xoves, 29 de outubro de 2020

Máis nomes vernáculos de Fauna recollidos en Moialde, Lamardeite, Berrande e Arzoá

O mércores 28 de outubro de 2020 estivemos xunto co antropólogo Bruno Rúa recollendo máis nomes vernáculos de Fauna nas aldeas de Moialde, Lamardeite, Berrande e Arzoá, do concello de Vilardevós.

Istos foron os resultados:

* Moialde:

Aves:

Curuxa, Tyto alba, Strix aluco, tamén lle chamaban o páxaro da morte
Moucho, Athene noctua
Corvelo, Corvus corone
Bubela, Upupa epops
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Pito verdeal, Picus sharpei
Pito pequeno, Dendrocopos major, tamén lle dicían Pito bonito
Anduriña, Hirundo rustica
Golondrina, Delichon urbicum, (en castelán)
Carriza, Troglodytes troglodytes
Paporrubio, Erithacus rubecula
Merla truiteira, Cinclus cinclus
Escribienta, Emberiza cirlus
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Pedreira, Oenanthe oenanthe (?)
Pintasilvo, Carduelis carduelis
Verderón, Chloris chloris
Picacardo, Serinus serinus (?)
Chincha, Fringilla coelebs
Subideiro, Certhia brachydactyla
Pegha, Pica pica
Pigharra, Garrulus glandarius
Avión, Oriolus oriolus
Manxengra, Parus major, Cyanistes caeruleus, había a grande e a pequena
Cirifolla, Aegithalos caudatus, identificaban así a esta especie
Trallón, Ficedula hypoleuca, tamén di que lle chamban Chincho
Farrasca, non soubemos identificar a especie
Negrita, Sylvia undata
Vaqueira, Motacilla cinerea, andaba nos ríos
Torda, Turdus visccivorus
Cantabén, Turdus philomelos (?)
Cutuluvía, Lullula arborea, dicíanlle así: "Cutuluvía vía vía, canto maís alta máis asubía"
Cutuluvía pombeira, Alauda arvensis ou Galerida cristata (?)
Merla, Turdus merula
Chazca, Saxicola rubicola
Tanxo, Phoenicurus ochruros, tamén lle chamaban Temblón
Lavandeira, Motacilla alba
Grulla, Merops apiaster
Vencello, Apus apus
Noitevoá, Caprimulgus ruropaeus
Pombo, Columba palumbus
Rola, Streptopelia turtur
Galiñola, Gallinago gallinago
Tecelán, Falco tinnunculus, dicíanlle así: "Tice tice tecelán, faime unhes calcetíns e outros ó meu can"
Corvelo da faceira, Circus pygargus
Ghabilán, Accipitridae
Foleca, Hyppolais polyglotta
Pernil, Burhinus oedicnemus (?), dicían así: "Que te pico san pernil, traime aquí por un cadril"
Sementeira, Linaria cannabina

Insectos:

Barrosiño, Cooccinella septempunctata
Faldracadela, Dermápteros
Fedeghosa, Nezara viridula
Paramesa, Mantis religiosa, Empusa pennata, dicíanlle así: Paramesa pon a mesa, pon a mesa alta que se vexa". A súa ooteca usábana para facer durmir
Matacabalos ou Furapozos, Gryllotalpa gryllotalpa
Bicho do lobo, non soubemos identificar a especie, dicían que si se lle cortaba o rabo non preaba o lobo

Mamíferos:

Muricegho, Quirópteros
Lentegha, Genetta genetta
Turón, Mustela putorius
Doniña, Mustela nivalis
Gharduña, Martes martes, M. foina
Teixugho, Meles meles
Zorra, Vulpes vulpes, dicía así un conto: "Un galo escapando da zorra subiuse a un carballo e dende abaixo a zorra dicía: Serra meu rabo se queres comer galo. E dende arriba o galo dicía: Dios me libre de fouce e machado que rabo de zorra non corta carballo"
Liranco, Rattus rattus, R. norvegicus

Réptiles:

Alicranzo, Anguis fragilis
Bicho mordón, Vipera latastei
Laghartiña, Podarcis guadarramae lusitanica, Psammodromus algirus
Escoupariño, Chalcides striatus

Arácnidos:

Alacrán, Buthus occitanus

Anfibios:

Salamanca, Salamandra salamandra

* Lamardeite:

Ghraíña, Linaria cannabina

* Berrande:

Pardal, Passer domesticus
Anduriña, Hirundo rustica
Paporrubio, Erithacus rubecula
Azulenta, Prunella modularis
Merla, Turdus merula
Aviona, Oriolus oriolus
Pintasilva, Carduelis carduelis
Pega, Pica pica
Tecelán, Falco tinnunculus
Corvelo, Corvus corone
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Cutuluvía, Lullula arborea
Picacardos, Serinus serinus (?)
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Ameixendra, Parus major, Cyanistes caeruleus
Trallón, Ficedula hypoleuca
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Bubela, Upupa epops
Moucho, Athene noctua
Curuxa, Tyto alba
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Chazco, Saxicola rubicola
Vencello, Apus apus
Merla truiteira, Cinclus cinclus
Grulla, Merops apiaster
Pito verdeal, Picus sharpei
Pito carpinteiro, Dendrocopos major
Lavandeira, Motacilla alba
Carriza, Troglodytes troglodytes
Escribienta, Emberiza cirlus
Raborruzo, Phoenicurus ochruros
Ave rapiña, Accipitridae
Ghabilán, Accipitridae
Ghaliñola, Gallinago gallinago

* Arzoá:

Aves:

Carmo, Strixa aluco, xa tiñamos recollido antes o nome de Güio para esta especie e na misma localidade
Bufo, Bubo bubo
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Aviona, Oriolus oriolus
Merla truiteira, Cinclus cinclus
Pardal, Passer domesticus
Merla, Turdus merula
Pigharra, Garrulus glandarius
Pegha, Pica pica
Torda, Turdus viscivorus
Asilbadora, Turdus philomelos, "Torda que canta moi ben"
Anduriña, Hirundo rustica
Foleca, Sylvia undata, identificáronnos esta especie
Carriza, Troglodytes troglodytes
Pintasilva, Carduelis carduelis
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Escribenta, Emberiza cirlus
Corvelo, Corvus corone
Verderol, Chloris chloris
Millarengo, Serinus serinus, dicían tamén que comían no inverno dos Amieiros polo que tamén se referían á especie Carduelis spinus
Chincho, Fringilla coelebs
Tornillo, Sturnus unicolor
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Pito verdeal, Picus sharpei
Pito rateiro, Dendrocopos  major
Arrabuñador, Certhia brachydactyla
Ameixenra, Parus  major, Cyanistes caeruleus, Páridos, había varias especies
Trallón, Ficedula hypoleuca, dicían que "encontrábanse no camiño coas anduriñas, cando elas se marchaban viñan eles"
Chazco, Saxicola rubicola
Raborruzo, Phoenicurus ochruros
Azulenta, Prunella modularis
Lavandeira, Motacilla alba, M. cinerea, había a do río
Pazpallá, Coturnix coturnix
Perdiz, Alectoris rufa
Cutuluvía, Lullula arborea
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Ghaliñola, Gallinago gallinago
Ghabilán, Accipitridae
Tecelán, Falco tinnunculus
Gharza, Ardea cinerea
Pita de augha, Gallinula chloropus (?), non chegamos a confirmar a especie nese río Arzoá

Mamíferos:

Muricegho, Quirópteros

Insectos:

Barrosiño, coccinella septempunctata
Faldracadela, Dermápteros
Fedeghosa, Nezata viridula

Anfibios:

Salamanca, Salamandra salamandra

Réptiles:

Licranzo, Anguis fragilis

Moitísimas grazas aos informantes.

Ningún comentario: