xoves, 10 de maio de 2018

Mais outra ave estrana na terra da Tamagania

Fotografía de Carlos Augusto Matías

No pasado día 5 de maio o amigo naturalista Carlos Augusto Matías fotografou nada menos que esta fermosa ave de rapina diúrna amosada enriba nos arredores de Sancibrao, Oímbra.

Bon, pois o curioso é que trouxo moito que falar e debater entre os ornitólogos ibéricos.

O caso é que en primeiro termo se idenficara coma un exemplar xoven de segundo ano en muda da especie Miñato común, Buteo buteo.

A súa coloración tan clara e atípica para as nosas latitudes levou a pensar nun exemplar da subespecie vulpinus, que só cría no leste de Europa, aínda que está presente coma invernizo no noso territorio, este é o Miñato de estepa, Buteo buteo Ssp. vulpinus.

De seguido se manifestou a controversia por parte de ornitólogos afeitos ao territorio sur da Península Ibérica, máis concreto do estreito de Xibraltar, onde aparecen exemplares semellantes a este e que se dan aló coma híbridos entre as especies Buteo buteo (Miñato común) e Buteo rufinus (Miñato mouro), o denominado 'Gibraltar buzzard', Buteo 'rufinus cirtensis x buteo buteo'.

Tamén houbo quen apuntou a ser este un exemplar xoven nominal de Miñato mouroButeo rufinus, especie de distribución norteafricana e de presencia rara na Península Ibérica.

Agora as conclusións.

O caso é que foi imposible chegar a un acordo e conclusión cos coñecementos actuáis e a falta de basearse só en caracteres observables.

O único certo que se obtivo é que se trata dunha observación rara de elevado interese ornitolóxico para o coñecemento destas especies tanto na nosa rexión coma na súa distribución global, dun exemplar xoven de segundo ano de cor clara en muda de Buteo sp.

Entón os parabéns a todos os ornitólogos que aportaron para o esclarecemento desta observación e os parabéns a Carlos Augusto Matías pola súa fotografía e dedicación e grazas por compartillala con todos nós.

Coma diría un moi bo amigo: Isto é o que ten andar sacando fotografías de paxaros no Centro do Mundo.

Saúdos e obrigado.

https://www.reservoirbirds.com/Articles/RBAR_000008.PDF

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=628381620847637&set=gm.1783713158334231&type=3&theater&ifg=1

http://sgo.cesga.es/aves/htdocs/

1 comentario:

d:D´ dixo...

E que bo tempo fai pra andar de minhatos; mais, a mín, Moncho, gosto mais do minhoto que por Ourense e Tui pasa e non anda a fuxir cara o leste d´Europa.
Xa sabes, sonche cousas que pasan...e logon retronan
Cumprimentos, meu...xa veremos de vernos cara o vrao e votarémoslle unhas paroladas. :)´