domingo, 14 de marzo de 2010

Pola Serra de San Mamede

A continuación amósanse unhas imaxes que se sacaron durante o trascurso dunha ruta pola Serra de San Mamede con motivo das II Xornadas de Rastros e Sinais de Fauna organizadas por Amigos da Terra no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas. Os conferenciantes foron Rebeca Carreiro, de Amigos da Terra, que falou dos rastros e sinais dos ungulados, e Rubén Portas, que foi o encargado de impartir a charla sobre pegadas e rastros dos carnívoros galegos.

* Durante o percorrido atopáronse varios rastros de mamíferos:
Pegadas de Cervo, Cervus elaphus; de Corzo, Capreolus capreolus; de Xabarín, Sus scrofa...
Excrementos de Raposa, Vulpes vulpes; Teixugo, Meles meles; Lobo, Canis lupus; Lebre, Lepus granatensis; Martaraña, Martes martes, ou Garduña, Martes foina.

* Observáronse varias especies de aves: Ferreiriño negro, Parus ater; Ferreiriño real, Parus major; Ferreiriño cristado, Parus cristatus; Paporrubio, Erithacus rubecula; Lavandeira branca, Motacilla alba; Corvelo, Corvus corone; Pimpín común, Fringilla coelebs; Úbalo, Carduelis spinus, un macho; Chasco común, Saxicola torquata; Miñato común, Buteo buteo; uns buratos en piñeiros secos, seguramente de Peto real, Dendrocopos major; unha Andoriña común, Hirundo rustica, a uns 1.250 metros de altitude; Aguia cobreira, Circaetus gallicus (primeiro exemplar que vexo nesta temporada); Laverca, Alauda arvensis; Merlo común, Turdus merula... Tamén se ouviu brevemente un Cuco, Cuculus canorus (igualmente o primeiro que escoito neste ano).

* Un réptil activo, en concreto unha femia e un subadulto de Lagarta galega, Podarcis bocagei, na mesma porta de entrada á sala de reunións do Centro.

* De insectos só se detectou un coleóptero que semella ser un macho de Vacaloura - Aceiteira, Meloe proscarabaeus.

* Entre a Flora aparecen fotografadas as especies Dente de can, Erythronium dens-canis; Abróutega, Asphodelus sp. (seguramente A. lusitanicus, aínda estaban saíndo as follas basais); Narcissus asturiensis (catalogada como vulnerable); Silveira, Rubus sp., coas follas vermellas; unha extensa carballeira, seguramente de Cerquiños, Quercus pyrenaica; piornais de Genista florida; Aberiotas, Romulea sp. (o máis seguro é que sexa R. bulbocodium, máis semella que os estigmas non sobrepasan as anteras polo que podería ser R. columnae); o que máis abondaba eran extensas repoboacións de Piñeiro silvestre, Pinus sylvestris, con algún Acivro, Ilex aquifolium, polo medio; un regueiro abeirado de brións e abondosos Fentos pentes, Blechnum spicant; para rematar aparece a orla dun vidueiral de Betula pubescens e algún Castiñeiro, Castanea sativa.
Erythronium dens-canis
Asphodelus sp.
Narcissus asturiensis




chaira da Limia
O Larouco ao fondo


Rubus sp.






aldea da Teixeira
carballeira de Quercus pyrenaica
piornais de Genista florida






As Corcerizas
Romulea sp.




Podarcis bocagei




Meloe proscarabaeus
panorámica a sur


os piñeiros




Blechnum spicant
bidueiral





A continuación póñense uns enlaces a unhas entradas sobre a actividade:
San Mamede. Noroeste Ibérico. Blogue de Rubén Portas.

1 comentario:

Serafín dixo...

Coma sempre, as fotos e a información é fantástica.
Entón xa temos o cuco connosco?