Imaxes sacadas da web da Sociedade Galega de Ornitoloxía
Resultados no cuadrante surleste ourensán do Censo de Miñato real invernante en Galicia e do Censo de Aguia peixeira en Galicia 2018, organizado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e realizado o día 14 de xaneiro do 2018, na compaña dos inestimables naturalistas Claudio Álvarez (Zunín) e Xosé Pérez (Ponchi).* Percorrido en coche ao longo do río Támega a sur de Verín con paradas nos seguintes puntos:
Lagoa de Mourazos
lagoa de Oímbra
Lagoas de San Cibrao
Lagoas de Tamaguelos
Lagoa de Rabal
Ponte de Rabal
Lagoa grande de Chaves
Ningún exemplar de Aguia peixeira
Outras observacións de aves:
Garza branca grande (2) en voo, unha por Rabal e outra pola Veiga de Chaves
Corvo mariño grande (~5)
Bilurico das rochas (1) na lagoa de Mouraos
Garza real (~7)
Lavandeira real (1) na lagoa de Rabal
Picanzo real meridional (1)
Cerceta común (~6) na lagoa leste de San Cibrao
Lavanco (~9)
Bandos de frinxílidos de entre 25 e 50 ex.: Liñaceiro, Verderolo, Úbalo, Pimpín, Pimpín real, polas veigas de Oímbra, Mourazos, San Cibrao e Rabal
Pica dos prados (varios ex.)
Pombo (varios ex.)
Peto real (3)
Peto verdeal (1)
Rousinol bravo (varios ex.)
Buxato (~3)
Mergullón cristado (1) na lagoa oeste de San Cibrao
Picapeixe (1) na lagoa leste de San Cibrao
Lagarteiro cincento (2) na Veiga de Chaves
Avefría (~7 ex.)
Corvelo (~20)
Estorniño negro (varios ex.)…
* Prospección en encoros:
Encoro das Portas
Alt. 966 m. de 12:30 a 13:00 h, con visibilidade
Outras observacións de interese:
Miñato real, 1 ex. axotado por Corvelos, entre As Portas
e A Gudiña, alt.1.042 m., 12:20 h
Encoro do Cenza
Alt. 1.334 m. de 13:50 a 14:15 h, con
neveNingún ex. de Aguia peixeira
Outras observacións:
Aguia real, 2 adultos pousados nunha rocha, logo marcharon dirección leste planando e interactuando entre eles, alt. 1.217 m, con neve, 13:40 h
Pica alpina, 1 ex. na beira do encoro achegada á presa
con piídos, alt. 1.340 m., con neve
Papuxa montesa, 1 ex. entre o matagal nevado, por baixo
da presaEncoro do Bao
Alt. 649 m., de paso por Vilariño de Conso polas 14:45 h., con visibilidade, visión desde o coche
Ningún ex. de Aguia peixeira
* Prospección de Miñato real
Zona de A Gudiña, O Tameirón e O Cañizo
Entre as 15:30 e 17:00 horas
Ningún exemplar de Miñato real detectado, a excepción do ex. da mañá camiño do encoro das Portas:
Miñato real, 1 ex. axotado por Corvelos, entre As Portas e A Gudiña, alt.1.042 m., 12:20 h
Outras observaicóns de interese:
Gabián, un ex. en voo rasante á saída do Tameirón
dirección á Gudiña, alt. 985 m.Para rematar dar as grazas ao Zunín e ao Ponchi pola compaña e axuda, aos coordinadores do censo en Ourense Alexandre Justo e David Sobreira polo ánimo inserido e a todos os naturalistas e entes que interviron.
Até...
http://www.sgosgo.org/index.php/novidades/21-colabora-coa-sgo/153-censo-de-millafre-real-invernante-en-galicia
http://www.sgosgo.org/index.php/novidades/21-colabora-coa-sgo/152-censo-de-aguia-peixeira-en-galicia-2018
5 comentarios:
Bo traballo meu! Apertas! Damián
Grazas a vos Xosé Ramón por participar.
Saúdos.
Grazas a tdodos vós polo labor, cumprimentos !
Bom trabalho, con respeito o ano passado vedes un descendo na povoazon de aves ou nos avistamentos?
O ano pasado non se fixo este censo, o que si se aprecia este ano é que houbo máis avistamentos de Miñato real, tanto de observacións propias coma de informacións alleas, saúdos
Publicar un comentario