CORREXIDO E AMPLIADO
O 11 DE AGOSTO DE 2021
O venres 6 de agosto de 2021, xunto co antropólogo Bruno Rúa e con José Chamborro, estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna na localidade de Medeiros, concello de Monterrei, a Manuel Chamborro de 93 anos de idade.
Isto é o que nos saíu:
Aves:
Cascarrollo, Lanius spp.
Pato, Anas platyrhynchos
Pardal, Passer domesricus
Cutuvía, Lullula arborea
Moucho, Athene noctua
Pitorrei, Picus sharpei, Dendrocopos major, "dicían que facía o burato coa lingua"
Bubela, Upupa epops
Lapafighos, Oriolus oriolus
Carriza, Troglodytes troglodytes
Chinco, Fringilla coelebs
Martiñete, non dimos identificado a especie, de pequeno tamaño, criaba nos buratos dos castiñeiros,tiña unhas pintas brancas nas ás, facía así: "lalachí-lalachí-lalachí", poidera ser Parus major (?)
Neghreira, Phoenicurus ochruros
Vaqueira, Motacilla flava
Lavandeira, Motacilla cinerea
Lavacú, Cinclus cinclus
Merla, Turdus merula
Tornillo, Sturnus unicolor
Anduriña, Hirundo rustica
Vencello, Apus apus
Tecelán, Falco tinnunculus
Averrapiña, Circus pygargus
Aiga, Accipitridae, Aquila chrysaetos (?)
Bufo, Bubo bubo
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Curuxa, Tyto alba
Rola, Streptopelia turtur
Pombo, Columba palumbus
Pegha, Pica pica
Cuco, Cuculus canorus
Corvo, Corvus corone, C. corax
Ghavilán, Accipitridae, faláronnos dun que criaba nuns penedos do río, pode que fose Falco peregrinus
Pazpallá, Coturnix coturnix
Perdiz, Alectoris rufa
Cirifolla, Phylloscopus spp.
Foleca, Hippolais polyglotta
Tordo, Turdus spp.
Cutuvía laverca, Alauda arvensis
Chicharra, Miliaria calandra
Pintasilvas, Carduelis carduelis, tamén lle chamaban co castelanizado "Ghilghero"
Rosinol, Luscinia megarhynchos
Pernileiro, Burhinus oedicnemus, cando voaba dicía así: "pernil-pernil-pernil"
Avefría, Vanellus vanellus
Gharza, Ardea cinerea
Cighueña, Ciconia ciconia
Chasco, Saxicolo rubicola
Azurenta, Prunella modularis
Pedreiro, Oenanthe oenanthe (?), dicía que viña no inverno, pode estar errada a información (?)
Enghatiñadoira, Certhia brachydactyla
Martín peixeiro, Alcedo atthis
Nabiñeiro, Serinus serinus, "comían a semente dos nabos"
Milleiro, Linaria cannabina
Trallón, Actitis hypoleucos, "onde había bois e vacas, desparasitador"
Paporrubio, Erithacus rubecula
Arácnidos:
Licranzo, Buthus occitanus
Carneiro, Opilións
Réptiles:
Lagharta, Podarcis spp., Psammodromus spp.
Lagharto, Timon lepidus
Escouparón, Chalcides spp., Anguis fragilis
Anfibios:
Ran, Pelophylax perezi, Rana iberica
Ranilla, Hyla molleri
Salamántigha, Salamandra salamandra
Insectos:
Cabalos do Demo, Odonatos, Zigópteros
Gaiteiros, Odonatos, Anisópteros (?)
Caldabeira, Dermápteros
Vacaloura, Berberomeloe majalis
Costureira, Gerris lacustris
Barburatesa, Mantis religiosa, Empusa pennata
Bichiño de Dios, Coccinela septempunctata
Mamíferos:
Morcegho, Quirópteros
2 comentarios:
Que interesante! Martiñete ten pinta de Parus major, e esas pintas brancas nas ás pode ser a faixa alar branca das grandes cobertoras. Bo traballo! Damián
Eih Damián, xa pensara nos páridos e tentei preguntar por aí, por se tiña algo de azul e amarelo, dixo que non tiña, non cheguei a identificalo como tal mais é o que máis se parece, ademais non atopamos outro nome para Parus major, pode ser o tal...
Publicar un comentario