xoves, 11 de xullo de 2019

Arqueoloxía e Flora no Castelo de Lobarzán

A continuar imos por unhas imaxes de Flora con respecto á intervención arqueolóxica que se está a realizar no Castelo de Lobarzán ou Castro das Laxes das Chas.

Considerábase prioritario preservar no posible a enorme riqueza natural presente na zona, de aí que se pedise asesoramento sobre os traballos de devasa dos accesos e acondicionamento do xacemento.

É de citar o enorme interese mostrado por todos os integrantes do grupo e en especial aos arqueólogos Beatriz Comendador, Nieves Amado e Víctor Rodríguez Muñiz, e á experta en comunicación Rosa Veiga, alén do "Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio", da Universidade de Vigo, os Concellos de Monterrei e Oímbra, os colectivos culturais "Monterrei, Cultura e Territorio" e 'Olimbria' e os veciños das Chas e Vilaza.

Moitas grazas.

https://www.facebook.com/castelodelobarzan/

https://castelodelobarzan.home.blog/

Thapsia villosa


Thapsia villosa

Abrótega, Gamón, Asphodelus lusitanicus


Delphinium halteratum 

Campanula sp. (?)

Briza maxima

Abrótegas, Gamóns, Asphodelus lusitanicus

Trovisco, Daphne gnidium

Abrótega, Gamón, Asphodelus lusitanicus

Pata de Cabra, Phillyrea angustifolia

Aciñeira, Quercus ilex

Xilbarbeira, Rascacú, Rusco, Ruscus aculeatus

Lathyrus sp.

Lathyrus sp.

Aciñeira, Quercus ilex

Fento común, Pteridium aquilinum


Carballo cerquiño, Quercus pyrenaica

Queiruga, Erica sp.


Estraloques, Digitalis purpurea


Composta

Tamus communis


Carballos cerquiños, Quercus pyrenaica, en rexeneración

Herba de San Xoán, Hypericum perforatum


Cabeza de cobra, Aristolochia paucinervis

Thalictrum speciosissimum (?)

Seoane, Gordolobo, Verbascum sp.

Centaurea sp.

Linaria sp.

Sobreira, Quercus suber

Carqueixa, Pterospartum tridentatum

Cistácea

Allium sphaerocephalum (?)

Allium sphaerocephalum (?)

Lupinus sp.

Queiruga, Erica sp.

Halimium lasianthum

Erica cinerea

Arzá, Lavandula stoechas

Cistus populifolius

Carpaza, Cistus psilosepalus

Esteva, Cistus ladanifer

Esteva, Cistus ladanifer

Sobreira, Quercus suber

Morogueiro, Érbedo, Arbutus unedo

Morogueiro, Érbedo, Arbutus unedo

Orobanche sp.

Osyris alba

Osyris alba

Silene scabriflora

Asplenium sp. (?)

Sedum sp.

Centaurium sp. (?)

Gramínea

Polypodium sp.

Labiada

Galium sp.

Manzanela, Manzanillo do monte, Helichrysum stoechas

Eryngium sp.

Xesta, Cytisus sp.

Eryngium sp.

Silene sp.

Composta

Carba, Quercus petraea

Asplenium trichomanes

Hedre, Hedera helix

Eirogo, Origanum virens

Silva garvanceira, Rosa sp.

Escambrón, Crategus monogyna

Blechnum spicant

martes, 9 de xullo de 2019

Cousas de páxaros en Verín

A continuar imos por unha serie de nomes vernáculos e cousas sobre páxaros recollidas a Toño Prieto 'Toné', de máis de 70 anos de idade, veciño e natural de Verín.

Primeiro hai que dicir que na bisbarra de Monterrei non se di 'paxaro' ou 'niño', dise 'páxaro' e 'nino'.

Isto é o que nos contou:

Labradeira, nome para designar a Motacilla alba por andar cando a xente estaba a labrar a terra.
"Moitas teñen as patas mutiladas porque tratan de collelas as Truitas cando andan nas xougas do río e córtanlle os dedos".
Labradeira

Avión, Oriolus oriolus

Bubela, Upupa epops

Cuco, Cuculus canorus
"É o primeiro páxaro que canta".
"A Lamprea boa non debe estar cucada", referíndose a que nos meses que canta o cuco non son boas as Lampreas.

Pigardo, Garrulus glandarius

Ruseñol, Luscinia megarhynchos
"Si se colle e se mete nunha xaula suicídase, había que porlle un pañuelo para que non se tiraran ás paredes".

Xílgaro, Carduelis carduelis
"Os Cardos son o alimento máis rico que teñen os páxaros cantores".

Verderol, Chloris chloris

Pardal, Passer domesticus
"Están a mutar, antes eran regordetes, agora son máis pequenos".

Vencello, Apus apus
"Non fan niños, buscan buratos; é un depredador; teñen garras e pico grandes".

Anduriña, Delichon urbicum, Hirundo rustica
"Non se deben tirar os ninos".

Muito obrigado.

sábado, 29 de xuño de 2019

Nomes de aves nas Chas

A continuar imos por uns nomes vernáculos de aves recollidos por Claudio Álvarez 'Zunín' e Xosé Ramón Reigada a Alfonso das Chas de 78 anos de idade. Son os seguintes:


Garrabaio, Garrulus glandarius
Garrabaio
Papafigos, Oriolus oriolus
Bubela, Upupa epops
Cascarrollo, "había dous, un cincento e o outro o real", Lanius meridionalis, Lanius collurio
Paspallá, Coturnix coturnix
Ave da noite, Caprimulgus europaeus
Cutuvía, Alauda arvensis, pode que se estivera en confusión coa Laverca e se tratara de Lullula arborea
Torda, Turdus philomelos
Estornino, Sturnus unicolor
Merlo, Turdus merula
Lavandeira, Motacilla alba
Martín peixeiro, Alcedo atthis
Naviñeiro, Chloris chloris (?), pode ser que se estivera en confusión co Verderolo e se tratara de Carduelis cannabina recollido noutras partes da bisbarra
Ferreiro, Cyanistes caeruleus
Paporrubio, Erithacus rubecula
Chasco, Saxicola rubicola
Tanxo, Ficedula hypoleuca
Rola, Streptopelia turtur
Pombo, Columba palumbus
Corvo, Corvus corone
Ghilguero, Carduelis carduelis
Pito d'auga, Cinclus cinclus
Pito d'auga
Moucho, Athene noctua, Strix aluco, tamén identificaba a Otus scops pero non se lembraba do nome que se lle daba
Bufo, Bubo bubo
Curuxa, Tyto alba
Rosiñol, Luscinia megarhynchos
Pitorrei, Dendrocopos major
Cirifolla, Phylloscopus collybita, P. ibericus
Carriza, Troglodytes troglodytes
Pega, Pica pica
Vencello, Apus apus
Anduriña, Hirundo rustica
Pedreiro, Delichon urbicum
Avefría, Vanellus vanellus
Gabilán, Accipiter nisus, rapiñas diurnas en xeral
Perdiz, Alectoris rufa
Averrapiña, Circus pygargus

Morcello, nome dado nas Chas aos Quirópteros