O xoves 26 de novembro de 2020 xunto co antropólogo Bruno Rúa estivemos recollendo nomes e ditos sobre as aves na localidade de Rabal do concello de Oímbra.
Isto foi o que nos saíu:
Pardal, Passer domesticus, tamén lle chamaban Pardao
Carriza, Troglodytes troglodytes
Xunguí, non soubemos identificar a especie, poida que sexa Aegithalos caudatus (?)
Papafigos, Oriolus oriolus
Martín peixeiro, Alcedo atthis
Pega, Pica pica
Corvo, Corvus corone
Pernileiro, Burhinus oedicnemus
Chinchín, Fringilla coelebs
Paporrubio, Erithacus rubecula
Nabiñeiro, Serinus serinus
Picapau, Dendrocopos major
Bubela, Upupa epops
Cuco, Cuculus canorus
Gaio, Garrulus glandarius
Cutuvía, Lullula arborea
Cascarrollo, Lnaius meridionalis, L. collurio, L. senator
Lavandeira, Motacilla alba
Tanxo, Ficedula hypoleuca, tamén lle chamaban Tánxaro, tiñan o seguinte dito: "Dicíanlle as anduriñas aos tánxaros: Pronde vas tánxaro louco, vides moitos e marchais poucos. E o tánxaro respondía: E vós anduriñas putas, vindes poucas e marchais muitas."
Anduriña, Hirundo rustica
Rola, Streptopelia turtur
Laverca, Alauda arvensis
Ghilguero, Carduelis carduelis, dicían que os portugueses lle chamaban Pintasilvo
Chasco, Saxicola rubicola
Cutuluvís, Certhia brachydactyla
Pazpallá, Coturnix coturnix, dicían así: Estaban os guardiñas portugueses e dicían "compañía, alto lá" (imitando o son do pazpallá), "están todos os galegos?". E estes dicían "volta pra trás" (imitando outra vez o son dos pazpallá).
Moucho, Athene noctua
Curuxa, Tyto alba
Escribiente, Emberiza cirlus
Verderol, Chloris chloris
Tornillo, Sturnus unicolor
Rousinol, Luscinia megarhynchos, dicían así:
"o rousinol é badío,
fai o nino na ribeira,
tamén faría o meu
nunha meniña solteira"
Folecra, Hippolais polyglotta
Cheda, Sylvia undata (?)
Torda louca, Turdus philomelos, Turdus viscivorus (?)
Merlo, Turdus merula, dicían así: "Dicíalle a formiga ao merlo: Merlo cherlo, cherlo merlo, mentras que andas de gallas en gallas, traballaras de vrao pra comelo no inverno."
Pedreiro, Delichon urbicum
Moitas grazas aos informantes.
2 comentarios:
Bo trabalho! "Xunguí" soa-me que pode ser Aegithalos caudatus, teria que repassar notas. Abraço! Damián
Bom, anoto de momento Aegithalos caudatus, cumprimentos
Publicar un comentario