O sábado 26 de setembro de 2020 continuamos coa recolla de nomes vernáculos de aves nunha rota por Pedroso, no concello do Riós, xunto con Bruno Rúa, Claudio Álvarez e Santiago González.
Os nomes foron facilitados por Encarnación María Pérez Peña de 67 anos de idade, agradecémoslle a súa amable colaboración.
Isto é o que nos dixo:
Pegha, Pica pica
Merla, Turdus merula
Pardal, Passer domesticus
Avión, Oriolus oriolus
Paporrubio, Erithacus rubecula
Rola, Streptopelia turtur
Carriza, Troglodytes troglodytes
Cutuluvía, Lullula arborea
Pombo, Columba palumbus
Curuxa, Tyto alba, tamén se referían a ela como "a páxara da morte"
Anduriña, Hirundo rustica
Bubela, Upupa epops
Cuco, Cuculus canorus
Cigüeña, Ciconia ciconia, (en castelán)
Corvelo, Corvus corone
Tecilán, Falco tinnunculus
Choia, Pyrrhocorax pyrrhocorax, "eran neghras"
Tornillo, Sturnus unicolor
Escribana, Emberiza cirlus
Chasco, Saxicola rubicola
Pito verdeal, Picus viridis
Ghabilán, Accipitridae
Ave rapiña, poida que Circus pygargus
Lavandeira, Motacilla alba
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Moucho, poida que Strix aluco
Merla troiteira, Cinclus cinclus
Rosinol, Luscinia megarhynchos
Avefría, Vanellus vanellus
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Ghilghero, Carduelis carduelis, (castelanizado)
Tamén recollimos uns nomes da aldea de Pentes, no concello da Gudiña. Son os seguintes:
Labrandeira, Motacilla alba
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Alupéndaro, Oriolus oriolus
Ningún comentario:
Publicar un comentario