CORRIXIDO E AMPLIADO
O 29 DE XANEIRO DE 2022
As cantareiras galegas Tanxugueiras están no refacho
musical. O nome que lle puxeron ao grupo seica lles vén dun microtopónimo de
Fumaces, do concello do Riós (en Galicia Nomeada aparece como As Teixugueiras
porque esa é forma etimolóxica, pero na fonética está recollida a pronuncia
local [tanxugueiras]. Cómpre subliñar que a microtoponimia do Concello do Riós
(máis de 4.200 nomes) foi recollida hai moitos anos por Vicente Feijoo Ares, o
actual coordinador do proxecto Galicia Nomeada e membro do Seminario de
Onomástica da Real Academia Galega.
As Tanxugueiras sería, por tanto, un zootopónimo, isto é, un nome referido a un animal; neste caso, ao teixugo ou tanxugo, como se pronuncia tamén nesta zona do sueste ourensán e na rexión portuguesa de Trás-os-Montes. Os lugares que levan este nome, Teixugueiras ou Tanxugueiras, están motivados pola existencia de tobos ou tocos onde aniñaban e se agochaban os teixugos.
Un teixugo, tanxugo, Meles meles, é un mamífero carniceiro da familia dos
mustélidos de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no
ventre, e abrancazado con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás
das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos.
Tanxugo é entón o nome vernáculo tradicional na aldea de Fumaces, variante do nome máis común en galego de Teixugo.
Na mesma rexión de Monterrei tamén se recolleu este nome tanxugho, desta vez con gheada, e a variante tenxugho, na aldea de Mandín, no concello de Verín.
Tamén temos o topónimo As Tanxugueiras no Navallo, e As
Tanxigueiras en Mañoás, ambos os dous no concello do Riós. Na aldea da Pena do Souto, do mesmo concello, a este animal chámanlle tanxugo.
Na aldea de Rexoxende, no concello de Vilardevós, tamén
existe unha paraxe chamada A Tanxugueira e, alí, aínda está viva a palabra
tanxugo para referirse a este animal. Neste mesmo concello, pero no territorio
da aldea de Terroso, localizamos outra paraxe denominada A Tanxugueira.
Na microtoponimia de Oímbra, tamén se rexistra As Tanxugueiras.
En San Lourenzo do concello da Gudiña hai a paraxe As Touxigueiras.
En Viana do Bolo, existe este mesmo topónimo As Tanxugueiras no termo territorial de Santa Mariña da Ponte.
Como se pode apreciar, é un topónimo moi
común nesta parte de Galicia con esa variante distinta á forma etimolóxica.
Fóra das nosas fronteiras, tamén rexistramos a variante tasugo na zona portuguesa de Miranda do Douro, en idioma mirandês; na rexión do Alto-Tâmega portugués, rexístrase a variante teixugo ou texugo; e, por medio das redes, recolleuse o nome de tasugo en Palencia, quizais sexa un eco da lingua astur-leonesa.
Tanxugo, Teixugo, Meles meles |
Estas cantareiras internacionais afirman nunha entrevista á
RAG que escolleron este nome inspirándose na toponimia oral, tras escoitarlle este
nome a un amigo natural da aldea de Fumaces, Fernando Chao (coñecido tamén como
Fernando Fumaces). Gustoulles Tanxugueiras pola súa sonoridade e porque “ese
sería o nome perfecto para un grupo de mozas que se xuntan por diversión e amor
á música, moi lonxe do medo ou de calquera cousa que faga mal”.
Atinaron de cheo polo singular comportamento, personalidade e sons deste fermoso e admirado animal que están narradas máis adiante neste artigo.
Tanxer tamén ten o significado de tocar instrumentos musicais tradicionais galegos; á parte de estimular o gando para que camiñen os animais; e logo coma sinónimo de carpir, chorar, podendo asimilarse á voz, o canto, o bruar, do tanxugo, teixugo, sen poder asegurarse isto, só por relacionar posibilidades (porase o seu tanxer, o seu son, no final do artigo).
* "O nome deste animal, teixo ou teixugo, procede do latín tardío TAXO, TAXONIS, aínda que non se coñece con certeza a súa orixe, que podería vir dunha suposta forma xermánica *thahsus ou do gótico *thahsuks. O nome científico é Meles meles, sendo o único membro da familia dos mustélidos (á que pertencen armiños, londras, visóns e martas, entre outros) clasificado neste xénero, que toma o seu nome da palabra latina para lle chamar ao mel, xa que é sabido que esta substancia, mais os insectos, son os manxares favoritos do teixugo. Tanxugo é, por tanto, unha variante local da forma etimolóxica teixugo, no idioma galego", afirma o lingüista da RAG, Vicente Feijoo, natural do Riós.
* Katuro Barbosa di o seguinte respecto da etimoloxía do nome teixugo:
"Parece que provém de TAXUCUS, diminutivo de TAXUS, palavra latina que pode ser cognato ou estrangeirismo em latim proveniente do germânico ðaðsu- ou thathsu- que procede por sua vez duma raiz indo-europeia, teks- ou tex- que significa fabricar, tecer... Deve ser porque "fabrica" ou "tece" literalmente a covinha onde vive...".
De facto os tanxugos, teixugos, entretecen unha rede de tocas baixo terra de moita lonxitude nos que posúen varias saídas ou entradas, dende unhas poucas até preto da decena, e responde o seguinte:
"Entretecido é a palavra chave, derivada de tecido e esta dessa raiz tax- ou tex-..."
Aliás a palabra tanxugueira sería entón:
"Teixugueira ou texugueira é o lugar onde vivem os teixugos ou texugos, sendo tenxugueira ou tanxugueira uma variante dialetal ou local da forma supra-dialetal usada como forma padrão."
* Capelurso Carboeira di o seu parecer respecto da etimoloxía de teixugo:
"A mim convence-me mais a teoria da continuidade onde teixo (árvore) e teixo (animal) nascem do mesmo conceito "dureza'.
Perceba-se que teirugo, tarugo e teixugo são o mesmo conceito, e sem aventurar muito a mesma palavra raiz com distintas realizações. Confronte-se com teiró e as tantas variantes, teiroa, teiruga...., da peça do arado onde vai a relha, e mais: a teiró primária que antes do Bronze era o pau duro que furava a terra sem relha metálica.
Não por outra razão seria que o teixo, teixão, teixugo tem o nome de porco-teixo, onde o modificador teixo não está a descrever a cor, pois não é teixa a sua pelagem. A hipótese é que porco-teixo estaria a falar dum porco-duro, dureza da sua carne e coiro.
Para remarcar isto mais: a árvore, o teixo, tem um nome muito explícito: teixo-ramo. Uma das características da madeira do teixo é a sua dureza, então sim a cor teixa nasceria da cor do teixo, mas o teixo seria tal o seu nome por esta ideia de dureza que em fóssil ficou no adjeitivo teixugo/ teirugo/tarugo "duro"."
* Conchita Fernández López di o seguinte sobre o topónimo tanxugueira e o nome teixugo:
"Topónimo orensanopontevedrés rarillo, porque no se recoge en el Nomencl. En Lugo y Coruña recoge unos quince Teixoeiras, As Teixoeiras. En Cuenca hay una Taxuguera, y 'taxugo' está en el dic de la rae. En nuestra zona el 'teixugo' se conoce sobre todo como 'porco teixo'. Existe el ap. francés Teisonnières.
Si el tejo (taxus) y el tejón (taxucus, o vulgar *taxonem) tienen algo que ver podría ser lo espeso y tieso de su cobertura: las hojas o el pelo. En griego dasýs (comparable a la forma germánica citada en el artículo) significa 'peludo' o 'de espeso follaje', y en latín 'tegere' tectum es 'recubrir', proteger: techo, al. Deck. No es una correlación muy simple pero también el suf. -ucus es infrecuente, y se da en la planta del saúco/ jabugo: sambucus o la lactuca: leituga, que tiene 'leche'. Entonces hasta el color 'teixo', del pelaje de muchos animales, podría asociarse."
No tocante desa -x-, e non -s-, de Taxugo en castellano responde o seguinte:
"Puede ser un cultismo o una grafía conservadora, como se da en el apellido Ximénez, o Texeira (calle en Madrid: Pedro Texeira) en Texas o México, y la pronunciacion sería probablemente parecida a [tajuguera] ??"
"*tejugo: *tejuguera sería el resultado más regular en cast. del latin 'taxucus'."
É mesmo curioso isto, que permaneza esa designación en toponimia castellana, unha posible orixe... E cal?
* Agora vaise poñer unha oipinión persoal, sen serse ningún especialista, e, aínda que xa falaron os verdadeiros lingüistas, vaise plantexar isto só a modo de dúbida:
"A saber entón se o nome tanxugo, teixugo, tivese mesmo relación coa árbore teixo (Taxus baccata) ou co verbo tanxer ou a saber. Un deles sería variación do outro, mais cal de cal. Persoalmente téñense recollido ámbolas dúas designacións e con variantes dialectais. Puidese ser entón que tanxugo fose unha forma primitiva da logo evolución para o nome teixugo, tal coma acontece co nome morcego e a súa forma máis arcaica de muricego, recollida tamén nesta bisbarra de Monterrei? Ou é que Tanxugo puidese ser simplemente unha variante local de Teixugo tal como afirman os especialistas? Desculpai polo plantexamento."
Despois de ver todas estas opinións, aínda cómpre investigar
outras variantes do nome do animal que poidan existir por Galicia adiante. O
artigo está aberto para calquera que queira achegar información e retirar ou
modificar posibles erros ou imprecisións. Isto só é unha interpretación propia con achegas doutras persoas coas que puiden falar, algún deles expertos na
materia.
A continuar póñense uns enlaces á páxina web Portal das Palabras:
Tanxugueiras, palabra do ano 2021:
https://portaldaspalabras.gal/tanxugueiras-palabra-do-ano-2021/
Palabras do día: teixugo:
https://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/teixugo/
Voces de aquí e acolá: teixugo, porco teixo e melandro:
Chéganos unha última opinión sobre a etimoloxía do nome tanxugo, provinte do recoñecido lingüista internacional Tomás González Rolán. É o seguinte:
"El Diccionario etimológico de los grandes latinistas franceses A. Meillet y A. Ernout señalan, efectivamente,el origen germánico de taxo, -onis, pero en cuanto al término taxus no encuentran correspondiente claro. Es posible que la nasal que se introduce en palabras como tanxugueiras o tanxugo, esté relacionada con los verbos latinos tango, tangere y taxo, taxare, que es un frecuentatico-intensivo del anterior , con el sentido de tocar, tanto en el sentido físico (un instrumento) como moral, o también de hacer alusión, etc."
"A. Ernout-A. Meillet, Dictionnaire Étymologique de la Langue Latine. Histoire des mots (4ª edición), París, Librairie C. Klincksieck, 1959."
Grazas, ante todo, ás
Tanxugueiras pola música que fan, polo que representan para o pobo galego e por
levar os nosos mictopónimos polo mundo adiante, e
Deséxasevos moito éxito, pois sodes boísimas!
10 comentarios:
Muito sucesso
Muito sucesso mesmo!
Gustei de ler, puis fai ua eicelente çcrion de l mote de la palabra i l sou segneficado. Parabienes (scribo an mirandés)
Votos de um magnífico 2022!
Parabéns...desejo que tenham muito, muito sucesso...
Muito obrigado! E peço desculpas por não saber escrever em mirandês, do que adoro imenso! Um prazer!
Florescente 2022! Muito obrigado! E sucesso para as Tanxugueiras e os tanxugos!
Boas,
parabéns polo artigo.
Só unha pequena aportación, hai uns días rexistrei na aplicación Galicia Nomeada o microtopónimo "A Teixugueira" en Rexosende, e tamén me dixeron que ao animal alí lle chaman teixugo. Igual varía entre os veciños a quen lle preguntes, non sei, eu confirmeino con dúas persoas dalí.
Saúdos
Ola Eva, si, podería haber dúas designacións para a mesma especie nunha mesma localidade, xa se ten dado o caso con outras especies e noutras aldeas. Agradécese a información. Un saúdo
Very nice post.
buy provigil at huge discount.
The advantage of doing it without anyone's help is that you have a device available to you at whatever point you feel like you could yield to your illicit drug use and dependence.
Cheap Weed
Publicar un comentario