* Durante o percorrido atopáronse varios rastros de mamíferos:
Pegadas de Cervo, Cervus elaphus; de Corzo, Capreolus capreolus; de Xabarín, Sus scrofa...
Excrementos de Raposa, Vulpes vulpes; Teixugo, Meles meles; Lobo, Canis lupus; Lebre, Lepus granatensis; Martaraña, Martes martes, ou Garduña, Martes foina.
* Observáronse varias especies de aves: Ferreiriño negro, Parus ater; Ferreiriño real, Parus major; Ferreiriño cristado, Parus cristatus; Paporrubio, Erithacus rubecula; Lavandeira branca, Motacilla alba; Corvelo, Corvus corone; Pimpín común, Fringilla coelebs; Úbalo, Carduelis spinus, un macho; Chasco común, Saxicola torquata; Miñato común, Buteo buteo; uns buratos en piñeiros secos, seguramente de Peto real, Dendrocopos major; unha Andoriña común, Hirundo rustica, a uns 1.250 metros de altitude; Aguia cobreira, Circaetus gallicus (primeiro exemplar que vexo nesta temporada); Laverca, Alauda arvensis; Merlo común, Turdus merula... Tamén se ouviu brevemente un Cuco, Cuculus canorus (igualmente o primeiro que escoito neste ano).
* Un réptil activo, en concreto unha femia e un subadulto de Lagarta galega, Podarcis bocagei, na mesma porta de entrada á sala de reunións do Centro.
* De insectos só se detectou un coleóptero que semella ser un macho de Vacaloura - Aceiteira, Meloe proscarabaeus.
* Entre a Flora aparecen fotografadas as especies Dente de can, Erythronium dens-canis; Abróutega, Asphodelus sp. (seguramente A. lusitanicus, aínda estaban saíndo as follas basais); Narcissus asturiensis (catalogada como vulnerable); Silveira, Rubus sp., coas follas vermellas; unha extensa carballeira, seguramente de Cerquiños, Quercus pyrenaica; piornais de Genista florida; Aberiotas, Romulea sp. (o máis seguro é que sexa R. bulbocodium, máis semella que os estigmas non sobrepasan as anteras polo que podería ser R. columnae); o que máis abondaba eran extensas repoboacións de Piñeiro silvestre, Pinus sylvestris, con algún Acivro, Ilex aquifolium, polo medio; un regueiro abeirado de brións e abondosos Fentos pentes, Blechnum spicant; para rematar aparece a orla dun vidueiral de Betula pubescens e algún Castiñeiro, Castanea sativa.
Erythronium dens-canis
Asphodelus sp.
Narcissus asturiensis
chaira da Limia
O Larouco ao fondo
Rubus sp.
aldea da Teixeira
carballeira de Quercus pyrenaica
piornais de Genista florida
As Corcerizas
Romulea sp.
Podarcis bocagei
Meloe proscarabaeus
panorámica a sur
os piñeiros
Blechnum spicant
bidueiral
Aguia cobreira na Serra de San Mamede. Fauna Vertebrada de Ourense. Blogue de Alberto Rivero.
San Mamede. Noroeste Ibérico. Blogue de Rubén Portas.
E como non, a entrada da web As Corcerizas. II Xornadas de Rastros e Sinais de Fauna.
1 comentario:
Coma sempre, as fotos e a información é fantástica.
Entón xa temos o cuco connosco?
Publicar un comentario