sábado, 23 de abril de 2016

só uns intres


Óuvese cá o enxougo da auga o bruar do ceo a cor da vida o acontecer do tempo, e na valgada albíscase o infindo duns intres silandeiros, esmorecidos nunha escrita de florestas e avesíos. 






















































































Eis ló.

No entanto dicir que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admite a trámite a Petición 0565/2015 e levará a cabo unha investigación sobre diferente problemática no entorno do Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais do río Támega.



venres, 1 de xaneiro de 2016

My son and myself watching Crag Martins with approximately eighty individuals around us


Primeirísima observación do aninovo na mañá do día un de xaneiro. Esbozo co meu fillo e min mesmo observando as andoriñas dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) con aproximadamente oitenta exemplares arredor nosa a carón do río Támega polo barrio do Olivar na vila de Verín. Todo un espectáculo. Impresionante.

Very first observation of the new year on the morning of the first of January. Sketch with my son and myself watching Crag Martins (Ptyonoprogne rupestris) with approximately eighty individuals around us alongside the river Tamega in the neighborhood of Olivar in the village of Verín. Quite a spectacle. Awesome.

martes, 1 de setembro de 2015

Incendios forestais nunca máis

Desde vai lustros a bisbarra e a rexión están de loito polas intensas agresións sofridas ao seu feble patrimonio natural.

INCENDIOS FORESTAIS NUNCA MÁIS !