Unha visión universal da Humanidade, a Natureza e o Alén dende a bisbarra de Monterrei
martes, 13 de outubro de 2020
Nomes vernáculos de Fauna en Terroso
domingo, 11 de outubro de 2020
E outros nomes recollidos en Santa Comba
O xoves 8 de outubro de 2020 estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna na aldea de Santa Comba, do concello de Vilardevós, xunto ao antropólogo Bruno Rúa e amigos.
Isto é o que nos saíu recollido de varios veciños da localidade:
Aves:
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Pombo, Columba palumbus
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Escribenta, Emberiza cirlus
Tornillo, Sturnus unicolor
Pigharra, Garrulus glandarius
Pegha, Pica pica
Corvelo, Corvus corone
Chincho, Fringilla coelebs
Serrachín, Parus major, Páridos
Merla truiteira, Cinclus cinclus
Pintsilva, Carduelis carduelis
Trallón, Ficedula hypoleuca
Avión, Oriolus oriolus
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Cotolovía, Lullula arborea
Paporrubio, Erithacus rubecula
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Carriza, Troglodytes troglodytes
Azulenta, Prunella modularis
Chasco, Saxicola rubicola
Nabiñeiro, Serinus serinus
Pardal, Passer domesticus
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Lavandeira, Motacilla alba
Ita, " co rabo largo, escura", poida que fose Sylvia undata (?)
Anduriña, Hirundo rustica
Vencello, Apus apus
Pito verdeal, Picus viridis
Pito abelleiro, Dendrocopos major
Moucho, Athene noctua, Strix aluco (?)
Curuxa, Tyto alba
Carboeiro, non soubemos identificar a especie
Pita d'augha, non soubemos identificar a especie xa que aquí non hai Gallinula chloropus
Pazpallá, Coturnix coturnix
Escribiente, Emberiza cirlus
Ghabilán, Accipitridae
Tecelán, Falco tinnunculus
Paxaro da augha, (?) porque cando cambia o tempo fai "pi-pi-pi"
Millarengho, Linaria cannabina (?)
Falepo, Hippolais polyglotta (?)
Pedreiro, Phoenicurus ochrorus
Noitevoá, Caprimulgus europaeus, "cando unha persoa é moi fea din que parece un noitevoá"
Tuíz, (?) semellante ao Serranchín, poida que sexa Aegithalos caudatus (?)
Ghaviota, Venellus vanellus
Ave rapiña, Circus pygargus
Galiñuela, Gallinago gallinago
Chova, Pyrrhocorax pyrrhocorax
Arrabuñón, Certhia brachydactyla
Pica peixe, Motacilla cinerea
Pitapía, Alcedo athis
Mamíferos:
Muricegho, Quirópteros
Miriápodos:
Escouparón, Scolopendra cingulata, confundían este nome co do Anguis fragilis
Réptiles:
Alicranzo, Anguis fragilis
Escoupariño, Chalcides striatus
Anfibios:
Salamanca, Salamandra salamandra
Insectos:
Faldra cadela, Dermápteros
Renla, Berberomeloe majalis
Escarabella (?)
Barrosa / Barrosiña, Coccinella septempunctata, din así: "Barrosiña voa voa, vai onda túa mai, que che ei dar pan e cebola"
Pataquesa, Mantis religiosa, Empusa pennata, din así: "pataquesa pon a mesa que pouco pesa"
Tamén algo de Flora:
Arzaña, Lavandula stoechas
Fionllo, foeniculum vulgare
Moitísimas grazas aos veciños que nos informaron.
venres, 9 de outubro de 2020
E máis nomes recollidos de aldeas do concello de Vilardevós
O mércores 7 de outubro do 2020, cxunto co antropólogo Bruno Rúa, estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna en aldeas do concello de Vilardevós.
Istos foron os resultados:
* A Moimenta:
Anduriña, Hirundo rustica
Pegha, Pica pica
Moucho, Athene noctua, Strix aluco, facía aasí "mou-mou"
Bubela, Upupa epops
Rola, Streptyopelia turtur
Tornillo, Sturnus unicolor
Pombo, Columba palumbus
Pardal, Passer domesticus
Carriza, Troglodytes troglodytes
Chazco, Saxicola rubicola
Paspallota, Coturnix coturnix, "se cantaba sete ou oito veces é que había moito grao, se só dúas ou tres é que non había nada"
Pigharro, Garrulus glandarius
Corvelo, Corvus corone
Lavandeira, Motacilla cinerea
Vaqueira, Motacilla flava
Merla righeireira, Cinclus cinclus
Paporrubio, Erithacus rubecula
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Tordo, Turdus philomelos, Turdus viscivorus
Escribienta, Emberiza cirlus
Milleiro, Linaria cannabina (?)
Ghabilán, Accipitridae
Curuxa, Tyto alba
Vencello, Apus apus
Cotolovía, Lullula arborea, " Cotolovía voa voa, canto máis alto máis asubía"
Avión, Oriolus oriolus
Pintasilva, Carduelis carduelis, tamén chamado co castelanizado ghilghero
Pito verdeao, Picus viridis
Chinchín verdeao, Chloris chloris
Cazcarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Foleca, Hyppolais polyglotta
Trallón, Ficedula hypoleuca
* Dona Elvira, recollido de Paco de 78 anos de idade:
Aves:
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Pito verdeao, Picus viridis, dicía que había de dúas clases seguramente referíncose a Dendrocopos major
Rola, Streptopelia turtur
Cazcarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Vaqueira, Motacilla flava
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Carrizo, Troglodytes troglodytes
Foleca, Hippolais polyglotta
Cotolovía, Lullula arborea
Pigharro, Garrulus glandarius
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Pombo, Columba palumbus
Merla, Turdus merula
Pintasilva, Carduelis carduelis, tamén o castelanizado ghilghero
Azulenta, Prunella modularis
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Chinchín arrabuñón, Certhia brachydactyla
Perdiz, Alectoris rufa
Pazapallota, Coturnix coturnix
Vencello, Apus apus
Anduriña, Hirundo rustica
Trallón, Ficedula hypoleuca
Paporrubio, Erithacus rubecula
Chazco, Saxicola rubicola
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Ave rapiña, Circus pygargus (?)
Merla righeireira, Cinclus cinclus
Corvelo, Corvus corone
Pegha, Pica pica
Milleiro, Linaria cannabina (?)
Escribideira, Emberiza cirlus
Moucho, Athene noctua, Strix aluco
"En Dona Elvira dicían que cando ían para Osoño, cara a encomenda, que alí non criaba a Merla que criaba a Cotolovía que é zona escrava de moito sol"
Réptiles:
Escouparón, Anguis fragilis, Chalcides striatus (?)
Arácnidos:
Alacrán, Buthus occitanus
Insectos:
Cadela faldrexa, Dermápteros
Xoaniña, Coccinella septempunctata, "Xoaniña voa voa que vas comer pan e cebola"
* Trasigrexa:
Cutuluvía, Lullula arborea
Pegha, Pica pica
Rosinol, Luscinia megarhynchos
Bubela, Upupa epops
Merla, Turdus merula
Chasco, Saxicola rubicola
Pardal, Passer domesticus
Paporrubio, Erithacus rubecula
Anduriña, Hirundo rustica
Moucho, Athene noctua, Strix aluco (?)
Curuxa, Tyto alba
Tecelán, Falco tinnunculus
Cigüeña, Ciconia ciconia, en castelán, dicían que "cando cantaba a cigüeña polo pé dos pobos é sinal de morte"
Corvelo, Corvus corone
Pito verdeao, Picus viridis
Pito carpinteiro, Dendrocopos major
Vaqueira, Motacilla flava
Pastoriña, Motacilla alba
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Avión, Oriolus oriolus
Chinchín, Parus major (?)
Pazpallota, Coturnix coturnix
Cascarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
* A Fraira:
Avión, Oriolus oriolus
Pigharro, Garrulus glandarius
Pito verdeao, Picus viridis
Pastoriña, Motacilla alba
Pazpallota, Coturnix coturnix
Rosinol, Luscinia megarhynchos
Tecelán, Falco tinnunculus
Corvelo, Corvus corone
Chasco, Saxicola rubicola
Carriza, Troglodytes troglodytes
Cotoluvía, Lullula arborea
Vencello, Apus apus
Anduriña, Hirundo rustica
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Paporrubio. Erithacus rubecula
Milleiro, Linaria cannabina (?)
Merla, Turdus merula
Nabiñeiro, Serinus serinus
Pegha, Pica pica
Noitevoa, Caprimulgus europaeus
Pintosilvo, Carduelis carduelis
Moucho, Athene noctua, Strix aluco (?)
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Curuxa, Tyto alba
Verderolo, Chloris chloris
Ghabilán, Accipitridae
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Pernileiro, Burhinus oedicnemus
Foleca, Hippolais polyglotta
martes, 6 de outubro de 2020
E seguimos con recolla de nomes vernácuclos de Fauna desta vez en aldeas do Concello de Vilardevós
O luns 5 de outubro de 2020, xunto co antropólogo Bruno Rúa, estivemos recollendo nomes nas aldeas de Bustelo, Bemposta, Osoño, Hospital e A Devesa, do concello de Vilardevós.
Isto é o que nos saíu:
* Bustelo, recollidos de Benjamín Colmenero Álvarez, de 75 anos de idade:
Aves:
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Pardal, Passer domesticus
Merla, Turdus merula
Avión, Oriolus oriolus, tamén lle chamou Ourinol
Paporrubio, Erithacus rubecula
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Carriza, Troglodytes troglodytes
Curuxa, Tyto alba
Moucho, Strix aluco
Bufo, Bubo bubo (?)
Pombo, Columba plaumbus
Tecilán, Falco tinnunculus
Cutuluvía, Lullula arborea
Lavandeira, Motacilla alba
Vaqueira, Motacilla flava
Paspallota, Coturnix coturnix
Ghabilán, Accipitridae
Ave rapiña, Circus pygargus (?)
Pernileiro, Burhinus oedicnemus, "comía os navos"
Anduriña, Hirundo rustica
Pito verdeao, Picus viridis
Verderolo, Chloris chloris
Chinchín, Fringilla coelebs
Milleiro, Linaria cannabina (?)
Nabiñeiro, Serinus serinus
Pintosilgho, Carduelis carduelis
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Cascarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Corvelo, Corvus corone
Tornillo, Sturnus unicolor
Pigharro, Garrulus glandarius
Chasco, Saxicola rubicola
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Mamíferos:
Morcegho, Quirópteros
Insectos:
Xoaniña, Coccinella septempunctata
Paramesa, Mantis religiosa
* Bemposta:
Aves:
Ourinol, Oriolus oriolus
Pito verdeao, Picus viridis
Pazpallá, Coturnix coturnix
Tornillo, Sturnus unicolor
Pigharro, Garrulus glandarius
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Cazcarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Pardiño, Linaria cannabina, dicían así:
"Andai pardiños loucos,
ides muitos e vides poucos.
E vós fato de putas,
ides poucas e marchais muitas."
Foleca, Hippolais polyglotta
Trallón, Ficedula hypioleuca
Chinchín, Fringilla coelebs
Cinchaqrrán, Parus major, Páridos
Pastoriña, Motacilla alba
Perdiz, Alectoris rufa
Milleiro, Linaria cannabina (?)
Ghilghero, Carduelis carduelis, (castelanizado)
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Pegha, Pica pica
Cuco, Cuculus canorus
Pernileiro, Burhinus oedicnemus
Merla rigueireira, Cinclus cinclus
Mamíferos:
Muricegho, Quirópteros
Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus
Insectos:
Barbatesa, Mantis religiosa
Sabeliña, Coccinella septempunctata
Vacaloura, Berberomelo majalis
Cadela faldrexa, Dermápteros
Arácnidos:
Alacrán, Buthus sp.
Anfibios:
Salamanca, Salamandra salamandra
Sapo cunqueiro, Bufo spinosus
* Osoño, recollido de varias veciñas e de Lorenzo:
Cascarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Pardal, Passer domesticus
Ourinol, Oriolus oriolus, dicíanlle así:
"Perico levou,
(e o ourinol respostaba) cereixa madura,
(e seguían dicindo) quena pillara"
Pegha, Pica pica
Corvelo, Corvus corone
Rola, Streptopelia turtur
Ghabalucha, (de ghabilán), Accipitridae
Curuxa, Tyto alba
Pito verdeao, Picus viridis
Ave rapiña, Circus pygargus (?)
Tornillo, Sturnus unicolor
Merla, Turdus merula
Merla righeireira, Cinclus cinclus
Anduriña, Hirundo rustica
Pazpallá, Coturnix coturnix
Escribenta, Emberiza cirlus
Chasco, Saxicola rubicola
Noiteboa, Caprimulgus europaeus
Moucho, Strix aluco, Athene noctua, Otus scops, (había varias especies)
Pombo, Columba palumbus
Pernileiro, Burhinus oedicnemus
Pito verdeao, Picus viridis
Vencella, Apus apus
Pastoriña, Motacilla alba
Pardiños, Linaria cannabina (poida que sexa unh aforma castelanizada de Pardillo)
Paporrubio, Erithacus rubecula
Chinchín, Fringilla coelebs
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Milleiro, nos nabos Carduelis cannabaina (?)
Nabiñeiro, Serinus serinus, "andaban nos nabos"
Verdeloro, Chloris chloris
Pigharro, Garrulus glandarius
Trallón, Ficedula hypoleuca
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Cutuluvía, Lullula arborea
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Noitevoaz, Caprimulgus europaeus
Escribienta, Emberiza cirlus
Tentedarraíz, Miliaria calandra
Moneón, Certhia brachydactyla
Rabarruza, Phoenicurus ochruros
Pintosilvo, Carduelis carduelis, tamén recollimos o castelanizado Ghilghero
Mito, Aegithalos caudatus, (en castelán)
Chincharrán, Parus major, Páridos
Pinzón, Pyrrhula pyrrhula, identificado así en castelán
Folecca, Hippolais polyglotta
Bufo, Bubo bubo
Marusiño, Regulus ignicapillus
Anfibios:
Salamanca, Salamandra salamandra
Réptiles:
Bichorro, (?) era como un lagharto, velenoso (máis ben un animal mitolóxico)
Insectos:
Cadela faldrexa, Dermápteros
Arácnidos:
Alacrán, Buthus occitanus
Flora:
Sangubiño, Sambucus nigra
* Hospital:
Corvo, Corvus corone
Pegha, Pica pica
Pardal, Passer domesticus
Pombo, Columba palumbus
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Cascarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Anduriña, Hirundo rustica
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Moucho, Strix aluco
Curuxa, Tyto alba
Pito, Picus viridis
Rola, Streptopeli turtur
Pomo, Columba palumbus
Tornillo, Sturnus unicolor
Carriza, Troglodytes troglodytes
Merla, Turdus merula
Pazpallota, Coturnix coturnix
Paporrubio, Erithacus rubecula
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Milleiro, Linaria cannabina (?)
Cutuluvía, Lullula arborea
Pastoriña, Motacilla alaba
Pernileiro, Burhinus oedicnemus
Corvelo, Corvus corone
Escribenta, Emberiza cirlus
Chincharrán, Parus major, Páridos
* A Devesa:
Cuco, Cuculus canorus
Pardal, Passer domesticus
Bubela, Upupa epops
Merla, Turdus merula
Pintosilvo, Carduelis carduelis
Paspallota, Coturnix coturnix
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Milleiro, Linaria cannabina (?)
Escribenta, Emberiza cirlus
Carriza, Troglodytes troglodytes
Rosinol, Luscinia megarhynchos
Pastoriña, Motacilla alba
Anduriña, Hirundo rustica
Vencelleiro, Apus apus
Pombo, Columba palumbus
Rola, Streptopelia turtur
Pigharro, Garrulus glandarius
Pegha, Pica pica
Moucho, Strix aluco, Athene noctua (?)
Curuxa, Tyto alba
Corvelo, Corvus corone
Tecelán, Falco tinnunculus
Perdia, Alectoris rufa
Chinchín, Fringilla coelebs
Chincharrán, Parus major, Páridos
Pernileiro, Burhinys oedicnemus
Cutuluvía, Lullula arborea
Chasco, Saxicola rubicola
Millarengo, Serinus serinus (?), "come as nabiñas"
Xirifa, Aegithalos caudatus
Foleca, Hippolais polyglotta
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus, T. iliacus, T. pilaris, "veñen na neve"
Pito verdeao, Picus viridis
Pito, Dendrocopos major
Paporrubio, Erithacus rubecula
Avión, Oriolus oriolus
Tornillo, Sturnus unicolor
Verdeloro, Chloris chloris
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Escribienta, Emberiza cirlus
Moitas grazas a todos os veciños informantes.
luns, 5 de outubro de 2020
E máis nomes vernaculos recollidos na Xironda e na Pedrosa
venres, 2 de outubro de 2020
Máis nomes de Fauna recollidos en aldeas do concello de Castrelo do Val
O martes 29 de setembro de 2020 xunto co antropólogo Bruno Rúa estivemos recollendo máis nomes vernáculos de Fauna por varias aldeas do concello de Castrelo do Val.
Istos son os resultados:
* Sampaio, recollidos de Pilar Pérez:
Merla, Turdus merula
Pombo, Columba palumbus
Cuco, Cuculus canorus
Pegha, Pica pica
Ghaio, Garrulus glandarius
Codorniz, Cotyurnix coturnix
Pardao, Passer domesticus
Carrizo, Troglodytes troglodytes
Escribenta, Emberiza cirlus
Lavandeira, Motacilla cinerea
Moucho, Strix aluco, Athene noctua (?), non nos souberon identificar certo
Chasco, Saxicola rubicola
Piro verdeao, Picus sharpei
Pito rei, Dendrocopos major
Xilghero, Carduelis carduelis
Pico de abella (?) non o soubemos identificar
Rola, Streptopelia turtur
Tordos, Turdus philomelos, T. viscivorus
Tornillo, Sturnus unicolor
Corvo, Corvus corone, recollimos que "come as pitas" (?)
Perdiz, Alectoris rufa
Perdiz da augha, "co pico largho", imaxinamos que poida ser Gallinago gallinago
Anduriña, Hirundo rustica, identificaban "máis grandes e máis pequenas"
Cutuluvía, Lullula arborea
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
* Monteveloso, recollido de Aurelio Martínez de 86 anos:
Cuco, Cuculus canorus
Anduriña, Hirundo rustica
Bubela, Upupa eopos
Pegha, Pica pica
Pigharro, Garrulus glandarius
Cutuluvía, Lullula arborea
Pito verdeao, Picus viridis
Avión, Oriolus oriolus
Pito rei, Dendrocopos major
Tornillo, Apus apus, así o identificaban aí confundido co Sturnus unicolor
Pardal, Passer domesticus
Merla, Turdus merula
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Chasco, Saxicola rubicola
Escribenta, Emberiza cirlus
Corvo, Corvus corone
Ave rapiña, Accipritidae, dúas clases (?)
Ave, Accipitridade, xenérico para as rapinas diurnas
Tecelán, Falco tinnunculus,
"tece tece, tecelán,
unhas calzas pro meu can"
Lavandeira, Motacillla cinerea
Carriza, Troglodytes troglodytes
Moucho (?), Athene noctua, Strix aluco, non soubemos identificalo
Curuxa, Tyto alba
Paspallota, Coturnix coturnix
* Piornedo:
Pegha, Pica pica, "viñan cando alguén morría"
Corvo, corvus corone
Pigharro, Garrulus glandarius
Carrizo, Troglodytes troglodytes
Pardal, Passer domesticus
Paporrubio, Erithacus rubecula
Cotoluvía, Lullula arborea,
"cotoluvía vía vía,
canto máis alto máis asubía"
Labrandeira. Motacilla alba
Pombo, Columba palumbus
Rola, Streptopelia turtur
Paspallota, Streptopelia turtur
Bubela, Upupa epops
Cigüeña, Ciconia ciconia, (en castelán)
Moucho, Strix aluco
Curuxa, Tyto alba
Merla, Turdus merula
Tornillo, Sturnus unicolor (?)
Azulenta, Prunella modularis
Escribenta, Emberiza cirlus
Arcón (?), rapiña (?), non soubemos identificar, sería derivado de falcón (?)
Birlo, Sturnus unicolor (?), non soubemos identificar ben
Vencello, Apus apus
Anduriña, Hirundo rustica
Muricegho, Quirópteros
* Sanguñedo, recollido de gerardo Afonso Otero de 76 anos:
Pigharro, Garrulus glandarius
Mirlo, Turdus merula
Tornillo, Sturnus unicolor
Avión, Oriolus oriolus
Pito verdeallo, Picus sharpei
Azulenta, Prunella modularis, dicía que "había dúas" (?)
Pardal, Passer domesticus
Carrizo, Troglodytes troglodytes
Paspallota, Coturnix coturnix
Choia, Corvus corone (?)
Ághila, Accipitridae (?)
Halcón, (?) dicía que "come as abellas", Pernis apivorus (?)
Ataíño, Falco tinnunculus
Moucho, Strix aluco (?)
Bufo, Bubo bubo
Lavandeira, Motacilla alba
Ghilghero, Carduelis carduelis, (castelanizado)
Paporrubio, Erithacus rubecula
Escribenta, Emberiza cirlus
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Noiteboa, Caprimulgus europaeus
Anduriña, Hirundo rustica
Cutuluvía, varias especies, Lullula arborea, Alauda arvensis (?)
Merla troiteira, Cinclus cinclus
Municeho, Quirópteros
* Veiga de Nostre:
Bubela, Upupa epops
Anduriña, Hirundo rustica
Vencegho, Apus apus (castelanizado)
Corvo, Corvus corone (?)
Choia, Pyrrhocorax pyrrhocorax, "máis pequena co corvo"
Merla, Turdus merula
Merlo truiteiro, Cinclus cinclus
Lavandeira, Motacilla alba
Carrizo, Troglodytes troglodytes
Escribenta, Emberiza cirlus
Pardal, Passer domesticus
Azulenta, Prunella modularis
Cuco, Cuculus canorus
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Pito verdeal, Picus viridis
Ghilghero, Carduelis carduelis
Pigharro, Garrulus glandarius
Curuxa, Tyto alba
Moucho, Athene noctua (?)
Buho, Bubo bubo, (en castelán)
Paporrubio, Erithacus rubecula
Ferreiro, Phoenicurus ochruros
Rola, Streptopelia turtur
Cutuvía, Lullula arborea
Paspallota, Coturnix coturnix
Perdiz, Alectoris rufa
Aiga, (?) coñecíase pero non se soubo identificar, "polas noites" (?), imaxinamos que podería ser Aquila chrysaetos sen poder aseguralo (?)
Noitevoá, Carpimulgus europaeus
Moitas grazas aos informantes.
xoves, 1 de outubro de 2020
Máis recollas de nomes vernáculos de paxaros
O sábado 26 de setembro de 2020 continuamos coa recolla de nomes vernáculos de aves nunha rota por Pedroso, no concello do Riós, xunto con Bruno Rúa, Claudio Álvarez e Santiago González.
Os nomes foron facilitados por Encarnación María Pérez Peña de 67 anos de idade, agradecémoslle a súa amable colaboración.
Isto é o que nos dixo:
Pegha, Pica pica
Merla, Turdus merula
Pardal, Passer domesticus
Avión, Oriolus oriolus
Paporrubio, Erithacus rubecula
Rola, Streptopelia turtur
Carriza, Troglodytes troglodytes
Cutuluvía, Lullula arborea
Pombo, Columba palumbus
Curuxa, Tyto alba, tamén se referían a ela como "a páxara da morte"
Anduriña, Hirundo rustica
Bubela, Upupa epops
Cuco, Cuculus canorus
Cigüeña, Ciconia ciconia, (en castelán)
Corvelo, Corvus corone
Tecilán, Falco tinnunculus
Choia, Pyrrhocorax pyrrhocorax, "eran neghras"
Tornillo, Sturnus unicolor
Escribana, Emberiza cirlus
Chasco, Saxicola rubicola
Pito verdeal, Picus viridis
Ghabilán, Accipitridae
Ave rapiña, poida que Circus pygargus
Lavandeira, Motacilla alba
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Moucho, poida que Strix aluco
Merla troiteira, Cinclus cinclus
Rosinol, Luscinia megarhynchos
Avefría, Vanellus vanellus
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Ghilghero, Carduelis carduelis, (castelanizado)
Tamén recollimos uns nomes da aldea de Pentes, no concello da Gudiña. Son os seguintes:
Labrandeira, Motacilla alba
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Alupéndaro, Oriolus oriolus







































