venres, 15 de maio de 2009

Rede de Seguimento de Anfibios e Réptiles de Galicia (SARGA)

Datos obtidos en dúas grellas de 10 x 10 km da Comarca de Monterrei

Salamandra - Transectos nocturnos para anfibios
Especies e número de exemplares observados en catro transectos:Pintafontes común, Lissotriton boscai, 2 exemplares
Sapiño comadrón, Alytes obstetricans, 5 exemplares
Sapo cunqueiro, Bufo bufo, 15 exemplares
Ra patilonga, Rana iberica, 1 exemplar
Ra verde, Pelophylax perezi, 2 exemplares


Hyla - Estacións de escoita nocturna de anuros
Especies e número de exemplares escoitados en quince estacións:Sapiño Comadrón, Alytes obstetricans, 23 exemplares, máis outros 30 aproximadamente
Sapo corriqueiro, Bufo calamita, 2 exemplares
Marza, Hyla arborea, 68 exemplares, máis outros 20 aproximadamente
Ra verde, Pelophylax perezi, 72 exemplares


Triturus - Mostraxe de charcas para anfibios
Especies e número de exemplares observados en dez puntos de mostraxe:
Píntega, Salamandra salamandra, 1 larva
Pintafontes común, Lissotriton boscai, 38 exemplares e 6 larvas
Pitafontes verde, Triturus marmoratus, 5 exemplares e 4 larvas
Ra verde, Pelophylax perezi, 62 exemplares

Lacerta - Transectos diurnos para réptiles
Especies e número de exemplares observados en catro percursos de tres tramos cada un:Esgonzo ibérico, Chalcides bedriagai, 3 exemplares
Esgonzo común, Chalcides striatus, 2 exemplares
Lagarto arnal, Timon lepida, 6 exemplares
Lagarta dos penedos, Podarcis hispanica, 17 exemplares
Lagarta rabuda, Psammodromus algirus, 33 exemplares
Escáncer común, Anguis fragilis, 1 exemplar
Escáncer cego, Blanus cinereus, 4 exemplares
Cobregón, Malpolon monspessulanus, 4 exemplares
Cobra de auga viperina, Natrix maura, 1 exemplar
.
Citas de anfibios e rétiles fora de mostraxe
Anfibios:
Píntega, Salamandra salamandra, 1 exemplar
Pintafontes común, Lissotriton boscai, 1 exemplar
Pintafontes verde, Triturus marmoratus, 3 exemplares
Sapiño comadrón, Alytes obstetricans, 3 exemplares, máis outros 30 aproximadamente
Sapiño pinto, Discoglossus galganoi, 2 exemplares
Sapo cunqueiro, Bufo bufo, 8 exemplares
Sapo corriqueiro, Bufo calamita, 4 exemplares
Marza, Hyla arborea, 1 exemplar
Ra patilonga, Rana iberica, 3 exemplares
Ra verde, Pelophylax perezi, 1 posta
Réptiles:
Ladra, Tarentola mauritanica, 1 exemplar
Esgonzo común, Chalchides striatus, 3 exemplares
Lagarto arnal, Timon lepida, 6 exemplares
Lagarto das silveiras, Lacerta schreiberi, 3 exemplares
Lagarta galega, Podarcis bocagei, 2 exemplares
Lagarta dos penedos, Podarcis hispanica, 5 exemplares
Lagarta rabuda, Psammodromus algirus, 7 exemplares
Lagarta cincenta, Psammodromus hispanicus, 5 exemplares
Escáncer común, Anguis fragilis, 1 exemplar
Escáncer cego, Blanus cinereus, 2 mudas
Serpe riscada, Rhinechis scalaris, 4 exemplares e 2 mudas
Cobregón, Malpolon monspessulanus, 1 exemplar e 3 mudas
Cobra de auga viperina, Natrix maura, 1 exemplar
Cobra de auga de colar, Natrix natrix, 2 exemplares
Atropelos e mortes de anfibios e réptiles
Anfibios:
Sapo cunqueiro, Bufo bufo, 3 exemplares atropelados
Ra patilonga, Rana iberica, 1 exemplar morto
Réptiles:
Lagarto arnal, Timon lepida, 2 exemplares atropelados
Serpe riscada, Rhinechis scalaris, 1 exemplar matado
Cobregón, Malpolon monspessulanus, 6 exemplares atropelados e 1 exemplar matado
Ameazas
*Abandono do campo
*Actividades extractivas
*Agricultura e gandeiría: modificación de terreos
*Colmatación
*Construción de obras públicas: asfaltado de pistas rurais, canalización dos cursos de auga
*Fitosanitarios: herbicidas, sulfatos
*Introdución de especies alóctonas: Black-Bass, Cangrexo roxo, Galápago de Florida, Percasol, Visón americano
*Modificacións do medio acuático: recheo de lagoas
*Residuos sólidos: entullos, electrodomésticos, envases, lixo...
*Urbanización
*Verquidos: augas residuais

.
SARGA
Autor e coordinador do proxecto: Martiño Cabana Otero

luns, 20 de abril de 2009

Primeiras citas de aves estivais

Andoriña común, Hirundo rustica. 25 de febreiro 2009. Concello de Verín
Picafollas ibérico, Phylloscopus ibericus. 8 de marzo 2009. Concello de Verín
Andoriña de cu branco, Delichon urbica. 13 de marzo 2009. Concello de Verín
Garallo, Clamator glandarius. 15 de marzo 2009. Concello de Verín
Andoriña dáurica, Hirundo daurica. 17 de marzo 2009. Concello da Gudiña

Chasco cincento, Oenanthe oenanthe. 19 de marzo 2009. Concello do Riós

Cuco, Cuculus canorus. 21 de marzo 2009. Concello de Monterrei
Miñato negro, Milvus migrans. 29 de marzo 2009. Concello de Verín
Bubela, Upupa epops. 30 de marzo 2009. Concello de Oímbra

Papuxa carrasqueira, Sylvia cantillans. 30 de marzo 2009. Concello de Oímbra

Folosa amarela, Hippolais polyglotta. 30 de marzo 2009. Concello de Oímbra

Aguia cobreira, Circaetus gallicus. 30 marzo 2009. Concello de Oímbra

Cascarrollo, Lanius senator. 30 de marzo 2009. Concello de Oímbra

Rousinol común, Luscinia megarhynchos. 6 de abril 2009. Concello de Monterrei
Tartaraña cincenta, Circus pygargus. 9 de abril 2009. Concello de Oímbra
Peto formigueiro, Jynx torquilla. 13 de abril 2009. Concello de Oímbra
Aguia calzada, Hieraaetus pennatus. 17 de abril 2009. Concello de Vilardevós

Andoriña das barreiras, Riparia riparia. 19 de abril 2009. Concello de Verín
Miñato abelleiro, Pernis apivorus. 21 de abril 2009. Concello de Monterrei

Grou, Merops apiaster. 23 de abril 2009. Concello da Gudiña

Vencello, Apus apus. 25 de abril 2009. Concello de Monterrei
Picafollas de Bonelli, Phylloscopus bonelli. 25 de abril 2009. Concello de Monterrei
Escribenta hortelá, Emberiza hortulana. 25 de abril 2009. Concello de Verín
Falcón pequeno, Falco subbuteo. 25 de abril 2009. Concello de Verín
Papafigos, Oriolus oriolus. 1 de maio 2009. Concello do Riós
Rola común, Streptopelia turtur. 3 de maio 2009. Concello de Oímbra
Picanzo vermello, Lanius collurio. 23 de maio 2009. Concello de Cualedro

mércores, 11 de febreiro de 2009

Río Mente. Un tesouro botánico e paisaxístico

Nos videos que se presentan a continuación pódese ver unha escolma de imaxes de flora presente nas inmediacións do río Mente, destacando entre outras as seguintes especies:

Consolda menor, Symphytum tuberosum, non citada para territorio galego na "Guía das Plantas de Galicia" García, X. R. (novembro 2008) Edicións Xerais de Galicia, S. A. - Vigo

Sangomiño, Cornus sanguinea, de ribeiras e claros húmidos do bosque

Orquídea da especie Orchis mascula, en aciñeirais, matogueira mediterránea e noiros

Pradairo de Montpelier, Acer monspessulanus, nos lugares máis mediterráneos do país

Xazmín silvestre, Jasminum fruticans, nas zonas máis mediterráneas do surleste de Ourense

Escornacabras, Pistacia terebinthus, aciñeirais e terreos fragosos (rochosos) en ambientes termófilos

Umbelífera da especia Ferula communis, de áreas mediterráneas

Cistácea da especie Halimium umbellatum, restrinxida a zonas con clima mediterráneo

Saxifraga da especie Saxifraga espathularis, endémica do noroeste peninsular

Rabo de cabalo, Equisetum arvense, lugares húmidos e areosos, relativamente normal aínda que escasa

Cabeza de cobra, Aristolochia paucinervis

luns, 3 de novembro de 2008

Etnobotánica. Nomes de Flora e Fungos da Comarca de Monterrei

Usos tradicionais, propiedades medicinais, toxicidade, mitoloxía, ditos e crenzas máxicas


Flora


Hedres, Hedera helix

Amieiro, Alnus glutinosa. Usábanse os troncos para facer as rabelas dos arados. A madeira desta árbore é a máis empregada para tallar a máscara do Cigarrón, Peliqueiro e Zarramanculleiro, aínda que tamén se utiliza a de Vidueiro

Muruxa, Montia fontana. Comestíbel: alimentación humana. Dámoslle as Grazas a Miguel Losada pola súa oportuna aclaración (ver comentarios).

Muruxa dos hortos, Stellaria media. Comentíbel (mediocre): alimentación humana.

Manzanilla do monte, Helichrysum stoechas. Medicinal: dores de estómago, dores de cabeza

Leiturga, Taraxacum officinale. Comestíbel: como alimento para os coellos. Pode que se utilicen algunhas outras especies de plantas Compostas do tipo de Taraxacum

Cortadela, Serpervivum sp. Medicinal: desinfectante. Tamén se lle chamaba auga osixenada

Consarellos, Umbilicus rupestris. Vernáculo recollido en Tamaguelos (Verín) por Pastor Santamarina

Couselos, Umbilicus rupestris

Agrión, Nasturtium nasturtium-aquaticum. Comestíbel: alimentación humana, especialmente en ensalada

Espárrago do rabo da noz, Bryonia dioica. Tóxica, en especial a raíz e os froitos, aínda que os brotes xóvenes de primavera son comestíbeis. Hai outra especie que tamén se lle chama Espárrago, Tamus communis, igualmente tóxica e comestíbeis os seus abrollos

Uz, Uceira, Queiruga, Erica spp., tamén se lle chama Queiruga á especie Calluna vulgaris. O Torgo é a raíz da Uz, empregábase para roxar os fornos ao ser unha madeira dura e pesada moi boa para combustíbel, tamén se usaba para facer carbón vexetal de excelente calidade Morogueiro, Arbutus unedo. Dí o conto que en Noiteboa, do 24 ao 25 de decembro, cea o Demo con morogos e non deixa ningún na árbore, tamén din que lle da co rabo e tíraos todos ao chan. Outra versión conta que é a zorra quen lle da co rabo e tira os froitos Estraloques, Sanxoás, Digitalis purpurea. Na noite de San Xoán (solsticio de verán) púñanse ramos xunto con flores de Sabugueiro nas portas, ventás e cortes do gando para protexer da envexa e do mal de ollo, contra as bruxas

Candiolos, flores masculinas do Castiñeiro, Castanea sativa

Xardón, Quercus ilex

Concheira, Nogueira, Junglans regia. Aos froitos chámanselle Conchos. Usos tradicionais: utilizábanse as follas cocidas para tinguir a lá de cor castaña

Malvela, Glechoma hederacea. Medicinal: tónica, diurética e catarral

Arzá, Lavandula stoechas. Úsase para aromatizar armarios

Romero, Rosmarinus officinalis. A desiganción da planta está castelanizada. Condimento alimentario. Medicinal: contra a tose e a catarreira tomábase unha infusión de Romeu con Xarxa e mel

Xarxa, Salvia officinalis. Medicinal, innumerábeis propiedades: estimulante e tónica (non desvela), dixestiva, diurética, antiespasmódica, febrífuga, antiséptica, antisudoral, hipoglucemiante, emenagoga, resolutiva, vulneraria - Pío Font Quer. Plantas medicinales. El Dioscórides renovado

Tomillo, Thymus mastichina, T. caespititus, T. spp. Designación castelanizada. Condimento alimentario. Medicinal: béquico, expectorante, tónico, dixestivo, vermífugo, antiséptico

Loureiro, Laurus nobilis. Condimento alimentario. Medicinal: conxestión de estómago, non se poden tomar máis de tres follas. Crenzas máxicas: queimábase o loureiro bendicido para afastar as treboadas. Usos tradicionais: para desinfectar as cortes do gando facíase unha fumarza con Loureiro e xofre

Alcacia, Mimoseira, Acacia dealbata. Especie infestante orixinaria de Australia. As gallas longas e dereitas úsanse para os lareiros do fumeiro. Aparece con frecuencia nos aderezos do Entruido, seguramente debido á súa temperán, vistosa e rústica floración

Carqueixa, Chamaespartium tridentatum. Usos tradicionais: para separar os chourizos no fumeiro. Medicinal: as flores son laxantes e diuréticas, as sementes son vomitivas

Toxo, Ulex europaeus. A flor do Toxo chámase Alecrín ou Chorima. Tóxico, en especial as sementes. Medicinal: as flores tomábanse en infusión para facilitar a circulación e para combater as catarreiras. Usos tradicionais: utilízase durante o Entruido para enfeitar os foliós e para espiñar ao xentío, moi común no Entroido de Laza. Unha canción tradicional di:


Alecrín,

Alecrín dourado,

que naceu no monte

sen ser semeado.


Ai amor, amor,

quen che dixo a ti

que a flor do Toxo

era o Alecrín.


Ai amor, amor,

quen che dixo a ti

que a flor do Toxo

chámabase así.


Oliveira, Olea europaea. Medicinal: unha infusión con tres folliñas de oliveira para baixar a tensión

Malva, Malva sylvestris. Veterinaria: usábase a auga de cocer as malvas para darlle tomas e lavados ás marrás cando as capaban

Alcolitos, Aucalitos, Eucalitos, Eucalyptus globulus, E. camaldulensis. Ambas especies foron introducidas e son orixinarias de Australia. Medicinal: a especie utilizada en medicina é Eucaliptus globulus, recóllense exclusivamente as follas das ramas adultas cando están perfectamente formadas, son anticatarrais, contra a bronquite, útiles contra as inflamacións das vías respiratorias e contra os catarros gastrointestinais, tamén contra a diabete, hipoglucemiante. Tómase en infusións ou inhalacións, non é inocuo, por vía interna é conveniente non superar cantidades moderadas, pode resultar daniño e provocar gastroenterite, dificultades respiratorias, etc. - Pío Font Quer. Plantas medicinales. El Dioscórides renovado

Figueira, Ficus carica. Medicinal: tratábanse as verrugas untándoas co leite do rabo dos figos

Ceruda, Chelidonium majus. Medicinal: principalmente para as verrugas, espullas

Lengua de ovella, Plantago spp. Comestíbel: como alimento para os coellos

Mazarocas da zorra, Póutigas, Apóutigas, Maias, Cytinus hypocistis. Comestíbel: os nenos adoitaban tomar o suco dóce saído da mazaroca

Cytinus hypocistis

Amorodios, Fragaria vesca. Froitos comestíbeis moi apreciados

Silva garvanceira, Rosa spp. Os froitos son ricos en vitamina C, nalgunha zona chámanselle Picaburros


Ruda, Ruta graveolens. Tamén existe a variedade silvestre Ruta montana. O dito fala de que só a pode coller o dono. Crenzas máxicas: protexe da envexa

Rabo da zorra, Arum maculatum. Tóxica

Barbas da zorra, Barbas do lobo, Agrostis durieui ?

Lirios, Iris pseudacorus. Relixión: botábanse as espadanas dos Lirios polo chan nas procesións dos Ramos e do Corpus, collíanse do río para non estragar os plantados nos eidos

Allas, chámaselle así cando sae un único bulbo de Allo, Allium sativum. Crenzas máxicas: utilízase en San Cibrao (Oímbra) contra o mal de ollo e contra as meigas, con maior efecto que o Allo, se callar non falta unha Alla en ningunha casa do pobo Gancios, Asphodelus lusitanicus. As varas secas usábanse para acender o lume e mesmo para alumear pola noite sustituíndo ás candeas

Asphodelus lusitanicus

Tullesmerendas, Merendera montana. Seu nome fai referenza ao feito de que a súa floración ocorre cando os días xa van máis curtos

Merendera montana


Fungos


Na Comarca de Monterrei non se adoitaba recoller especies variadas de cogomelos (micofobia), a máis coñecida e extendida era e é a Macrolepiota procera. Tradicionalmente tamén se coñecían outras especies coma o Tricholoma equestre, ou incluso Cantharellus cibarius, alén dos recentemente comercializables Boletus spp. A continuación aparecen os nomes das especies que fomos recollendo.


Cornizó, Claviceps purpurea. Perigosamente tóxico. Pertence ao grupo dos Ascomicetos. É un parásito do Centeo e doutros cereais. Antigamente recollíano para vender, din que de contrabando, este comercio suponse que sería para elaborar medicamentos, ou inlcuso, para xebrar un dos seus compoñentes e usarse como droga alucinóxena, o coñecido como Ácido LSD, moi de moda na década dos 60 durante o movemento hippie

Tortullo, Tricholoma equestre. Bosques de coníferas. Tóxico, aínda que todavía se consume

Cogordón, Roca, Roque, Paraugas do sapo, Patamela, Macrolepiota procera. Bosques, matogueiras, claros, prados e beiras de camiños. Comestíbel. Os diferentes nomes fan distinción entre cando o sombreiro está pechado e cando está aberto

Macrolepiota procera

Cacabinas, Agaricus spp. Nos poulós. Non se recollían ao descoñeceren que fosen comestíbeis, só algunha especie do Xénero é tóxica como Agaricus xanthodermus

Revellón, Lactarius deliciosus. En piñeirais. Comestíbel. Esta desiganación pode que sexa un préstamo introducido do catalán Rovelló

Níscaros, Nízcaros, Boletus edulis, B. pinophilus, B. aereus, B. aestivalis. Atópanse en bosques de coníferas e planifolios. Comestíbeis. Nome vulgar recentemente adoptado que designa as especies comercializables de Boletáceas. En castelán o nome de Níscalo úsase para nomear o Rovelló catalán, Lactarius deliciosus

Peido de lobo, seguramente se refire a Bovista plumbea (?), Ovo dos prados, e non ao verdadeiro Peido de lobo, Lycoperdon perlatum, ou mesmo pode referirse a Mycenastrum corium que habita en camiños e solos areosos, termófila. Usábase para tinxir a lá xunto coas follas de Nogueira. Medicinal: a masa castaña que soltan as especies Licoperdáceas pola abertura apical, cando está madura, aplicada sobre unha ferida deten a hemorraxia e ademais facilita a curación polas súas facultades antibióticas - Pío Font Quer. Plantas medicinales. El Dioscórides renovado

Merda de cuco, Bovista plumbea

xoves, 21 de agosto de 2008

Xornada de anelamento en Mandín - Feces de Cima

Entre a última hora da tarde do luns 18 e toda a mañá do martes 19 de agosto fíxose unha xornada de anelamento de aves na zona de Mandín - Feces de Cima, realizada por Pablo Sanmartín e Rubén Portas do Grupo de Anelamento Anduriña e mais eu de convidado.


Elección do lugar e colocación das redes


Bebedoiro e hábitat derredor

O total de especies aneladas foron:

1 Rousinol común / Rouxinol-comum, Luscinia megarhynchos
4 Chascos comúns / Cartaxo-comum, Saxicola torquata
1 Merlo común / Melro-preto, Turdus merula
1 Papuxa picafollas / Felosa-das-figueiras, Sylvia borin
1 Papuxa das amoras / Toutinegra-de-barrete-preto, Sylvia atricapilla
1 Papuxa común / Papa-amoras, Sylvia communis
13 Papuxas carrasqueiras / Toutinegra-carrasqueira, Sylvia cantillans
3 Papuxas montesas / Felosa-do-mato, Sylvia undata
5 Folosas amarelas / Felosa-poliglota, Hippolais polyglotta
1 Picafollas musical / Felosa-musical, Phylloscopus trochilus
1 Gabeador común / Trepadeira-comum, Certhia brachydactyla
1 Cascarrollo / Picanço-barreteiro, Lanius senator
1 Verderolo común / Verdilhão-comum, Carduelis chloris
1 Xirín común / Chamariz, Serinus serinus
3 Escribentas hortelás / Sombria, Emberiza hortulana
4 Escribentas riscadas / Cia, Emberiza cia


A primeira especie
Rousinol común, Luscinia megarhynchos
Solta do Rousinol anelado
Papuxas carrasqueiras, Sylvia cantillans
Papuxas montesas, Sylvia undata
Papuxa común, Sylvia communis
Papuxa das amoras, Sylvia atricapilla
Papuxa picafollas, Sylvia borin
Anelamento dunha Escribenta hortelá


Escribentas hortelás, Emberiza hortulana

Escribenta riscada, Emberiza cia

Picafollas musical, Phylloscopus trochilus. "Bimbo para min no val do Támega"

Cascarrollo, Lanius senator

Gabeador común, Certhia brachydactyla

Tamén se identificaron estas outras especies de aves:

Aguia cobreira, Circaetus gallicus
1+2 Peneireiros cincentos, Elanus caeruleus
2+1 Miñatos comúns, Buteo butreo
Gabián, Accipiter nisus
1+1 Ataíño, Falco tinnunculus
Un bando con 11 Perdices rubias, Alectoris rufa, escoitada algunha máis
Ouvidos varios Paspallás, Coturnix coturnix
2 Pombos, Columba palumbus
2+1+1+17 Rolas comúns, Streptopelia turtur
Un Garallo, Clamator glandarius, primeira hora da mañá
Escoitadas dúas Avelaionas, Strix aluco
Moucho común, Athene noctua
Moucho de orellas, Otus scops
5 Noitevoás, Caprimulgus europaeus
1+1 Bubelas, Upupa epops
Bandos en voo de Abellarucos - Grous, Merops apiaster, 11+7
Ouvidas varias Cutuvías pequenas, Lullula arborea, 10+
Unhas 5 Andoriñas comúns, Hirundo rustica
Dúas Andoriñas de cu branco, Delichon urbica
Lavandeira branca, Motacilla alba
Chascos comúns, Saxicola torquata
Merlos, Turdus merula
Papuxa cabecinegra, Sylvia melanocephala

Papuxa común, Sylvia communis.
Papuxas carrasqueiras, Sylvia cantillans
Papuxas montesas, Sylvia undata, ouvidas varias
Ferreiriño real, Parus major

Cascarrollos, Lanius senator, un adulto cebando un polo, outro xoven noutro territorio
1+1 Picanzos reais, Lanius meridionalis
Pegas, Pica pica, 10+
Corvelos, Corvus corone, 2+
Estorniños negros, Sturnus unicolor
Pardais comúns, Passer domesticus
Escribenta hortelá, Emberiza hortulana
Escribenta riscada, Emberiza cia

"Non se detectou ningún Pardal das rochas, Petronia petronia, nin Trigueirón, Emberiza calandra, abondosos en anteriores visitas ao lugar"


Peneireiro cincento, Elanus caeruleus

De esquerda a dereita vemos unha Pega, Pica pica, catro Estorniños, Sturnus unicolor, e un Picanzo real, Lanius meridionalis



Viuse algún que outro invertebrado, coma as arañas Argiope bruenichi (fotografada acima) e Lycosa tarentula

Ortóptero camuflado entre as matogueiras, posiblemente da especie Decticus albifrons
Nestas imaxes vese a degradación do hábitat polo lume e a abundancia de sulfatos nas viñas, factores que poden condicionar a abundancia de especies e número de individuos
O fin da xornada
Desta xeira pódese salientar o facto de anelárense cinco especies de Papuxas e unha máis detectada polos arredores, igual que a anelaxe do Picafollas musical e primeira detección desta especie para a comarca de Verín, alén do interesante anelamento dun xoven de Cascarrollo e tres Escribentas hortelás.
Saúdos aos visitantes e grazas aos participantes. Até a próxima