Hoxe realizábase unha limpeza simultánea de zonas húmidas enmarcada no Proxecto Ríos. Un pequeno grupo fumos nun momento pola nosa conta a limpar unha pequena charca nunha zona húmida, no Mourouco-A Lagoa-Regato do Pontón, entre O Rosal e Oímbra, para contribuírmos un mínimo co volumtariado ambiental.
Decidimos este lugar porque viramos estes días atrás a necesidade de se limpar de lixo, onde maiormente había plásticos agrícolas e envases domésticos, e por ser unha zona inundable con charcas, temporais e permanentes, para reprodución de anfibios, por exemplo, entre muitos outros beneficios para o medio.
A continuar poremos unha breve reportaxe fotográfica, para divulgación e concienciación, na que se verá esta breve laboura e outras curcunstancias.
 |
| Charca en bastante bo estado de conservación, con presenza de lentellas acuáticas, Lemna minor, e anfibios, Rá verde, Pelophylax perezi. |
 |
| Charca estacional antes de intervir. |
.jpg) |
| Limpeza |
 |
| Lixo retirado |
 |
| Charca estacional despois da recolla do lixo. |
.jpg) |
| Depósito do lixo. |
 |
| Río Támega, con vertedura de augas residuais, ao seu paso pola área de lecer da Ponte de Oímbra. |
 |
| Área de lecer da Ponte de Oímbra. |
 |
| Río Támega, seco, ao seu paso pola Ponte de Pazos, augas arriba. |
 |
Río Támega, seco, ao seu paso pola Ponte de Pazos, augas abaixo, onde tamén se realizara unha pequena limpeza selectiva estes días atrás.
|
Un saúdo e moitas grazas a@s voluntari@s e a tod@s vós polo interese 🙏
Ningún comentario:
Publicar un comentario