hirundo rustica, Delichon urbicum, este veciño coñecía dúas especies de anduriñas
Vencellos, Apus apus
Bubela, Upupa epops
Merlo, Turdus merula
Malvís, Turdus phylomelos, se callar sexa un nome xenérico para todos os Tordos, Turdus spp. (?)
Pardao, Passer domesticus, mesma terminación en -ao igual que na poboación de Toro
Salamanca, Salamandra salamandra
Zygaena sp. |
Canis lupus familiaris |
Castiñeiro catalogado coma Árbore Senlleira |
Outro castiñeiro xigantesco pendente de catalogar |
Segundo nos conta José Ramón, o veciño de Cerdedelo, di que nesta zona hai calías das que antes se extraía pedra para queimar en fornos e elaborar cal para o seu comercio, contando que incluso se chegara a falar de que se fora a establecer en Cerdedelo unha fábrica de cemento mais que non foi adiante o proxecto.
Leváronse uns anacos de rocha para seu análise por parte dos xeólogos do grupo. Cando menos as formacións rochosas son extranas.
Centaurium sp. |
...xa en Laza |
Indo rematando a xeira unha outra visita polo impresionante enclave da igrexa gótica de Retorta:
Vista dende o Monte Bitón |
Panorámica do val norte de Monterrei dende o Monte Bitón |
E para rematara unha lista coas especies detectadas durante os diferentes percursos:
* Mamíferos silvestres:
Unha expléndida observación dunha femia de Corza, Capreolus capreolus
Falcón abelleiro, Pernis apivorus
Águia cobreira, Circaetus gallicus
Águia calzada, Aquila pennata
Cuco común, Cuculus canorus
Vencello común, Apus apus
Pombo, Columba palumbus
Rola, Streptopelia turtur
Peto verdeal, Picus viridis
Peto real, Dendrocopos major
Peto formigueiro, Jynx torquilla
Laverca, Alauda arvensi
Andoriña dos penedos, Hirundo rupestris
Andoriña común, Hirundo rustica
Andoriña dáurica, Cecropis daurica
Andoriña de cu branco, Delichon urbibum
Pica campestre, Anthus campestris
Pica das árbores, Anthus trivialis
Lavandeira branca, Motacilla alba
Carriza, Troglodytes troglodytes
Paporroibo, Erithacus rubecula
Rousinol común, Luscinia megarhynchos
Rabirrubio común, Phoenicurus ochruros
Chasco común, Saxicola rubicola
Merlo rubio, Monticola saxatilis, unha das observacións máis gratas, tanto do macho coma da femia
Fermoso macho de Merlo Rubio. Fotografía de Álvaro R. Pomares
|
Femia de Merlo rubio
|
Merlo común, Turdus merula
Papuxa das amoras, Sylvia atricapilla
Papuxa montesa, Sylvia undata
Carriza dos xuncos, Cisticola juncidis
Rousinol bravo, Cettia cetti
Picafollas de Bonelli, Phylloscopus bonelli
Picafollas ibérico, Phylloscopus ibericus
Estreliña común, Regulus ignicapillus
Ferreiriño real, Parus major
Ferreiriño azul, Cyanites caeruleus
Ferreiriño cristado, Lophophanes cristatus
Gabeador azul, Sitta europaea
Gabeador común, Certhia brachydactyla
Pega, Pica pica
Gaio común, Garrulus glandarius
Corvo pequeno, Corvus corone
Estorniño negro, Sturnus unicolor
Pardal común, Passer domesticus
Pimpín común, Fringilla coelebs
Liñaceiro común, Carduelis cannabina
Xílgaro, Carduelis carduelis
Xirín común, Serinus serinus
Escribenta riscada, Emberiza cia
* Réptiles:
Lagarto arnal, Timon lepidus, un xuvenil atropelado
Lagartiña galega, Podarcis bocagei
Escáncer común, Anguis fragilis, unha femia
Serpe riscada, Elaphe scalaris (?)
Saúdos e até á próxima...
Ningún comentario:
Publicar un comentario