O martes 3 de novembro de 2020 estivemos recollendo nomes vernáculos de Aves xunto co antropólogo Bruno Rúa na aldea de Atrabe do concello de Vilardevós.
Isto é o que nos saíu:
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Tecelán, Falco tinnunculus
Pardal, Passer domesticus
Merla, Turdus merula
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Avión, Oriolus oriolus
Anduriña, Hirundo rustica
Rola, Streptopelia turtur
Boeira, Motacilla flava
Lavandeira, Motacilla alba
Tornillo, Sturnus unicolor
Pombo, Columba palumbus
Parpallaza, Coturnix coturnix
Cutuluvía, Lullula arborea
Perdiz, Alectoris rufa
Carboeira, Sylvia undata (?)
Carriza, Troglodytes troglodytes, tamén lle chamaban Carriceira
Escribienta, Emberiza cirlus
Millarengo, Serinus serinus ou Linaria cannabina, non se soubo especificar
Cighueña, Ciconia ciconia
Patos bravos, Anas platyrhynchos
Pintasilvo, Carduelis carduelis
Corvelo, Corvus corone
Pegha, Pica pica, dicían que 'descastaron' moito
Pigharra, Garrulus glandarius
Trallón, Ficedula hypoleuca
Rosinol, Luscinia megarhynchos
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Pito, Picus sharpei
Porcopisco, non soubemos identificar a especie, era pequeno e andaba no inverno pola neve, era aneghrado, Prunella modularis (?). Dixéronnos o seguinte conto:
"Un home foi ás matanzas de todo o pobo e cando lle tocou a el facer a súa foron a abrir a porta da corte e díxolles á xente que tiveran coidado ao abrir a porta porque podía escapar o porco, xa que non o tiña, e ao abriren saíu o 'porcopisco' voando e dixo: Xa o deixastes escapar."
Menxengra, Parus major, Cyanistes caeruleus
Moucho, Athene noctua, Strix aluco
Curuxa, Tyto alba
Ghabilán, Accipitridae
Chasco, Saxicola rubicola
Pedreira, Phoenicurus ochruros (?)
Paporrubio, Erithacus rubecula
Ghrulla, Merops apiaster
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Bufo, Bubo bubo
Ave rapiña, Accipitridae
Aghilucho, Circus pygargus
Moitas grazas aos informantes.
2 comentarios:
Excelente recolla! O porcopisco pode ser Prunella? Apertas! Damián
Pode ser, anoto Prunella con reservas ? Obrigado Damián
Publicar un comentario