Hoxe estivemos recollendo uns nomes vernáculos e outras curiosidades de paxaros do pobo de Oímbra grazas a Paco. É o seguinte:
Alcumes con nomes de paxaros postos a persoas ou familias ás que se lles daban os atributos das diferentes especies:
Os Rolos, da rola, Streptopelia turtur
Os cucos, do cuco, Cuculus canorus
Os Chascos, do chasco, Saxicola rubicola
Os Calamouchos, do moucho, Athene noctua
O Chinco, do chinco, Fringilla coelebs
Nomes vernáculos de paxaros:
Verdeirol, Chloris chloris
Rubidoira, Certhia brachydactyla
Noitevoal, Caprimulgus europaeus
Papafigos, Oriolus oriolus
Gaio, Garrulus glandarius
Picapau, Dendrocopos major
Peto verdeal, Picus sharpei
Paporrubio, Erithacus rubecula
Letreira, Emberiza cirlus, E. spp.
Nabiñeiro, Serinus serinus
Cutuvía, cutuluvía, Lullula arborea
Laverca, Alauda arvensis
Pita d'auga, Tachybaptus ruficollis, "andaba na auga nadando coma os patos e somerxíase á mínima presenza humana, era moi pequeno, omacho era máis colorido, facia o nino entre as xungueiras e tiña uns ovos moi pequenos, había moitos no Morouco e víanse ao ir regar, hoxe xa non"
Pita d'auga, Tachybaptus ruficollis |
Cotorniza, Coturnix coturnix
Curuxa, Tyto alba, Strix aluco
Vencellos, Apus apus
Anduriña, Hirundo rustica, Delichon urbicum
Zootoponimia:
A Bufeira, no Rosal, do bufo, Bubo bubo
Contos sobre paxaros:
Os vellos de Oímbra dicían que a cotorniza era "o páxaro dos anamorados" porque cando cantaba dicía:
"palpa-lá--palpa-lá---palpa-lá"
Muitísimo obrigado, Paco, por todo isto e por muito máis que nos contaches. Un pracer escoitar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario