REVISADO E AMPLIADO
10 DE DECEMBRO DO 2019
Imos poñer uns nomes vernáculos recollidos en varios grupos do Facebook para designar ás Píntegas na bisbarra de Monterrei:
Pinta: En Cortegada, concello do Riós.
Pintarega: Na Madanela, concello de Monterrei.
Píntega: En Gondulfes, concello de Castrelo do Val. En Mandín, Verín, concello de Verín.
Salamanca: En Carraxo, Correchouso, As Eiras, Laza, Matamá, Trez, concello de Laza. En Castrelo de Abaixo, O Riós, concello do Riós. Na Arzoá, Lamardeite, concello de Vilardevós.
Salamandra: En Retorta, concello de Laza. En Monterrei sen precisarse localidade, San Cristovo, Vilaza, concello de Monterrei. En Oímbra. En Cortegada, concello do Riós. En Verín.
Salamanquesa: Sen precisarse lugar.
Salamántiga: En Gondulfes, concello de Castrelo do Val. En Atás, Xironda, concello de Cualedro. Na Caridade, Flariz, Vilaza, concello de Monterrei. Na Granxa, Espiño, Oímbra, Videferre, concello de Oímbra. En Queirugás, Verín, concello de Verín.
Salamántigha: Na Saceda, concello de Cualedrro. En San Cibrao, concello de Oímbra. En Mandín, concello de Verín.
Salamantra: En Mandín, concello de Verín.
E noutras localidades de Galicia:
Arranca dedos
Becha
Bicha
Pesoia: En Ames. En Negreira. En Mazaricos.
Pessoia: En Barbeira de Jalhas.
Pezoia
Pezoira: En Tordoia, A Coruña.
Pozoia
Pinta: En Avión. En Chantada. No Deza. En Ouzande, A Somoza, concello da Estrada. No Paraño. No Trasdeza. En Vilalba.
Pinchorla
Pinchorra: En Abadín. En Alfoz. En Castroverde. En Láncara, Lugo. En Lugo. Na zona da Pontenova e Riotorto. Taboada, Lugo. Na Terra Cha. En Forcarei.
Píntega: Na Coruña e zona das Fragas do Eume. Por terras Ártabras. En Chantada. En Curtis, A Coruña. En Coirós. En Irixoa. En Oleiros. En Ordes, A Coruña. En Patín. Na Terra Chá. Na Ulloa.
Píntiga: Na parroquia de Leixa, Ferrol.
Píntigha
Ponsoña: No Grove.
Roncha: No Deza. En Lalín.
Sabandilla: Na Cañiza.
Sabandixa: En Arcade. En Cobres, Vilaboa. No Freixo. En Soutomaior. En Xián de Arcos.
"Si che pica unha sabandixa colle a mantilla e vai para a misa".
Sabanduxa: En Marín. No Salnés.
Sacabeira: En Alfoz. Nos Ancares. En Cervantes. Na mariña de Lugo. No Valadouro.
Sacarrancha
Sacaveira: En Ourol.
Salabanduxa
Salamanca: Na Gudiña, San Lourenzo, concello da Gudiña. Nas Nogais. No Pereiro, A Mezquita. En Samos. Na Ulloa. Na zona de Vilar de Barrio.
Salamandra: En Barxa, A Gudiña. En Lugo. En Oleiros. Na zona de Piñor. En Ponteareas. En Sanxenxo.
Salamanquesa: En Valoiro, Lobios.
Salamántiga: En Nogueira de Ramuín.
Salamántigha: En Novás, concello de Xinzo de Limia.
Salmántiga
Sapagueira: Polo Val de Burón, A Fonsagrada. En Ribadeo.
Sarabandixa: No Barbanza. En Bueu. En San Isidro.
Sarabanduxa: No Barbanza.
Saramaganta
Saramaghanta: En Ponterareas. En Terroso, Mos.
Sarmaganta: Na zona de Ponteareas.
Sarmaghanta: En Terroso, Mos. En Tomiño. Pola zona sur de Vigo.
Saramela: Na Cañiza. Na comarca do Condado.
Sareca
Zabandusa: En Marín.
Zaramela
Zarramela: Na zona de Crecente.
E noutros lugares:
Sacabera: Cuenca del Nalón, Asturias. En León.
Sacavera: Occidente de Asturias.
Salamandra: En Catalunya. En São Paulo, Brasil. En Portugal. En Zaragoza.
Salamántiga: En Portugal.
Saramaganta: No norte de Portugal.
Saramela: En Monção, Portugal.
3 comentarios:
Ola Xosé Ramón:ante todo noraboa polo teu traballo de recopilación,normalmente non comento no teu blogue...
Últimamente vexo en varios sitios que como fonte cítase de maneira xenérica"grupos de facebook".
A modo reflexión e por cortesía hacia esos grupos...o correcto non sería citalos con "nome e apelidos"?
Deixo a reflexión no aire.
Saúdos.
O dito, é que son moitos grupos e páxinas e faríanlle sombra aos propios nomes, no entanto terase en conta, saúdos
No meu pobo natal: Cerreda, na zona de Santo Estevo de Ribas de Sil, chámase salamántiga.
Se lle tocas a unha ou a colles na man cando está en celo, entón, cada vez que volva a estar en celo, doerache a man e aparecerache nela a figura do bicho, e non desaparecerá hasta que lle pase o celo. A única forma de solucionalo é matar a salamántiga que tocaches.
Publicar un comentario