Unha visión universal da Humanidade, a Natureza e o Alén dende a bisbarra de Monterrei
xoves, 19 de xullo de 2018
Outra localización de Gluvia dorsalis
Máis una nova localización (?) do Solífugo, Gluvia dorsalis, na bisbarra de Monterrei, un arácnido propio de zonas áridas só na Península Ibérica e con presenza en poucas localidades de Galicia.
luns, 16 de xullo de 2018
Nada menos que unha Gaivota de Audouin na praia fluvial do Támega
Nestes últimos días ten andado pola praia fluvial do Támega en Verín nada menos que un xuvenil dunha Gaivota de Audouin, Ichthyaetus hudouinii, de presenza moi rara e accidental en Galicia.
Segundo a Guía das Aves de Galicia cría local nas costas mediterráneas, principalmente nas españolas, con movementos dispersivos e migración parcial ao longo de todo o Mediterráneo e costas noroccidentais de África.
A observación e identificación foi realizada por Xurxo Piñeiro e subida a web especilaizada ttps://www.reservoirbirds.com/. Obrigado por tan interesante aportación.
Etiquetas:
Aves,
Aves accidentais,
Rarezas,
Sternidos,
Vídeos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)