Onte fomos ás Eiras ao "Obradoiro de Plantas Silvestres Comestibles, Aromáticas e Medicinais" impartido por Tamara na Casa Terra Alma. Gratos por tudo o ensinado!
No incio houbo unha breve introdución falándose de que o coñecemento das plantas é milenario, antes usábanse moito como alimento e como remdio natural mais este coñecemento foi perseguido dicindo ás comunidades tradicionais, por parte de certos chanzos da sociedade, como que o seu uso era propio de culturas atrasadas, resulta que era todo o cotrario, antes había un coñecemento do medio extraordinario. Agora téntase de voltar a ensinarlles aos nenos o seu inmenso valor.
|
Lactuca serriola, unha leituga brava, comestible e medicinal, é un fantástico sedante |
|
Malva sylvestris, medicinal e fantástico comestible |
|
Hordeum murinum, un cereal silvestre |
|
Digitalis purpurea, estraloques, sanxoás, medicinal pero tóxica, crenzas na tradición oral |
|
Rumex sp., comstible aínda que é amarga |
|
Geranium lucidum, todos os Geranium son comestibles Tamén vimos o Geranium robertianum, Herba de San Roberto Posúe moitas propiedades medicinais, é un dos maiores antiinflamatorios |
|
Lagartiña dos penedos, Podarcis lusitanicus |
|
Tanacetum parthemium, herba da Nosa Señora, medicinal |
|
Chelidonium majus, ceruda, herba anduriña Medicinal aínda que tóxica, só por vía externa, crenzas na tradición oral |
|
Pentaglotis sempervirens, boraxinácea, comestible, flores e follas |
|
Lamium maculatum, estruga morta, comestible, medicinal |
|
Rumex sp., comestible aínda que é amarga |
|
Medicago arabica Tóxica ou cando menos non comestible, confúndese co trebo mais esta ten manchas escuras nas follas aínda que non sempre |
|
Trebo vermello, Trifolium pratense, comestible |
|
Couselos, ombligo de Venus, Umbilicus rupestris, comestible e medicinal |
|
Estraloques, sanxoás, Digitalis purpurea Medicianla aínda que tóxica, só mediante prescripción facultativa Crenzas e ritos na tradición oral galego-portuguesa |
|
Ceruda, herba anduriña, celidonia, Chelidonium majus, antes descrita |
|
Lapsana communis, herba dos peitos, comstible, medicinal (desta especie non se falou) |
|
Lingua de ovella, chantaxe, xantén, Plantago lanceolata, comstible e medicinal |
|
Herba das sete costelas, chantaxe maior, xantén maior, Plantago major, comestible e medicinal |
|
Ortiga, estruga, Urtica dioica, medicinal, comestible, está considerada un superalimento |
|
Silva, Rubus sp., hai moitas especies difíciles de xebrar, comestible e medicinal
|
|
Pena Nofre |
|
Vicia cf. angustifoia, en principio comstible mais nunca se probara o haber varias especies É fantástica para fixar o nitróxeno no solo e fertilizar os cultivos |
|
Estraloques, sanxoás, Digitalis purpurea, xa se falou dela Debe ser unha das plantas que máis nomes vernáculos ten na Galiza |
|
Fuamaria muralis, non se falou dela mais ponse por ter propiedades medicinais |
|
Aceda, vinagreira, Rumex acetosa Fantástico comestible, é mesmo unha larpeirada aceda, un amiguiño que viña no grupo comeulle un cacho e gostoulle mesmo |
|
O Camiño dos Mortos que leva a Trez |
|
Carduus sp., hai varias especies semellantes, algunhas delas son comestibles aínda que tirándolle os bicos, algunha delas posúe propiedades medicinais de muito interese, aliás son usadas por moitos insectos beneficiosos |
|
Ranunculus acris, botón de oro, tóxica Mencionáronse as especies tóxicas, e que teñan certa toxicidade non quer dicir que non teñan utilidades, e díxose que entre as plantas comestibles hai algunhas que non se coñecen mais que si o son |
|
Aguia cobreira, Circaetus gallicus, que nos pasou voando por riba |
|
Saíncho, cenizo, Chenopodium album vs C. ficifolium, posúe propiedades medicinais, díxose que é un fantástico comestible, un superalimento, para que logo lles chamen malas herbas de maneira inaxeitada, habería que lles chamar plantas adventicias, case todas teñen utiidades e mesmo propiedades medicinais |
Espectacular xeira que nos descubríu e ampliou o coñecemento das plantas. Muito obrigado por organizárendes, un verdadeiro pracer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario