luns, 5 de outubro de 2020

E máis nomes vernaculos recollidos na Xironda e na Pedrosa

O mércores 30 de setembro de 2020 xunto con Bruno Rúa e Claudio Álvarez estivemos recollendo máis nomes vernáculos de Fauna nas aldeas da Xironda e A Pedrosa, do concello de Cualedro.

Istos foron os resultados:

* A Xironda, recollido de varios veciños:

Aves:
Bubela, Uppa epops
Chinchín, Fringilla coelebs
Cuco, Cuculus canorus
Chazco, Saxicola rubicola
Domingonobelo, Oriolus oriolus
Ave rapiña, Circus pygargus
Ghaio, Garrulus glandarius
Pito rei, Picus viridis, Dendrocopos major (?)
Anduriña, Hirundo rustica
Sabarina, non a soubemos identificar, era moi pequena, poida que Phylloscopus (?)
Cutuluvía, Lullula arborea
Fuleca, Hippolais polyglotta (?)
Laverca, Alauda arvensis
Paporroibo, erithacus rubecula
Parpallaza, Coturnix coturnix
Torcelán, Falco tinnunculus
Arnabico, Burhinus oedicnemus
Barreiro, Delichon urbicum
Sisón, Tetrax tetrax
Pintasilgho, Carduelis carduelis, tamén recollimos para esta especie o nome de castelanizado de ghilghero
Avefría, Vanellus vanellus
Gabián, Accipitridae
Moucho, Strix aluco (?)
Curuxa, Tyto alba
Tordo, Turdus philomelos, T. viscivorus
Cazcarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Nabiñeiro, Serinus serinus
Rola, Streptopelia turtur
Pombo, Columba palumbus
Verderolo, Chloris chloris
Pardal, Passer domesticus
Carriza, Troglodytes troglodytes, dicían así "vai chover que canta a carriza"
Corvelo, Corvus corone
Boieira, Motacilla flava
Estornillo, Apus apus, identificaban así a esta especie en confusión con Sturnus unicolor
Melro, Sturnus unicolor
Melra, Turdus merula
Lavandeira, Motacilla alba
Pegha, Pica pica
Neghreira, Phoenicurus ochruros
Enghatuñadeira, Certhia brachydactyla
Pita das carballeiras, Scolopax rusticola
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Noitevoada, Caprimulgus europaeus
Perdiz, Alectoris rufa
Couca, (?) non a soubemos identificar, o seu son era así "cou-cou-cou"
Cighueñas, Ciconia ciconia, (castelanizado)
Gharza, Ardea cinerea
Pita do río, polas descripcións debía ser Cinclus cinclus e nonGallinula chloropus (?)

Réptiles:
Escouparón, Anguis fragilis
Cobra, Colubridae
Víbora, Vipera sp.
Lagharto, Timon lepidus, Lacerta schreiberi
Lagharta, Podarcis guadarramae lusitanica, Psammodromus algirus

Anfibios:
Salamántigha, Salamandra salamandra
Ra, Pelophylax perezi
Ranilla, Hyla molleri
Sapo cunqueiro, Bufo spinosus

Arácnidos:
Licranzo, Buthus occitanus

Insectos:
Zapateiro, Coccinella septempunctata, dicíanlle así:
"Zapateiro  voa voa,
leva as cartas a Lisboa,
cando veñas pola miña casa
heiche dar pan e cebola."
Candaveigha, Dermápteros
Vacaloura, Berberomelo majalis
Aos Odonatos chamábanlles Helicópteros
Chicharra, Cicádidos
Carballiña tesa, Mantis religiosa
Aceiteiro, (?) non soubemos identificar a especie
Custureira, Gerris lacustris

Mamíferos:
Doniña, Mustela nivalis
Algharia, Genetta genetta
Tourón, Mustela putorius
Teixugho, Meles meles
Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus
Raposo, Vulpes vulpes
Lobo, Canis lupus
Leirón, Rattus rattus, Rattus novergicus
Toupa, Talpa occidentalis

* A Pedrosa, recollido de Elías Álvarez Álvarez, de 82 anos de idade:

Aves:
Pernileiro, Burhinus oedicnemus
Perdiz, Alectoris rufa
Ghaio, Garrulus glandarius
Cirifolla, Phylloscopus spp.
Pegha, Pica pica
Foleca, Hippolais polyglotta (?)
Bubela, Upupa epops
Ghatuñadeira, Certhia brachydactyla
Cuco, Cuculus canorus
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Nabiñeiro, Serinus serinus
Tordo, Turdus philomelos, T. viscivorus
Carriza, Troglodytes troglodytes
Estornillo, Apus apus
Curuxa, tyto alba
Corvo, Corvus corone, C. corax (?)
Chazco, Saxicola rubicola
Cascarrollo, Lanius meridionalis, L. spp.
Pardal, Passer domesticus
Chicharra, Miliaria calandra
Melra, Turdus merula
Escribenta, Emberiza cirlus
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Galiñola, Gallinago gallinago
Parpallaza, Coturnix coturnix
Pita das touzas, Scolopax rusticola
Pombo, Columba palumbus
Cutuvía, Lullula arborea, dicíanlle asi: "Cutuvía canto máis alta más asubía"
Rola, Streptopelia turtur
Laverca, Alauda arvensis
Ghilghero, Carduelis carduelis, (castelanizado)
Chinchín, Fringilla coelebs
Milleiro, Linaria cannabina
Pito ferreiro, Picus viridis
Domingonobelo, Oriolus oriolus, tamén lle chamaron Amareleiro (?)
Pillamoscas, non soubemos identificar a especie, pode que fose Ficedula hypoleuca (?)
Barrachín, Parus major, Páridos
Boieira, Motacilla flava
Salgheiriña, non soubemos identificar a especie
Lavandeira, Motacilla alba
Azulenta, Fringilla coelebs
Neghreira, Phoenicurus ochruros
Moucho, Strix aluco, Athene noctua (?)
Paporroibo, Erithacus rubecula
Pato, Anas platyrhynchos
Melro, Sturnus unicolor
Ghabilán, Accipitridae
Sisón, Tetrax tetrax
Tecelán, Falco tinnunculus
Avefría, Vanellus vanellus
Ave rapiña, Circus pygargus
Ághila, Accipitridae
Gharza, Ardea cinerea
Cighueña, Ciconia ciconia, (castelanizado)
Noitevoada, Caprimulgus europaeus
Couca, non soubemos identificar a especie, dicía que andaba de noite (?)

Réptiles:
Escouparón, Anguis fragilis
Víbora, Vipera sp.
Cobra, Colubridae

Anfibios:
Ran, Pelophylax perezi
Ranilla, Hyla molleri
Sapo cunqueiro, Bufo spinosus
Salamántigha, Salamandra salamandra

Arácnidos:
Bicho da uña, Buthus sp.

Insectos:
Seitureiro, Gerris lacustris
Vacaloura, Berberomeloe majalis
Caldabeira, Dermápteros
Marquesa, Mantis religiosa
Zapateiro, Coccinella septempunctata
Cabaliño do Demo, Zigópteros

Mamíferos:
Morcegho, Quirópteros
Doniña, Mustela nivalis
Algharia, Genetta genetta
Teixugho, Meles meles
Rato da anisca, Eliomys quercinus

Moitas grazas pola interesante información.

Ningún comentario: