sábado, 17 de outubro de 2020

Nomes vernáculos de Fauna recollidos en Camba

O venres 16 de outubro de 2020 estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna na aldea de Camba, do concello de Laza, xunto co antropólogo Bruno Rúa.

Isto é o que recollemos:

Aves:

Azuliña, Prunella modularis

Perdiz, Alectoris rufa

Ghaio, Garrulus glandariius

Corvo, Corvus corone, Corvus corax

Choia, Pyrrhocorax pyrrhocorax

Pega, Pica pica

Cuco, Cuculus canorus

Bubela, Upupa epops

Laverca, Alauda arvensis

Merla, Turdus merula

Avefría, Vanellus vanellus

Pombo, Columba palumbus

Carriza, Troglodytes troglodytes

San Martiño, Alcedo atthis, tamén chamado Martiño peixeiro

Pardao, Passer domesticus

Peneireira, Falco tinnunculus

Miota, Ághilas en xeral, Accipritidae

Ghaliñola, Scolopax rusticola, andaba nas carballeiras, tamén a chamaron Chocha

Moucho, Athene noctua

Curuxa, Tyto alba

Vencello, Apus apus

Pica pao, Picus sharpei, Dendrocopos major (?), tamén lle chamaron Pito rei

Lavandeira, Motacilla alba

Paporrubio, Erithacus rubecula

Tordo, turdus philomelos, T. viscivorus, T. iliacus, T. pilaris, había dúas especies que se vían en bandos polo inverno

Chuchurughillo, dixéronnos que podía ser Fringilla coelebs (?), cría na primavera, tamaño pardao, castaño, peito cincento, parte azul enriba do bico

Escribaneta, Emberiza cirlus, Emberiza spp.

Pedreiro, Phoenicurus ochruros

Pintasilva, Carduelis carduelis, tamén lle chamaron Ghilguero en castelán

Ghabilán, Accipiter nisus, Accipitridae

Estornino, Sturnus unicolor

Noitevoá, Caprimulgus europaeus

Verderol, Chloris chloris

Perdiz charrela, Perdix perdix

Buitre, Gyps fulvus, Aegypius monachus, (en castelán)

Mamíferos:

Muricegho, Quirópteros

Réptiles:

Escáncer, Anguis fragilis, dicían así: "si o escáncer vira e o lo albentara non habría cousa que se lograra"

Insectos:

Cadela faldrexa, Dermápteros

Fedeghosa, Nezara viridula

Patasol, Coccinella septempunctata


Moitas grazas aos informantes.


Ningún comentario: