O xoves 8 de outubro de 2020 estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna na aldea de Santa Comba, do concello de Vilardevós, xunto ao antropólogo Bruno Rúa e amigos.
Isto é o que nos saíu recollido de varios veciños da localidade:
Aves:
Cuco, Cuculus canorus
Bubela, Upupa epops
Pombo, Columba palumbus
Tentenarraíz, Miliaria calandra
Escribenta, Emberiza cirlus
Tornillo, Sturnus unicolor
Pigharra, Garrulus glandarius
Pegha, Pica pica
Corvelo, Corvus corone
Chincho, Fringilla coelebs
Serrachín, Parus major, Páridos
Merla truiteira, Cinclus cinclus
Pintsilva, Carduelis carduelis
Trallón, Ficedula hypoleuca
Avión, Oriolus oriolus
Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus
Cotolovía, Lullula arborea
Paporrubio, Erithacus rubecula
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Carriza, Troglodytes troglodytes
Azulenta, Prunella modularis
Chasco, Saxicola rubicola
Nabiñeiro, Serinus serinus
Pardal, Passer domesticus
Picanza, Lanius meridionalis, Lanius spp.
Lavandeira, Motacilla alba
Ita, " co rabo largo, escura", poida que fose Sylvia undata (?)
Anduriña, Hirundo rustica
Vencello, Apus apus
Pito verdeal, Picus viridis
Pito abelleiro, Dendrocopos major
Moucho, Athene noctua, Strix aluco (?)
Curuxa, Tyto alba
Carboeiro, non soubemos identificar a especie
Pita d'augha, non soubemos identificar a especie xa que aquí non hai Gallinula chloropus
Pazpallá, Coturnix coturnix
Escribiente, Emberiza cirlus
Ghabilán, Accipitridae
Tecelán, Falco tinnunculus
Paxaro da augha, (?) porque cando cambia o tempo fai "pi-pi-pi"
Millarengho, Linaria cannabina (?)
Falepo, Hippolais polyglotta (?)
Pedreiro, Phoenicurus ochrorus
Noitevoá, Caprimulgus europaeus, "cando unha persoa é moi fea din que parece un noitevoá"
Tuíz, (?) semellante ao Serranchín, poida que sexa Aegithalos caudatus (?)
Ghaviota, Venellus vanellus
Ave rapiña, Circus pygargus
Galiñuela, Gallinago gallinago
Chova, Pyrrhocorax pyrrhocorax
Arrabuñón, Certhia brachydactyla
Pica peixe, Motacilla cinerea
Pitapía, Alcedo athis
Mamíferos:
Muricegho, Quirópteros
Miriápodos:
Escouparón, Scolopendra cingulata, confundían este nome co do Anguis fragilis
Réptiles:
Alicranzo, Anguis fragilis
Escoupariño, Chalcides striatus
Anfibios:
Salamanca, Salamandra salamandra
Insectos:
Faldra cadela, Dermápteros
Renla, Berberomeloe majalis
Escarabella (?)
Barrosa / Barrosiña, Coccinella septempunctata, din así: "Barrosiña voa voa, vai onda túa mai, que che ei dar pan e cebola"
Pataquesa, Mantis religiosa, Empusa pennata, din así: "pataquesa pon a mesa que pouco pesa"
Tamén algo de Flora:
Arzaña, Lavandula stoechas
Fionllo, foeniculum vulgare
Moitísimas grazas aos veciños que nos informaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario