Nestes últimos días ten andado pola praia fluvial do Támega en Verín nada menos que un xuvenil dunha Gaivota de Audouin, Ichthyaetus hudouinii, de presenza moi rara e accidental en Galicia.
Segundo a Guía das Aves de Galicia cría local nas costas mediterráneas, principalmente nas españolas, con movementos dispersivos e migración parcial ao longo de todo o Mediterráneo e costas noroccidentais de África.
A observación e identificación foi realizada por Xurxo Piñeiro e subida a web especilaizada ttps://www.reservoirbirds.com/. Obrigado por tan interesante aportación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario