venres, 9 de marzo de 2018

Unha árbore que foi

Con saudades vanse mostrar unhas diapositivas antigas dunha desas árbores senlleiras que xa non é.

Trátase do Negrillo que había enfronte da porta do recinto superior do castelo de Monterrei.

Cando se tronzou fora toda unha falcatruada.

Xa se sabe que estaba seca, mais nas árbores mortas todavía hai moitísima vida: insectos, aves, muricegos, fungos, plantas, alén de toda a historia que tería ese entrego exemplar ao estar nun lugar tan sobranceiro.

E dicir todo isto só para tratar de que non volva a ocorrer.

Por sempre.

 




1 comentario:

Pedreiro dixo...

Non era un negrillo moi grande nin moi antigo pero por lugar e por historia ben debía seguir alo.
Hai moitos recordos na comarca de grandes ou inmensos negrillos, nalgúns casos ata dicían que eran máis vellos ca propia aldea que habitaban.
Lembro na miña que había un que tirara cunha parede de pedra dunha bodega vella que xa fora feita enriba das súas raíces.