REVISADO E ACTUALIZADO
13 DE AGOSTO DO 2019
Como continuación á anterior entrada sobre Flora (http://verin-natural.blogspot.com/2019/07/arqueoloxia-e-flora-no-castelo-de.html) respecto á intervención arqueolóxica que se está a realizar no Castelo de Lobarzán ou Castro das Laxes das Chas imos poñer unhas especies de Fauna que se viron durante o transcurso dos traballos que es están levando a cabo.
Bolboreta Papilio machaon na zona de intervención arqueolóxica. |
Lagartixa dos penedos, Podarcis guadarramae, na zona de intervención arqueolóxica. |
Lagartixa rabuda, Psammodromus algirus, na zona de intervención arqueolóxica, semella ser o réptil máis abondoso. Fotografía de José Ramón Feijóo. |
Bolboreta Papilio machaon na zona de interevención arqueolóxica. Fotografía de Nieves Amado. |
Por parte do persoal do proxecto tamén levan visto varias Bubelas, Upupa epops, xuntas e un Coello de monte, Oryctolagus cuniculus, alén de moitas bolboretas e una cobra pequena que non se identificou.
No outro día pudemos desfrutar dende o alto do Monte do Castelo dunha expléndida exibición aérea dunha Aguia calzada, Aquila pennata, vista desde arriba e contra o fondo do val.
No interior da chamada Cova do Gato había unha congregación dos arácnidos Opilións no seu interior.
Iremos pondo novas observacións a medida que se obteñan.
Contan que tamén se viron morcegos nas covas, un ratonciño de monte e algún insecto descoñecido.
E isto é o que nos conta José Luis Homedapedra Lozano Rúa polo Facebook:
"Bubelas hai, alomenos media ducia ao subir da Portela e
antes do primeiro "descanso" do camiño, e outros paxaros de cor
verdoso que voan en grupos pequenos de 3/5 exemplares, e o que me pareceron
dous gaios xusto antes da última subida cara os dous "castelos", na
ladeira entre a terra o musgo e os penedos, esas dúas lagartiñas, saltóns e
chicharras, e xa arriba mesmo onde escavamos multitude de arañas terreiras e
formigas xilófagas, cempés e larvas de escarabellos, despois voando moitas e
diversas bolboretas, avespas e tabaos, moscas e mosquitos nos lugares de
sombra, e o lúns visitounos a que eu penso é a libélula máis grande que vin na
miña vida, fun capaz de seguirlle o voo quizais unhes 100 metros."
Fernando Serrulla envía esta fotografía dun habitante de Lobarzán:Lagartixa rabuda, Psammodromus algirus. Fotografía de Fernando Serrulla. |
Moitas grazas de novo a todo o equipo pola mostra de interese e sensibilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario