A continuar vanse poñer uns nomes vernáculos de fauna recollidos o domingo día 20 de febreiro de 2022, xunto de Nieves Amado, Fernando Serrulla e Saltón e Édgar, nas abas da mesma Serra de San Mamede en Rebordechao, do concello de Vilar de Barrio mais moi vencellada ás terras de Laza e de Maceda. Isto é todo o que nos dixeron no centro social do pobo os veciños e veciñas dalí:
Aves:
Laverca, Alauda arvensis
Azulana, Fringilla coelebs
Manso, Fringilla coelebs (?)
Escribana, Emberiza cirlus, E. spp.
Vermello, Pyrrhula pyrrhula (?) ou Linaria cannbina (?), ou poida que Monticola saxatilis, non se soubo dicir
Labrandeira, había a Labrandeira amarilla (amarela), Motacilla flava e M. cinerea, e a Labrandeira negra, Motacilla alba
Ferreiro, Parus major, Cianistes caeruleus
Ghaio, Garrulus glandarius
Pitorra, Scolopax rusticola
Corvo, Corvus corax, C. corone
Charrela, Perdix perdix
Perdiz, Alectoris rufa
Paspallao, Coturnix coturnix
Pegha, Pica pica
Merla, Turdus merula
Carriza, Troglodytes troglodytes
Mioto, Buteo buteo, xenérico para Accipitridae
Ataíño, Falco tinnunculus, nun principio semella ser un nome compartido con Tecelán para designar ambos á mesma especie, xa non é o primeiro caso no que se recollen dúas desginacións para o mesmo paxaro noutras localidades
Tecelán, nun principio Falco tinnunculus, ou poida que Falco subbuteo ou Falco columbarius ao dicir que era máis pequeno que o Tecelán e esta ave de rapina xa é pequena de por si, o único que se diferenciaría en tamaño é o Falco columbarius
Curuxa, Tyto alba, tamén lle daban este nome para o Strix aluco
Pitorrei, Picus viridis, Dendrocopos major
Pito marelo, Oriolus oriolus
Noitevoá, Caprimulgus europaeus, dicían que era porque voa pola noite
Moucho, Athene noctua
Estornino, Sturnus unicolor
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus, T. illiacus, T. pilaris
Bubela, Upupa epops
Pombo, Columba palumbus
Maghafagha, Cinclus cinclus
Ghilghero, Carduelis carduelis
Anduriña, Hirundo rustica, Delichon urbicum, Ptyonoprogne rupestris
Vencello, Apus apus
Castañola, Phoenicurus ochruros
Tordillo, Oenanthe oenanthe
Cuco, Cuculus canorus
Rola, Streptopelia turtur
Chasco, Saxicola rubicola
Verderol, Chloris chloris
Cutuvía, Lullula arborea
Ghabilán, Accipiter nissus
Mamíferos:
Teixo, Meles meles
Murocegho, Quirópteros (morcegos)
Lirón do río, Arvicola sapidus
Lirón, Rattus rattus vs. R. norvegicus
Rato cucurilo, Mus sp. (?)
Toupa, Talpa occidentalis
Cazoleira, Mustela nivalis
Musaraña, Sorícidos
Gharduña, Martes foina
Furón bravo, Turón, Mustela putorius
Zorro, Vulpes vulpes, mesmo así, e en masculino
Rebisaco, dicían soarlles o nome mais non identifcaban ben, noutras zonas é Herpestes ichneumon
Algharia, tamén Ghineta, Genetta genetta
Ghato bravo, Felis silvestris, logo dicían que había un que era roxo ademais do cincento, esta cor roxa non é precisamente o vermello senón máis ben un pardo alaranxado (?)
Oso, Ursus arctos
Cervo, Cervus elaphus
Corzo, Capreolus capreolus, así mesmo, en masculino, non coma outras zonas que o nome é Corza en feminino
Cáparos, son as crías dos Corzos, Capreolus capreolus, comparte este nome coas larvas dos anfibios
Ghabalí, Sus scrofa
Lirón careto, Eliomys quercinus
Anfibios:
Sapo cururilo, Alytes obstetricans
Sapo cunqueiro, Bufo spinosus
Ra, Pelophylax perezi, Hyla molleri, Rana iberica, poida incluso que Rana parvipalmata, ser é un nome xenérico aínda que diferencia estas especies de outros anuros, de sapos digamos
Cáparos, chamábanlle así aquí ás larvas de anfibios, en especial de sapos e ras, logo están os outros Cáparos, as crías dos Crozos
Réptiles:
Cobras, Culebras, xenérico para Colúbridos
Lagharta, xenérico para especies do xénero Podarcis, bocagei vs. lusitanica, ou mesmo para Iberolacerta monticola
Lagharto, Timon lepidus, Lacerta schreberi
Escáncer, Anguis fragilis, Chalcides striatus
Insectos:
Patasol, Coccinella septempunctata
Teresa, Mantis religiosa
Lavacú, Odonatos, indistinto para Zigópteros e Anisópteros
Cabras loucas, Gerris lacustris
Chicharras, xenérico para Cicádidos
Malfedes, Nezara viridula
Tabaos, Dípteros Tabánidos
Tabela, un Díptero que picaba ás vacas (?)
Raxada, outro Díptero que facía moscar ás vacas (?)
Moitísimas grazas pola interesante información que nos facilitástedes e se vos lembrades doutras avisádesnos. Ata outra, un sáudo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario