mércores, 31 de maio de 2023

Relatorio do obradoiro de plantas silvestres comestibles, aromáticas e medicinais nas Eiras

Onte fomos ás Eiras ao "Obradoiro de Plantas Silvestres Comestibles, Aromáticas e Medicinais" impartido por Tamara na Casa Terra Alma. Gratos por tudo o ensinado!


No incio houbo unha breve introdución falándose de que o coñecemento das plantas é milenario, antes usábanse moito como alimento e como remdio natural mais este coñecemento foi perseguido dicindo ás comunidades tradicionais, por parte de certos chanzos da sociedade, como que o seu uso era propio de culturas atrasadas, resulta que era todo o cotrario, antes había un coñecemento do medio extraordinario. Agora téntase de voltar a ensinarlles aos nenos o seu inmenso valor.

Lactuca serriola, unha leituga brava, comestible e medicinal, é un fantástico sedante

Malva sylvestris, medicinal e fantástico comestible

Hordeum murinum, un cereal silvestre

Digitalis purpurea, estraloques, sanxoás, medicinal pero tóxica, crenzas na tradición oral

Rumex sp., comstible aínda que é amarga

Geranium lucidum, todos os Geranium son comestibles
Tamén vimos o Geranium robertianum, Herba de San Roberto
Posúe moitas propiedades medicinais, é un dos maiores antiinflamatorios

Lagartiña dos penedos, Podarcis lusitanicus

Tanacetum parthemium, herba da Nosa Señora, medicinal

Chelidonium majus, ceruda, herba anduriña
Medicinal aínda que tóxica, só por vía externa, crenzas na tradición oral

Pentaglotis sempervirens, boraxinácea, comestible, flores e follas

Lamium maculatum, estruga morta, comestible, medicinal

Rumex sp., comestible aínda que é amarga

Medicago arabica
Tóxica ou cando menos non comestible, confúndese co trebo mais esta ten manchas escuras nas follas aínda que non sempre

Trebo vermello, Trifolium pratense, comestible

Couselos, ombligo de Venus, Umbilicus rupestris, comestible e medicinal

Estraloques, sanxoás, Digitalis purpurea
Medicianla aínda que tóxica, só mediante prescripción facultativa
Crenzas e ritos na tradición oral galego-portuguesa

Ceruda, herba anduriña, celidonia, Chelidonium majus, antes descrita

Lapsana communis, herba dos peitos, comstible, medicinal (desta especie non se falou)

Lingua de ovella, chantaxe, xantén, Plantago lanceolata, comstible e medicinal

Herba das sete costelas, chantaxe maior, xantén maior, Plantago major, comestible e medicinal

Ortiga, estruga, Urtica dioica, medicinal, comestible, está considerada un superalimento

Silva, Rubus sp., hai moitas especies difíciles de xebrar, comestible e medicinal


Pena Nofre

Vicia cf. angustifoia, en principio comstible mais nunca se probara o haber varias especies
É fantástica para fixar o nitróxeno no solo e fertilizar os cultivos

Estraloques, sanxoás, Digitalis purpurea, xa se falou dela
Debe ser unha das plantas que máis nomes vernáculos ten na Galiza

Fuamaria muralis, non se falou dela mais ponse por ter propiedades medicinais

Aceda, vinagreira, Rumex acetosa
Fantástico comestible, é mesmo unha larpeirada aceda, un amiguiño que viña no grupo comeulle un cacho e gostoulle mesmo

O Camiño dos Mortos que leva a Trez

Carduus sp., hai varias especies semellantes, algunhas delas son comestibles aínda que tirándolle os bicos, algunha delas posúe propiedades medicinais de muito interese, aliás son usadas por moitos insectos beneficiosos

Ranunculus acris, botón de oro, tóxica
Mencionáronse as especies tóxicas, e que teñan certa toxicidade non quer dicir que non teñan utilidades, e díxose que entre as plantas comestibles hai algunhas que non se coñecen mais que si o son

Aguia cobreira, Circaetus gallicus, que nos pasou voando por riba

Saíncho, cenizo, Chenopodium album vs C. ficifolium, posúe propiedades medicinais, díxose que é un fantástico comestible, un superalimento, para que logo lles chamen malas herbas de maneira inaxeitada, habería que lles chamar plantas adventicias, case todas teñen utiidades e mesmo propiedades medicinais

Espectacular xeira que nos descubríu e ampliou o coñecemento das plantas. Muito obrigado por organizárendes, un verdadeiro pracer.

luns, 6 de marzo de 2023

Aldearmos, relatorio de especies observadas e escoitadas nas Eiras, Laza

A contiuar vaise poñer un relatorio das especies vistas, ouvidas ou detectadas dentro do programa Aldearmos organizado pola Rede Aldear e que se celebrou na Casa Terra Alma das Eiras, Laza, este pasado sábado día 4 de marzo, incluíndo unha roteciña-paseio de observación de aves. Eis cá:


Pola mañá había unha boa cantidade de especies de aves, a maioría eran especies forestais por ser este o hábitat principal dominante, mesmo faltaron algunhas especies de hábitats humanos rurais, por exemplo faltou vérense ou ouvírense pardais, estorniños, lavandeiras pegas ou corvelos, nada, e é estrano, non coincidiría.

Por certo, que non se detectaran por unha persoa non quere dicir que non as houbese ou que non as poidesen detectar outras persoas, se tal fose sería bon decírendelo, grazas.


Nada máis chegar ouvíanse nunha ladeira sur de soutos de frondosas con castiñeiros predominantes e pradaría por baixo, un Peto picapau, Dendrocopos major, un macho tamborilando. Durante a xornada botouse en falta non ouvir o peto verdello, estrano por ser o hábitat moi axeitado.

Ferreiriño real, Parus Major, realtivamente abvndoso.

Picafollas, Phylloscopus sp., poida que o P. collybita, sen se asegurar.

Gabeador común, Certhia brachydactiyla, varios ao longo da xornada.

Durante a saída de plantas ouvíanse uns gaios, Garrulus galndarius.

Trepadeira azul, Sitta europaea, mesmo estivo a cantar e deixouse ver mentres había unha exposición dunha palestra no xardín da casa.

Mesmo pasaron en voo e chiando, durante esta palestra, unha parella de buxatos, Buteo buteo.

As fotos e os debuxos non se corresponde coas da xornada.

Paporroibo, Erithacus rubecula, omnipresentes.

Pimpín, Fringilla coelebs, varios.

Papuxa das amoras, Sylvia atricapilla.

Merlas, Turdus merula, lóxico.

Esta merla con branco na cabeza fóra unha con leucismo que vira vai xa un tempo.

Nas conversas faláronos de noutras datas haberen visto e ouvido na aldeia á avelaiona, Strix aluco, lóxico ao se ver a zona do redor de bosque planifolio.

Nunhas escaleiras ao sol víuse unha lagartiña dos penedos, Podarcis lusitanica, oúnico hérpeto detectado na xornada.


Na roteciña-paseio da tarde non se detectou grande cousa, había pouco movemento e as condicións non eran as axeitadas, a paisaxe impresionante iso si, tampouco se detectaban invertebrados, se callar por non ir atentos a eles, mais en todo caso non eran notorios.

Botáronse moi en falta as especies de matogueira do tipo das papuxas montesas ou escribentas riscadas, nen sequera un só chasco común, si se detectou algunha azulenta, Prunella modularis.

Polo camiño atopouse unha pena de periz rubia, Alectoris rufa, non se viron espoxadeiros.

Púidose ver de perto á perfección unha femia de rairrubio común, Phoenicurus ochruros, fóra dos seus pousadoiros e hábitat habitual, estaba subida a unha galla  seca nunha zona de piñeiros devasada e son de rochedos e hábitats antrópicos.

Esta é a modo de exemplo, non era esta.

Polas condicións de térmicas víronse por diferentes integrantes do grupo acho que tres rapinas diúrnas, todas foran da mesma especie, buxato, Buteo buteo.

Páridos a vontade, a maioría eran o ferreiriño real, Parus major, aínda que tamén había ferreiriño negro, Periparus ater, fóra destes tamén algún ferreiriño rabilongo, Aegithalos caudatus.

Ouvíronse unhas estreliñas riscadas, Regullus ignicapilllus, a especie de aves máis pequena da Europa.

Pombos, Columba palumbus.

Á noitiña xa había lago máis de movemnto de víronse ferreiriños azuis, Cyanistes caeruleus; Picafollas, Phylloscopus sp.; Ferreiriño real, Parus major; paporroibo, Erithacus rubecula; tordo músico, Turdus phylomelos; gabeador común, Certhia brachydactyla; trepadeira azul, Sitta europaea; carriza, Troglodytes troglodytes.

Xa no luscofusco víronse a voar uns tres ou máis morcegos, quirópteros en xeral, a saber especie.

Tampouco se detectou ningunha das típicas especies estivais, anduriñas, vencellos, bubela, cuco e así deses.

 Víronse rastros de lobo, Canis lupus, uns eran claramente de lobo, outras pegadas só eran posibles ou mais ben probables, logo uns dexectos de menor tamaño mais con semellanzas do tipo escuros, con pelo e ósos, apontados, que serían de cánido, por exclusión só nos fica a raposa, Vulpes vulpes, que posúen unha dieta variada. Logo outros dexectos dos que non se fai idea, non semellaban de mustelídeos.

A imaxe é a moido de exemplo, non se corresponde co observado neste día.


En xeral non se detectou moito, as condicións non eran as mellores, a primavera aínda non está avanzada, estábase tamén a atender a algunhas outras cousas, e algunha outra circunstancia.

Se callar noutro post poranse as especies de flora que se viron no entorno da casa.

Se vos lembrades dalgo que vistes ou ouvistes agradécese que se diga para adxuntalo, grazas, un saúdo e até.