Usos tradicionais, propiedades medicinais, toxicidade, mitoloxía, ditos e crenzas máxicas
Flora
Hedres, Hedera helix
Amieiro, Alnus glutinosa. Usábanse os troncos para facer as rabelas dos arados. A madeira desta árbore é a máis empregada para tallar a máscara do Cigarrón, Peliqueiro e Zarramanculleiro, aínda que tamén se utiliza a de Vidueiro
Muruxa, Montia fontana. Comestíbel: alimentación humana. Dámoslle as Grazas a Miguel Losada pola súa oportuna aclaración (ver comentarios).
Muruxa dos hortos, Stellaria media. Comentíbel (mediocre): alimentación humana.
Manzanilla do monte, Helichrysum stoechas. Medicinal: dores de estómago, dores de cabeza
Leiturga, Taraxacum officinale. Comestíbel: como alimento para os coellos. Pode que se utilicen algunhas outras especies de plantas Compostas do tipo de Taraxacum
Cortadela, Serpervivum sp. Medicinal: desinfectante. Tamén se lle chamaba auga osixenada
Consarellos, Umbilicus rupestris. Vernáculo recollido en Tamaguelos (Verín) por Pastor Santamarina
Couselos, Umbilicus rupestris
Agrión, Nasturtium nasturtium-aquaticum. Comestíbel: alimentación humana, especialmente en ensalada
Espárrago do rabo da noz, Bryonia dioica. Tóxica, en especial a raíz e os froitos, aínda que os brotes xóvenes de primavera son comestíbeis. Hai outra especie que tamén se lle chama Espárrago, Tamus communis, igualmente tóxica e comestíbeis os seus abrollos
Uz, Uceira, Queiruga, Erica spp., tamén se lle chama Queiruga á especie Calluna vulgaris. O Torgo é a raíz da Uz, empregábase para roxar os fornos ao ser unha madeira dura e pesada moi boa para combustíbel, tamén se usaba para facer carbón vexetal de excelente calidade Morogueiro, Arbutus unedo. Dí o conto que en Noiteboa, do 24 ao 25 de decembro, cea o Demo con morogos e non deixa ningún na árbore, tamén din que lle da co rabo e tíraos todos ao chan. Outra versión conta que é a zorra quen lle da co rabo e tira os froitos Estraloques, Sanxoás, Digitalis purpurea. Na noite de San Xoán (solsticio de verán) púñanse ramos xunto con flores de Sabugueiro nas portas, ventás e cortes do gando para protexer da envexa e do mal de ollo, contra as bruxas
Candiolos, flores masculinas do Castiñeiro, Castanea sativa
Xardón, Quercus ilex
Concheira, Nogueira, Junglans regia. Aos froitos chámanselle Conchos. Usos tradicionais: utilizábanse as follas cocidas para tinguir a lá de cor castaña
Malvela, Glechoma hederacea. Medicinal: tónica, diurética e catarral
Arzá, Lavandula stoechas. Úsase para aromatizar armarios
Romero, Rosmarinus officinalis. A desiganción da planta está castelanizada. Condimento alimentario. Medicinal: contra a tose e a catarreira tomábase unha infusión de Romeu con Xarxa e mel
Xarxa, Salvia officinalis. Medicinal, innumerábeis propiedades: estimulante e tónica (non desvela), dixestiva, diurética, antiespasmódica, febrífuga, antiséptica, antisudoral, hipoglucemiante, emenagoga, resolutiva, vulneraria - Pío Font Quer. Plantas medicinales. El Dioscórides renovado
Tomillo, Thymus mastichina, T. caespititus, T. spp. Designación castelanizada. Condimento alimentario. Medicinal: béquico, expectorante, tónico, dixestivo, vermífugo, antiséptico
Loureiro, Laurus nobilis. Condimento alimentario. Medicinal: conxestión de estómago, non se poden tomar máis de tres follas. Crenzas máxicas: queimábase o loureiro bendicido para afastar as treboadas. Usos tradicionais: para desinfectar as cortes do gando facíase unha fumarza con Loureiro e xofre
Alcacia, Mimoseira, Acacia dealbata. Especie infestante orixinaria de Australia. As gallas longas e dereitas úsanse para os lareiros do fumeiro. Aparece con frecuencia nos aderezos do Entruido, seguramente debido á súa temperán, vistosa e rústica floración
Carqueixa, Chamaespartium tridentatum. Usos tradicionais: para separar os chourizos no fumeiro. Medicinal: as flores son laxantes e diuréticas, as sementes son vomitivas
Toxo, Ulex europaeus. A flor do Toxo chámase Alecrín ou Chorima. Tóxico, en especial as sementes. Medicinal: as flores tomábanse en infusión para facilitar a circulación e para combater as catarreiras. Usos tradicionais: utilízase durante o Entruido para enfeitar os foliós e para espiñar ao xentío, moi común no Entroido de Laza. Unha canción tradicional di:
Alecrín,
Alecrín dourado,
que naceu no monte
sen ser semeado.
Ai amor, amor,
quen che dixo a ti
que a flor do Toxo
era o Alecrín.
Ai amor, amor,
quen che dixo a ti
que a flor do Toxo
chámabase así.
Oliveira, Olea europaea. Medicinal: unha infusión con tres folliñas de oliveira para baixar a tensión
Malva, Malva sylvestris. Veterinaria: usábase a auga de cocer as malvas para darlle tomas e lavados ás marrás cando as capaban
Alcolitos, Aucalitos, Eucalitos, Eucalyptus globulus, E. camaldulensis. Ambas especies foron introducidas e son orixinarias de Australia. Medicinal: a especie utilizada en medicina é Eucaliptus globulus, recóllense exclusivamente as follas das ramas adultas cando están perfectamente formadas, son anticatarrais, contra a bronquite, útiles contra as inflamacións das vías respiratorias e contra os catarros gastrointestinais, tamén contra a diabete, hipoglucemiante. Tómase en infusións ou inhalacións, non é inocuo, por vía interna é conveniente non superar cantidades moderadas, pode resultar daniño e provocar gastroenterite, dificultades respiratorias, etc. - Pío Font Quer. Plantas medicinales. El Dioscórides renovado
Figueira, Ficus carica. Medicinal: tratábanse as verrugas untándoas co leite do rabo dos figos
Ceruda, Chelidonium majus. Medicinal: principalmente para as verrugas, espullas
Lengua de ovella, Plantago spp. Comestíbel: como alimento para os coellos
Mazarocas da zorra, Póutigas, Apóutigas, Maias, Cytinus hypocistis. Comestíbel: os nenos adoitaban tomar o suco dóce saído da mazaroca
Amorodios, Fragaria vesca. Froitos comestíbeis moi apreciados
Silva garvanceira, Rosa spp. Os froitos son ricos en vitamina C, nalgunha zona chámanselle Picaburros
Ruda, Ruta graveolens. Tamén existe a variedade silvestre Ruta montana. O dito fala de que só a pode coller o dono. Crenzas máxicas: protexe da envexa
Rabo da zorra, Arum maculatum. Tóxica
Barbas da zorra, Barbas do lobo, Agrostis durieui ?
Lirios, Iris pseudacorus. Relixión: botábanse as espadanas dos Lirios polo chan nas procesións dos Ramos e do Corpus, collíanse do río para non estragar os plantados nos eidos
Allas, chámaselle así cando sae un único bulbo de Allo, Allium sativum. Crenzas máxicas: utilízase en San Cibrao (Oímbra) contra o mal de ollo e contra as meigas, con maior efecto que o Allo, se callar non falta unha Alla en ningunha casa do pobo Gancios, Asphodelus lusitanicus. As varas secas usábanse para acender o lume e mesmo para alumear pola noite sustituíndo ás candeas
Tullesmerendas, Merendera montana. Seu nome fai referenza ao feito de que a súa floración ocorre cando os días xa van máis curtos
Fungos
Na Comarca de Monterrei non se adoitaba recoller especies variadas de cogomelos (micofobia), a máis coñecida e extendida era e é a Macrolepiota procera. Tradicionalmente tamén se coñecían outras especies coma o Tricholoma equestre, ou incluso Cantharellus cibarius, alén dos recentemente comercializables Boletus spp. A continuación aparecen os nomes das especies que fomos recollendo.
Cornizó, Claviceps purpurea. Perigosamente tóxico. Pertence ao grupo dos Ascomicetos. É un parásito do Centeo e doutros cereais. Antigamente recollíano para vender, din que de contrabando, este comercio suponse que sería para elaborar medicamentos, ou inlcuso, para xebrar un dos seus compoñentes e usarse como droga alucinóxena, o coñecido como Ácido LSD, moi de moda na década dos 60 durante o movemento hippie
Tortullo, Tricholoma equestre. Bosques de coníferas. Tóxico, aínda que todavía se consume
Cogordón, Roca, Roque, Paraugas do sapo, Patamela, Macrolepiota procera. Bosques, matogueiras, claros, prados e beiras de camiños. Comestíbel. Os diferentes nomes fan distinción entre cando o sombreiro está pechado e cando está aberto
Cacabinas, Agaricus spp. Nos poulós. Non se recollían ao descoñeceren que fosen comestíbeis, só algunha especie do Xénero é tóxica como Agaricus xanthodermus
Revellón, Lactarius deliciosus. En piñeirais. Comestíbel. Esta desiganación pode que sexa un préstamo introducido do catalán Rovelló
Níscaros, Nízcaros, Boletus edulis, B. pinophilus, B. aereus, B. aestivalis. Atópanse en bosques de coníferas e planifolios. Comestíbeis. Nome vulgar recentemente adoptado que designa as especies comercializables de Boletáceas. En castelán o nome de Níscalo úsase para nomear o Rovelló catalán, Lactarius deliciosus
Peido de lobo, seguramente se refire a Bovista plumbea (?), Ovo dos prados, e non ao verdadeiro Peido de lobo, Lycoperdon perlatum, ou mesmo pode referirse a Mycenastrum corium que habita en camiños e solos areosos, termófila. Usábase para tinxir a lá xunto coas follas de Nogueira. Medicinal: a masa castaña que soltan as especies Licoperdáceas pola abertura apical, cando está madura, aplicada sobre unha ferida deten a hemorraxia e ademais facilita a curación polas súas facultades antibióticas - Pío Font Quer. Plantas medicinales. El Dioscórides renovado
Merda de cuco, Bovista plumbea
8 comentarios:
Parabéns polo blogue do que agardamos seguir aprendendo moitas cousas sobre natureza da nosa comarca.
Interessantíssimo informe Xosé Ramón. Parabéns!
Vemo-nos pronto, para os derradeiros dia de Novembro, se todo vai bem, andarei polo Val do Támega.
Apertas,
Damián
Quero sumarme ás felicitacións polo excelente traballo desenvolvido. Noraboa porque se trata dun blogue moi completo e enormemente didáctico.
Meus caros amantes da vida selvagem!
Sem se conhecerem as espécies vivas não se ganha afeição por elas.
É muito interessante e importante referenciá-los e etiquetá-los e
estudálos. É importante ainda podê-los dar a usufruir a outros na net.
Até eu gostava de fazer uma visita a esses belos lugares de vida selvagem.
É preciso que as escolas sensibilizem os mais novos para uma atitude
ecológica da vida selvage.
Os meus parabéns pelo vosso trabalho, porque um dia há-de ser
reconhecido pela sociedade.
Jorge Lage
PARBENS PARA O XOSE RAMON DENDE SILLEDA
Amigo Reigada andaba noutra cousa e vin que a voz "muruxa" viña asociada co taxón Stellaria media.
Compre dicir que e millor vincular a palabra muruxa co taxón Montia fontana, ou completar a equivalencia que estou a cuestionar do xeito: Stellaria media-muruxa dos hortos.
Eis unha ligaxe ad hoc
http://es.wikipedia.org/wiki/Montia_fontana
Digo isto xa que denominar muruxa (dos hortos) á Stellaria media ven da semellanza, aparente e moi imprecisa, ca verdadeira muruxa (ou meruxa pola banda da Mezquita por exmplo).
Doutra banda a excelencia gastronomica da muruxa-Montia fontana é moi superior á das outras pseudomuruxas, como Samolus valerandi, mais ruins na ensaladeira.
Xa que logo isto xustifica a reserva da denominación que como digo trae conta da natural economía da linguaxe mais tamén da progresiva lonxedade ou afastamento do medio etnobotánico por parte da sociedade ca conseguinte perda de fondura e diversidade cultural.
Saudos e parabéns polo blogue.
Miguel Losada
Bos días Reigada:
Bos días amicus:
Facía xa moito tempo que o teu bloxe non regresaba ás habituais e didácticas páxinas afeitas. Excelente, amigo Xosé.
Hai un costume, dentro dese vulgarismo ao que fas mención en grao sumo curiosa, ata xocosa. Referente á parola castelá ,”níscalo, nízcalo, míscalo, mízcalo”, na bisbarra da raia. Adoitan dar como voz a de “niscarro”, así con dous erres, pra referirse ás boletáceas.
Sempre chamoume a atenzón isa voz vulgar, a cal esténdese máis aló, ata as bisbarras pertas da Lusitania. Na bisbarra compreta do parque de Montesinho pronuncian igual. En zoas pertas ocorre o mesmo.
En tempo, sendo a miña nai nova, era das poucas que si apañaba cornezuelos para as farmacéuticas. Pagábanllos ben. Aínda que o facía con sumo xeito.
Por Baroncelle ou Varonceli Santa Comba, coma ben ti coñeces, séguense collendo ata os vellos boletos pra vender ás farmacéuticas. En contra do que a xente di e/ou cre pensar o costume de coller cogomelos e fungos non é actual. Nas aldeas sempre foi unha práctica corrente. Outra cousa é o que as persoas das cidades pensen e/ou se inventen. Novos tópicos, lendas de urbes…”jeje”
Bo, en castelán , o nízcalo-níscalo, tamén fai referencia ao lactarius sanglifuus (lactario sanguinolento), unha pequena variedade boisma da mesma.
Da arzá ou arzaña tomo eu o meu pseudónimo, ademais doutras razóns de peso.
[Teño sacadas unas daguerres dunha ra na fontela de Varoncerli, xa falache unha páxina dela, da ra roza e negra; en canto poida chas mando]
Breves saúdos interanmicus…que é a miña tribo de procedenza
Logo DEIC amicus…
Bos días Reigada:
Bos días amicus:
Hacía ya mucho tiempo que tu blog no regresaba a las habituales y didácticas páginas acostumbradas. Excelente, amigo Xosé.
Hay una costumbre, dentro de ese vulgarismo al que haces mención de lo más curiosa, incluso jocosa. Referente a la palabra castellana “níscalo, nízcalo, míscalo, mízcalo” en la comarca de la frontera. Suelen dar como voz la de “niscarro”, así con dos erres, para referirse a las boletáceas.
Siempre me ha llamado la atención esa voz vulgar, la cual se extiende más allá, incluso a zonas próximas de Lusitania. En la comarca completa del parque de Montesinho pronuncian igual. En zonas próximas ocurre lo mismo.
En tiempo, siendo mi madre joven, era de las pocas que sí apañaba “cornezuelos” para las farmacéuticas. Se los pagaban bien. Aunque lo hacía con sumo cuidado.
Por Baroncelle o Varonceli Santa Comba, como bien tú conoces, se siguen cogiendo incluso los viejos boletos para vender a las farmacéuticas. En contra de lo que la gente dice y/o cree pensar la costumbre de coger setas y hongos no es actual. En las aldeas siempre fue una práctica corriente. Otra cosa es lo que las personas de las ciudades piensen y/o se inventen. Nuevos tópicos, leyendas de urbes…jeje.
Bueno, en castellano , el nízcalo-níscalo, también hace referencia al lactarius sanglifuus (lactario sanguinolento), una pequeña variedad exquisita de la misma.
De la arzá o arzaña tomo yo mi seudónimo, además de otras razones de peso.
Breves saludos interanmicus …que es mi tribu de procedencia
DEICA LOGO AMICUS...
Saúdos para toda a xente desa tribo interámnica... mas eu tambem faço parte
Espero entón polas imaxes desas Ranciñas da fontela de Varonceli
Até já
Publicar un comentario