mércores, 17 de abril de 2024

Primavera exuberante no Mente e Arzoá

Unha orquídea da especie Orchis máscula







Hyacinthoides cf. non-scripta

Hyacinthoides cf. non-scripta

Omphalodes nitida

Asphodelus cf. albus, abróutega

Crucífera, se callar do xénero Erysimum

Polygala microphylla


Queirugais de Erica australis


Veronica cf. chamaedrys

Helleborus phoetidus, herba besteira

Symphytum tuberosum, consolda, esta planta é moi rara en Portugal, de facto está xusto ao lado, e vai un par de anos foi a primeira vez que se describíu esta especie para todo Portugal, precisamente aiquí no Mente

A mesma, Symphytum tuberosum, consolda

Ajuga reptans, herba ferra, herba de San Lourenzo

Euphorbia amygdaloides, leitarega

Geranium robertianum, herba de San Roberto

Asplenium trichomanes

Viburnum opulus, nobeleiro, bola de neve, flor do mundo

Fento polipodiáceo, xénero Polystichum vs. Dryopteris (?)

Primula acaulis, panqueixo, cáncaro




Fento Asplenium adiantum-nigrum







Saxifraga spathularis


Parte dunha antiga presa

Araña da familia Araneidae (?)






Tres especies de fentos na mesma parede: Asplenium trichomanes, A. adiantum-nigrum e Polipodium cf. vulgare

Fentos, hepáticas e plantas anxiospermas

Sapo cunqueiro, Bufo spinosus


Aquilegia vulgaris, herba pombiña, herba dos pitos



Fragaria vesca, amorodos, morango silvestre


Bellis sylvestris, margarida do monte

Orobanche rapum-genistae, unha planta parasita



luns, 1 de abril de 2024

Baixa entropía

Onte realizouse unha pequena saída de campo, organizada polo Posto de Turismo de Monterrei, con motivo de actividades na Semana Santa, para percibir a importancia das plantas na fortaleza de Monterrei e arredores.

*Tratouse do que aportou Monterrei á flora mundial, si, indirectamente pero mundial.

*Fixemos un percorrido desde a mesma prehistoria terrestre, do carbonífero ás glaciacións, indo despois a vestíxios botánicos de ocupación humana anteriores: medieval, moderna, contemporanea.

*Relacións da tradição oral galego-portuguesa coas plantas, tamén mitoloxía greco-latina.

*Propiedades das plantas, que non teñen por que ser só as de intereses humanos, e que aínda que non se coñezan non quere dicir que non as teñan, alén das precaucións no uso das plantas.

*Ecoloxía das plantas no sentido de interconexión de todo con todo e fondo respeito cara o medio natural.

*Familias botánicas, nomes científicos e vernáculos, estratexias das plantas, liña evolutiva, intelixencia das plantas, etc.

Foi muitísimo o que ficou por se tratar, e muito máis o que non se saberá.

Obrigado pois, polo interese nas plantas, aos organizadores e aos participantes, algunhas de curta idade e que prestaron moita atención.

Que aportará entón O Sol ás plantas, á Terra ou á humanidade? Pois baixa entropía 😊

Myosotis discolor