"Á saída de Verín, indo para Zamora, torce unha carretera estreita con árbores ás beiras. Estas árbores son negrillos fortes, de ramaxe verde escura. Cabo dun deles, á dereita, hai un letreiro branco con letras negras. O letreiro di: "A VILLARDEVÓS, 13 km."
Estes supostos negrillos debían de ser os trístemente desaparecidos Castiñeiros de Indias, Aesculus hippocastanum, da avenida de Ábedes. Toda unha mágoa que se talaran en época recente.
"...Era entón unha finca sonada polos seus frotios e polas súas froitas. Tiña un pequeno pero fermoso xardín de mirtos no que aniñaban os reiseñores tiña tamén un corpudo alcipreste un pouco torto, que aínda se ve hoxe alí..."
Só se atopou esta referenza a unha árbore concreta en Vilardevós pero temos que tratar a existencia dunha árbore centenaria presente aínda hoxe en día no pobo, en concreto un Tulípero de Virginia, Liriodendron tulipifera, de porte espectacular no que ben se puido fixar o autor.
2 comentarios:
negrillo (negrilho) e' en nome moi coñecido en Portugal,Leon,e sur de Galicia para Ulmus minor
Certo, os negrillos son Ulmus mais os que había na estrada de Ábedes eran castiñeiros de Indias e tiñan décadas por non dicir que fosen centenarios, non o sei, simplemente pode que o autor se referise a estes castiñeiros coma negrillos, un saúdo
Publicar un comentario