Onte realizouse unha pequena saída de campo, organizada polo Posto de Turismo de Monterrei, con motivo de actividades na Semana Santa, para percibir a importancia das plantas na fortaleza de Monterrei e arredores.
*Tratouse do que aportou Monterrei á flora mundial, si, indirectamente pero mundial.
*Fixemos un percorrido desde a mesma prehistoria terrestre, do carbonífero ás glaciacións, indo despois a vestíxios botánicos de ocupación humana anteriores: medieval, moderna, contemporanea.
*Relacións da tradição oral galego-portuguesa coas plantas, tamén mitoloxía greco-latina.
*Propiedades das plantas, que non teñen por que ser só as de intereses humanos, e que aínda que non se coñezan non quere dicir que non as teñan, alén das precaucións no uso das plantas.
*Ecoloxía das plantas no sentido de interconexión de todo con todo e fondo respeito cara o medio natural.
*Familias botánicas, nomes científicos e vernáculos, estratexias das plantas, liña evolutiva, intelixencia das plantas, etc.
Foi muitísimo o que ficou por se tratar, e muito máis o que non se saberá.
Obrigado pois, polo interese nas plantas, aos organizadores e aos participantes, algunhas de curta idade e que prestaron moita atención.
Que aportará entón O Sol ás plantas, á Terra ou á humanidade? Pois baixa entropía 😊
Myosotis discolor |
Ningún comentario:
Publicar un comentario