Unha visión universal da Humanidade, a Natureza e o Alén dende a bisbarra de Monterrei
mércores, 14 de xullo de 2021
martes, 13 de xullo de 2021
luns, 12 de xullo de 2021
domingo, 11 de xullo de 2021
sábado, 10 de xullo de 2021
venres, 9 de xullo de 2021
xoves, 8 de xullo de 2021
luns, 18 de xaneiro de 2021
Censo de aves acuáticas invernantes no río Támega
Istos son os resultados que nos saíron do censo de aves acuáticas invernantes, da Sociedade Galega de Historia Natural, realizada o sábado 16 de xaneiro de 2021, prospectado o río Támega dende Laza ata a fronteira con Portugal:
7 Garzas reais, Ardea cinerea
2 Merlos rieiros, Cinclus cinclus
101 Lavancos, Anas platyrhynchos
5 Corvos mariños grandes, Phalacrocorax carbo
2 Pitas de auga, Gallinula chloropus
3 Cercetas comúns, Anas crecca
venres, 4 de decembro de 2020
Nomes vernáculos de Fauna recollidos en Espiño
O venres 3 de decembro de 2020 xunto Bruno Rúa e Claudio Álvarez 'Zunín' estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna na localidade de Espiño do concello de Oímbra.
Isto é o que nos saíu:
Aves:
Cascarrollo grande, Lanius meridionalis
Cascarrollo pequeno, Lanius collurio, L. senator
Caballero, Oriolus oriolus
Garrabaio, Garrulus glandarius
A Pizpiz, Anthus pratensis, A. trivialis
Cotovía, Lullula arborea
Cotovía corochuda, Galerida cristata
Laverca, Alauda arvensis
Noitevoal, Caprimulgus europaeus
Ameixenda grande, Parus major
Ameixenda brava, Cyanistes caeruleus
Trallón, Ficedula hypoleuca
Tánxaro, pode que fose a mesma especie anterior Ficedula hypoleuca (?)
Bubela, Upupa epops
Cuco, Cuculus canorus
Rola, Streptopelia turtur
Torda, Turdus philomelos, Turdus spp.
Chicharra, Miliaria calandra
Pita dos nabos, Tetrax tetrax
Corrolí, Burhinus oedicnemus
Pedreiro, pode que sexa Oenanthe oenanthe (?)
Chazco, Saxicola rubicola
Letreira, Emberiza cirlus
Pintaxirga, Carduelis carduelis
Chinco, Fringilla coelebs
Milleiro, Serinus serinus
Verderol, Chloris chloris
Pardal, Passer domesticus
Tornillo, Sturnus unicolor
Corvelo, Corvus corone
Corvo, Corvus corax
Pega, Pica pica
Engatuñadeira, Certhia brachydactyla
Pitorrei grande, Picus viridis
Pitorrei pequeno, Dendrocopos major
Carriza, Troglodytes troglodytes
Cirifolla, Phylloscopus collybita, P. ibericus
Forneira, Sylvia undata
Foleca, Hippolais polyglotta
Merla, Turdus merula
Merla brava, Cinclus cinclus
Paporroibo, Erithacus rubecula
Raborroibo, Phoenicurus ochruros
Reisinol, Luscinia megarhynchos
Parpallaza, Coturnix coturnix
Lavandeira, Motacilla alba
Boeira, Motacilla flava
Anduriña, Hirundo rustica, Delichon urbicum
Vencello, Apus apus
Moucho, Athene noctua
Curuxa, Tyto alba, Strix aluco
Bufo, Bubo bubo
Perdiz, Alectoris rufa
Ave rapiña, Circus pygargus, Accipitridae
Tecelán, Falco tinnunculus
Ghabilán, Accipitridae
Berra, Gallinago gallinago
Pita das carballeiras, Scolopax rusticola
Avefría, Vanellus vanellus
Pato, Anas platyrhynchos, Anátidas, dicían que había dúas ou tres clases
Cighueña, Ciconia ciconia
Ághila, Buteo buteo, Accipitridae
Gharza, Ardea cinerea, tamén nos dixeron que lle daban este nome a unha rapiña diúrna sen especificar máis (?)
Arácnidos:
Licranzo, Buthus occitanus
Réptiles:
Viberón, Anguis fragilis
Lagharta, había de dúas clases, Podarcis guadarramae lusitanica, Psammodromus algirus
Anfibios:
Salamántigha, había a da auga e a da terra, Lissotriton boscai, Triturus marmoratus, Salamandra salamandra
Ranilla, Hyla molleri
Ran, Pelophylax perezi
Sapo cunqueiro, Bufo spinosus
Sapo pequeno, Alytes obstetricans
Insectos:
Matacabalos, Gryllotalpa gryllotalpa
Costureira, Guerris lacustris
Caldeirabeira, Dermápteros
Polboreta, Heteróceros
Vacaloura, Berberomeloe majalis
Ghaiteiro, Odonatos
Pita cegha, Coccinella septempunctata, dicíanlle así: "Pita cega, voa voa, cando pases pola miña casa heiche dar pan e cebola"
Mamíferos:
Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus
Rato papalbo, Eliomys quercinus
Gharduña, Martes martes, Martes foina
Doniña, Mustela nivalis
Tourón, Mustela putorius
Londra, Lutra lutra
Visón, Neovison vison, de recente introdución
Gato bravo, Felis silvestris
Toupa, Talpa occidentalis
Leiranco dos regueiros, Arvicola sapidus
Leiranco das casas, Rattus rattus, R. norvegicus
Algaria, Genetta genetta
Morcego, Quirópteros, había o pequeno e o grande
Moitas grazas aos informantes.
venres, 27 de novembro de 2020
Nomes e ditos sobre as aves en Rabal
O xoves 26 de novembro de 2020 xunto co antropólogo Bruno Rúa estivemos recollendo nomes e ditos sobre as aves na localidade de Rabal do concello de Oímbra.
Isto foi o que nos saíu:
Pardal, Passer domesticus, tamén lle chamaban Pardao
Carriza, Troglodytes troglodytes
Xunguí, non soubemos identificar a especie, poida que sexa Aegithalos caudatus (?)
Papafigos, Oriolus oriolus
Martín peixeiro, Alcedo atthis
Pega, Pica pica
Corvo, Corvus corone
Pernileiro, Burhinus oedicnemus
Chinchín, Fringilla coelebs
Paporrubio, Erithacus rubecula
Nabiñeiro, Serinus serinus
Picapau, Dendrocopos major
Bubela, Upupa epops
Cuco, Cuculus canorus
Gaio, Garrulus glandarius
Cutuvía, Lullula arborea
Cascarrollo, Lnaius meridionalis, L. collurio, L. senator
Lavandeira, Motacilla alba
Tanxo, Ficedula hypoleuca, tamén lle chamaban Tánxaro, tiñan o seguinte dito: "Dicíanlle as anduriñas aos tánxaros: Pronde vas tánxaro louco, vides moitos e marchais poucos. E o tánxaro respondía: E vós anduriñas putas, vindes poucas e marchais muitas."
Anduriña, Hirundo rustica
Rola, Streptopelia turtur
Laverca, Alauda arvensis
Ghilguero, Carduelis carduelis, dicían que os portugueses lle chamaban Pintasilvo
Chasco, Saxicola rubicola
Cutuluvís, Certhia brachydactyla
Pazpallá, Coturnix coturnix, dicían así: Estaban os guardiñas portugueses e dicían "compañía, alto lá" (imitando o son do pazpallá), "están todos os galegos?". E estes dicían "volta pra trás" (imitando outra vez o son dos pazpallá).
Moucho, Athene noctua
Curuxa, Tyto alba
Escribiente, Emberiza cirlus
Verderol, Chloris chloris
Tornillo, Sturnus unicolor
Rousinol, Luscinia megarhynchos, dicían así:
"o rousinol é badío,
fai o nino na ribeira,
tamén faría o meu
nunha meniña solteira"
Folecra, Hippolais polyglotta
Cheda, Sylvia undata (?)
Torda louca, Turdus philomelos, Turdus viscivorus (?)
Merlo, Turdus merula, dicían así: "Dicíalle a formiga ao merlo: Merlo cherlo, cherlo merlo, mentras que andas de gallas en gallas, traballaras de vrao pra comelo no inverno."
Pedreiro, Delichon urbicum
Moitas grazas aos informantes.
mércores, 4 de novembro de 2020
Nomes de Aves en Atrabe
O martes 3 de novembro de 2020 estivemos recollendo nomes vernáculos de Aves xunto co antropólogo Bruno Rúa na aldea de Atrabe do concello de Vilardevós.
Isto é o que nos saíu:
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Tecelán, Falco tinnunculus
Pardal, Passer domesticus
Merla, Turdus merula
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Avión, Oriolus oriolus
Anduriña, Hirundo rustica
Rola, Streptopelia turtur
Boeira, Motacilla flava
Lavandeira, Motacilla alba
Tornillo, Sturnus unicolor
Pombo, Columba palumbus
Parpallaza, Coturnix coturnix
Cutuluvía, Lullula arborea
Perdiz, Alectoris rufa
Carboeira, Sylvia undata (?)
Carriza, Troglodytes troglodytes, tamén lle chamaban Carriceira
Escribienta, Emberiza cirlus
Millarengo, Serinus serinus ou Linaria cannabina, non se soubo especificar
Cighueña, Ciconia ciconia
Patos bravos, Anas platyrhynchos
Pintasilvo, Carduelis carduelis
Corvelo, Corvus corone
Pegha, Pica pica, dicían que 'descastaron' moito
Pigharra, Garrulus glandarius
Trallón, Ficedula hypoleuca
Rosinol, Luscinia megarhynchos
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Pito, Picus sharpei
Porcopisco, non soubemos identificar a especie, era pequeno e andaba no inverno pola neve, era aneghrado, Prunella modularis (?). Dixéronnos o seguinte conto:
"Un home foi ás matanzas de todo o pobo e cando lle tocou a el facer a súa foron a abrir a porta da corte e díxolles á xente que tiveran coidado ao abrir a porta porque podía escapar o porco, xa que non o tiña, e ao abriren saíu o 'porcopisco' voando e dixo: Xa o deixastes escapar."
Menxengra, Parus major, Cyanistes caeruleus
Moucho, Athene noctua, Strix aluco
Curuxa, Tyto alba
Ghabilán, Accipitridae
Chasco, Saxicola rubicola
Pedreira, Phoenicurus ochruros (?)
Paporrubio, Erithacus rubecula
Ghrulla, Merops apiaster
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Bufo, Bubo bubo
Ave rapiña, Accipitridae
Aghilucho, Circus pygargus
Moitas grazas aos informantes.
sábado, 31 de outubro de 2020
Nomes de aves en Enxames
O venres 30 de outubro de 2020 andeivemos xunto o antropólogo Bruno Rúa recollendo nomes vernáculos de Aves na aldea de Enxames, do concello de Vilardevós.
Isto foi o que nos saíu:
Pardal, Passer domesticus
Lavandeira, Motacilla alba
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Rola, Streptopelia turtur
Pombo, Columba palumbus
Pito verdeal, Picus sharpei
Paspallá, Coturnix coturnix
Perdiz, Alectoris rufa
Pintasilva, Carduelis carduelis
Pigharro, Garrulus glandarius
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Merla, Turdus merula
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Rosinol, Luscinia megarhynchos
Tornillo, Sturnus unicolor
Corvelo, Corvus corone
Tecilán, Falco tinnunculus
Pegha, Pica pica
Cascarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Carriza, Trogodytes troglodytes
Asubideiro, Certhia brachydactyla
Furapao, Dendrocopos major
Foleca, Hippolais polyglotta
Anduriña, Hirundo rustica
Picapedra, non identificamos a especies (?)
Cighueña, Ciconia ciconia
Chazco, Saxicola rubicola
Paporrubio, Eritahacus rubecula
Nabiñaeiro, Serinus serinus
Pirluís, Burhinus oedicnemus
Cutuluvía, Lullula arborea
Galiñola, Gallinago gallinago
xoves, 29 de outubro de 2020
Máis nomes vernáculos de Fauna recollidos en Moialde, Lamardeite, Berrande e Arzoá
sábado, 24 de outubro de 2020
Nomes vernáculos de Fauna recollidos en Arzádegos e Vilarello de Cota
O venres 23 de outubro de 2020 xunto co antropólogo Bruno Rúa estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna en Arzádegos e Vilarello de Cota, do concello de Vilardevós.
Isto é o que os saíu:
* Arzádegos:
Aves:
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Paspallá, Coturnix coturnix
Merla, Turdus merula
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Carriza, Troglodytes troglodytes
Paporrubio, Erithacus rubecula
Pardal, Passer domesticus
Vaqueira, Motacilla flava
Lavandeira, Motacilla alba
Avión, Oriolus oriolus
Perdiz, Alectoris rufa
Pegha, Pica pica
Corvelo, Corvus corone
Picapao, Dendrocopos major
Ghilghero, Carduelis carduelis
Noitevoal, Caprimulgus europaeus
Curuxa, Tyto alba
Moucho, Athene noctua, Strix aluco
Escribenta, Emberiza cirlus, Emberiza spp.
Cutuluvía, Lullula arborea
Tornillo, Sturnus unicolor
Pigharro, Garrulus glandarius
Cazcarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Ghabilán, Accipitridae
Ave rapiña, Accipitridae
Tecelán, Falco tinnunculus
Chincharraíz, Miliaria calandra
Chinchín, Fringilla coelebs (?)
Nabiñeira, Serinus serinus
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Foleca, Hippolais polyglotta (?)
Chazca, Saxicola rubicola
Pedreiro, Phoenicurus ochruros
Anduriña, Hirundo rustica
Vencello, Apus apus
Pirluís, Burhinus oedicnemus
Galiñola, Gallinago gallinago
Cirifolla, Phylloscopus collybita, P. ibericus
Trepador, Certhia brachydactyla
Verderol, Chloris chloris
Pito verdeal, Picus sharpei
Réptiles:
Escouparón, Chalcides striatus
Bichorro, Anguis fragilis
Anfibios:
Salamanca, Salamandra salamandra
Arácnidos:
Alacrán, Buthus sp.
Insectos:
Cadela falsa, Deermápteros
Fedeghosa, Nezara viridula, tamén a nomearon como Pulgha do lobo
Xoaniña, Coccinella septepunctata
Mamíferos:
Doniña, Mustela nivalis, dicían así: "si te morde unha doniña busca a pala e a campaniña"
* Vilarello de Cota:
Languito, Certhia brachydactyla
Furapao, Dendrocopos major
Pirluís, Burhinus oedicnemus
Cirifolla, Phylloscopus collybita, P. ibericus
Cutuluvía, Lullula arborea
Cutuluvía curuchada, Alauda arvensis ou Galerida cristata (?)
Pito verdeal, Picus sharpei
Cardosiño, Serinus serinus (?)
Moitas grazas aos informantes.
mércores, 21 de outubro de 2020
Nomes vernáculos de Aves recollidos en Atás, As Corbaceiras e Cualedro
O martes 20 de outubro de 2020 xunto co antropólogo Bruno Rúa estivemos recollendo nomes vernáculos de Aves nas aldeas de Atás, As Corbaceiras e Cualedro.
Istes foron os resultados:
* Atás:
Aves:
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Rola, Streptopelia turtur
Pombo, Columba palumbus
Verdellá, Prunella modularis, "puña os ovos azuis"
Baraceiro, Oriolus oriolus
Gaio, Garrulus glandarius
Pega, Pica pica
Corvo, Corvus corone
Tornillo, Sturnus unicolor
Carrizo, Troglodytes troglodytes
Cutuvía, Lullula arborea
Laverca, Alauda arvensis
Vencella, Apus apus
Anduriña, Hirundo rustica
Paspallá, Coturnix coturnix
Perdiz, Alectoris rufa
Galiñola, Gallinago gallinago
Pita das poulas, Scolopax rusticola, "andaban onde hai carballeiras"
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Moucho, Athene noctua
Curuxa, Tyto alba
Escribenta, Emberiza cirlus
Lavandeira, Motacilla alba
Vaqueira, Motacilla flava
Paporrubio, Erithacus rubecula
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Pitorrei, Picus sharpei
Pardao, Passer domesticus
Pimpín, Fringilla coelebs
Ghilghero, Carduelis carduelis
Ameixengo, Parus major, Páridos
Merla, Turdus merula
Picapedreiro, Phoenicurus ochruros
Pernileiro, Burhinus oedicnemus, dicía sonarlle este nome (?)
Rosiñol, Luscinia megarhynchos
Garza, Ardea cinerea
Papamoscas, Ficedula hypoleuca, dicía sonarlle este nome (?)
Pato, Anas platyrhynchos
Cascarraba, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Gabilán, Accipitridae
Nabiñeiro, Serinus serinus
Ave rapiña, Accipitridae
Tecedeiro, Falco tinnunculus
Insectos:
Xoaniña, Coccinella septempunctata
Calaveira, Dermápteros
Fedeñenta, Nezara viridula
Pataquesa, Mantis religiosa
Mamíferos:
Algaria, Genetta genetta
Morcego, Quirópteros
Doniña, Mustela nivalis
Toruron; Mustela putorius
* As Corbaceiras:
Só recollimos a designación de Pardao para Passer domesticus
* Cualedro:
Pegha, Pica pica
Tornillo, Sturnus unicolor
Pardao, Passer domesticus
Bubela, Upupa epops
Cuco, Cuculus canorus
Mareleiro, Oriolus oriolus
Picaportas, Picus sharpei
Chasco, Saxicola rubicola
Cotoluvía, Lullula arborea
Laverca, Alauda arvensis
Lavandeira, Motacilla alba
Vencello, Apus apus
Azulenta, Prunella modularis
Carriza, Troglodytes troglodytes
Rola, Streptopelia turtur
Pombo, Columba palumbus
Perdiz, Alectoris rufa
Paspallá, Coturnix coturnix
Cascarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Nabiñeira, Serinus serinus
Corvo, Corvus corone
Trallón, Ficedula hypoleuca
Anduriña, Hirundo rustica
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Moitas grazas aos informantes.
sábado, 17 de outubro de 2020
Nomes vernáculos de Fauna recollidos en Camba
O venres 16 de outubro de 2020 estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna na aldea de Camba, do concello de Laza, xunto co antropólogo Bruno Rúa.
Isto é o que recollemos:
Aves:
Azuliña, Prunella modularis
Perdiz, Alectoris rufa
Ghaio, Garrulus glandariius
Corvo, Corvus corone, Corvus corax
Choia, Pyrrhocorax pyrrhocorax
Pega, Pica pica
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Laverca, Alauda arvensis
Merla, Turdus merula
Avefría, Vanellus vanellus
Pombo, Columba palumbus
Carriza, Troglodytes troglodytes
San Martiño, Alcedo atthis, tamén chamado Martiño peixeiro
Pardao, Passer domesticus
Peneireira, Falco tinnunculus
Miota, Ághilas en xeral, Accipritidae
Ghaliñola, Scolopax rusticola, andaba nas carballeiras, tamén a chamaron Chocha
Moucho, Athene noctua
Curuxa, Tyto alba
Vencello, Apus apus
Pica pao, Picus sharpei, Dendrocopos major (?), tamén lle chamaron Pito rei
Lavandeira, Motacilla alba
Paporrubio, Erithacus rubecula
Tordo, turdus philomelos, T. viscivorus, T. iliacus, T. pilaris, había dúas especies que se vían en bandos polo inverno
Chuchurughillo, dixéronnos que podía ser Fringilla coelebs (?), cría na primavera, tamaño pardao, castaño, peito cincento, parte azul enriba do bico
Escribaneta, Emberiza cirlus, Emberiza spp.
Pedreiro, Phoenicurus ochruros
Pintasilva, Carduelis carduelis, tamén lle chamaron Ghilguero en castelán
Ghabilán, Accipiter nisus, Accipitridae
Estornino, Sturnus unicolor
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Verderol, Chloris chloris
Perdiz charrela, Perdix perdix
Buitre, Gyps fulvus, Aegypius monachus, (en castelán)
Mamíferos:
Muricegho, Quirópteros
Réptiles:
Escáncer, Anguis fragilis, dicían así: "si o escáncer vira e o lo albentara non habría cousa que se lograra"
Insectos:
Cadela faldrexa, Dermápteros
Fedeghosa, Nezara viridula
Patasol, Coccinella septempunctata
Moitas grazas aos informantes.
xoves, 15 de outubro de 2020
E máis recollas de nomes vernáculos de Fauna por Soutocobo, Rexoxende e Tomonte
O mércores 14 de outubro de 2020 xunto co antropólogo Bruno Rúa andivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna por Soutocobo, Rexoxende e Tomonte, do concello de Vilardevós.
Isto é o que nos saíu:
* Soutocobo:
Aves:
Bubela, Upupa epops
Cuco, Cuculus canorus
Curuxa, Tyto alba
Moucho, Athene noctua
Milleiro, Linaria cannabina
Paporrubio. Erithacus rubecula
Merla, Turdus merula
Cutuluvía, Lullula arborea
Chasca, Saxicola rubicola
Carriza, Troglodytes troglodytes
Carboeira, Sylvia undata
Pigharra, Garrulus glandarius
Pardal, Passer domesticus
Chinchín, Fringilla coelebs
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Pito verdeal, Picus sharpei
Pito pequeniño, Dendrocopos major
Avión, Oriolus oriolus
Raborruzo, Phoenicurus ochruros
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Letreira, Emberiza cirlus
Fuleca, Hippolais polyglotta
Vaqueira, Motacilla flava
Lavandeira, Motacilla alba
Pedreira, Oenanthe oenanthe
Paspallota, Coturnix coturnix
Gherrero, Parus major, Páridos (?)
Pirluís, Burhinus oedicnemus
Cascarrolla, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Pintasilvo, Carduelis carduelis
Pegha, Pica pica
Noitevoal, Caprimulgus europaeus
Trallón, Ficedula hypoleuca
Rola, Streptopelia turtur
Corvelo, Corvus corone
Pombo, Columba palumbus
Tecelán, Falco tinnunculus
Ave rapiña, Circus pygargus, Accipitridae (?)
Ghabilán, Accipitridae
Ghrulla, Merops apiaster
Ghaliñola, Scolopax tusticola
Vencello, Apus apus
Anduriña, Hirundo rustica
Merlo righeireiro, Cinclus cinclus
Bufo, Bubo bubo
Arrulador, Strix aluco
Boi, unha rapiña nocturna que dicía así "boi-boi-boi, que anda buscando o boi que o perdeu" (?)
Arácnidos:
Macelón, Buthus occitanus, dicían así: "si te pica a víbora, o macelón ou o escouparón colle a aixada e o aixadón"
Réptiles:
Alicrán, Anguis fragilis, Chalcides striatus
Insectos:
Faldra cadela, Dermápteros
Mariposa, Coccinella septempunctata, chamábanlle así a esta especie
Vacaloura, Berberomeloe majalis
Barbatesa, Mantis religiosa, Empusa pennata
Fedeghosa, Nezara viridula
Matacabalos, Gryllotalpa gryllotalpa
Escarabagho, Coleópteros esterqueiros, "facía bolas na bosta das vacas"
Mamíferos:
Muricegho, Quirópteros
Miriápodos:
Rengla, Scolopendra cingulata
* Rexoxende:
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Carrizo, Troglodytes troglodytes
Carboeira, Sylvia undata
Floreca, Hippolais polyglotta
Bufo, Bubo bubo
Moucho, Athene noctua
Curuxa, Tyto alba
Lavandeira, Motacilla alba
Merla cachoeira, Cinclus cinclus
Merla abelleira, non soubemos identificar a especie, podía ser algún tipo de Tordo, Turdus sp. (?)
Torda, "había a grande e a pequena", Turdus viscivorus, T. philomelos
Escribienta, Emberiza cirlus
Cutuluvía, Lullula arborea
Pigharro, Garrulus glandarius
Pegha, Pica pica
Galiñola, "había a grande e a pequena", Scolopax rusticola, Gallinago gallinago (?)
Raborruzo, Phoenicurus ochruros
Paporrubio, Erithacus rubecula
Chazco, Saxicola rubicola
Trallón, Ficedula hypoleuca, "dicíanlle as anduriñas aos trallóns: Ponde ides trallós loucos, vindes muitos e marchais poucos. E vós anduriñas putas, vides poucas e marchais muitas"
Arrabuñaghatos, Certhia brachydactila
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Parpallaz, Coturnix coturnix
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Pintasilva, Carduelis carduelis, tamén chamado ghilghero
Serranchín, Parus major, Páridos
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Chincha, (?) pode que fose Fringilla coelebs
Pardal, Passer domesticus
Tornillo, Sturnus unicolor
Corvelo, Corvus corone
Pito verdeal, Picus sharpei
Pito, Dendrocopos major
Avión, Oriolus oriolus
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius sp.
Pedreira, Oenanthe oenanthe
Anduriña, Hirundo rustica
Vencello Apos apus
Tecelán, Falco tinnunculus
Culebrera, Circaetus gallicus
Ave rapiña, Circus pygargus
Avefría, Vanellus vanellus
Ghrulla, Merops apiaster
Mamíferos:
Muricegho, Quirópteros
Gineta, Genetta genetta, (en castelán)
Teixugho, Meles meles
Doniña, Mustela nivalis, dicían así: "a culebra come o sapo, o sapo come á doniña e a doniña come á culebra"
Gharuña, Martes foina
Arácnidos:
Bicho da uña, Buthus sp.
Rengla, un tipo de araña (?)
Réptiles:
Alacrán, Anguis fragilis, Chalcides striatus
Bicho da escada, Vipera latastei
Insectos:
Teresa, Mantis religiosa, Empusa pennata
Pousa ghaiteiro, Odonatos
Cabra louca, Gerris lacustris
Matacabalos, Furapozos, Grylllotalpa gryllotalpa
Mariquita, Coccinella septempunctata, (en castelán)
Faldracadela, Dermápteros
Fedeghosa, Nezara viridula
Monioco, eirugas de Lepidópteros
Vacaloura, Berberomeloa majalis
Miriápodos:
Cempés, Scolopendra cingulata
* Tomonte:
Carriza, Troglodytes troglodytes
Subideira, Certhia brachydactyla
Bufo, Bubo bubo
Cuco, Cuculus canorus
Picanza, Lanius meridionalis, L. sp.
Bubela, Upupa epops
Avión, Oriolus oriolus
Pegha, Pica pica
Pigharro, Garrulus glandarius
Corvelo, Corvus corone
Pito verdeal, Picus sharpei
Escribienta, Emberiza cirlus
Pintasilvo, Carduelis carduelis
Cotoluvía, Lullula arborea
Millarenga, Linaria cannabina (?)
Pardal, Passer domesticus
Merla, Turdus merula
Tornillo, Sturnus unicolor
Pedreira, Oenanthe oenanthe
Chazco, Saxicola rubicola
Vaqueira, Motacilla flava
Raborruzo, Phoenicurus ochruros
Paporrubio, Erithacus rubecula
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Laghoeireiro, Gallinago gallninago (?)
Pirluís, Burhinus oedicnemus
Trallón, Ficedula hypoleuca
Moitísimas grazas aos informantes.



















































