martes, 13 de outubro de 2020

Nomes vernáculos de Fauna en Terroso

O sábado 10 de outubro de 2020 estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna na aldea de Terroso, do concello de Vilardevós, xunto co antropólogo Bruno Rúa.

Isto foi o que recollimos:

Aves:
Bubela, Upupa epops
Cuco, Cuculus canorus
Moucho, Athene noctua, Strix aluco
Milleiro, non nos identificaron especie, poda que fose Linaria cannabina
Letreira, Emberiza cirlus
Carriza, Troglodytes trtoglodytes
Foleca, Hippolais polyglotta
Carboeiro, Sylvia undata (?)
Vaqueira, Motacilla flava
Raborruzo, Phoenicurus ochruros
Paporrubio, erithacus rubecula, tamén lle chamaban Porquiño do rei
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Avión, Oriolus oriolus
Pito verdeal, Picus viridis
Pito tatarí, Dendrocopos major
Cotoluvía, Lullula arborea
Cotoluvía poupeira, Alauda arvensis (?)
Pedreira, pode que fose Oenanthe oenanthe (?)
Lavandeira, Motacilla alba
Bagaceira, non se chegou a identificar a especie (?)
Chincherla, (?), "facía os ninos nos prados da herba"
Chazco, Saxicola rubicola
Paspallota, Coturnix coturnix
Verdueiro, Chloris chloris
Verdosiña, (?) "puña os ovos verdes"
Subideira, Certhia brachydactyla
Gherrero, Parus major, Páridos
Merla righeireira, Cinclus cinclus
Pirluís, Burhinus oedicnemus
Cazcarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp., había o normal e un máis pequeno, Lanius collurio, L. senator (?)
Noitevoal, Caprimulgus europaeus
Curuxa, Tyto alba
Trallón, Ficedula hypoleuca
Pintasilvo, Carduelis carduelis
Teixiño, (?) "parecido ao trallón", non o soubemos identificar
Tanxo, (?) non o soubemos identificar
Rola. Streptopelia turtur
Torda, Turdus philomelos, Turdus viscivorus (?)
Torda serrana, Turdus sp.
Tordo pintoxo, Turdus iliacus
Pomba, Columba palumbus
Corvelo, Corvus corone
Tornillo, Sturnus unicolor
Pigharra, Garrulus glandarius
Ghaliñola, Scolopax rusticola (?)
Lagoeiro, Gallinago gallinago (?)
Enveriza, Vanellus vanellus
Vencello, Apus apus
Pedreiro, Oenanthe oenanthe (?)
Bufo, Bubo bubo
Cighueña, Ciconia ciconia, (en castelán)
Anduriña, "había tres clases, a que cría no monte, a que cría no río, a de medio nino e a de nino completo", Hirundo daurica, Hirundo rupestris, Hirundo rustica, Delichon urbica
Perdiz, Alectoris rufa
Cirifolla, Phylloscopus spp.
Ghrulla, Merops apiaster
Tecelán, Falco tinnunculus
Ghabilán mosca, Accipiter nisus (?), "era pequeniño"
Ghabilán, Accipitridae
Ave rapiña, Circus pygargus (?)

Réptiles:
Alacrán, Anguis fragilis, chalcides striatus (?), confundían estas especies con Buthus sp.
Lagharto,"había dous, o arnal e o de río", Timon lepidus, Lacerta, schreiberi

Laghartiña, Podarcis guadarramae lusitanica, Psammodromus algirus


Arácnidos:
Bicho da mancela, Buthus occitanus

Insectos:
Faldra cadela, Dermápteros
Bichiño do rei, Cocinella septempunctata
Marquesa, Mantis religiosa, Empusa pennata
Vacaloura, Berberomeloe majalis, "cando salían as berrugas atrabesábanas cun toxo e frotábase a berruga con ela"
Matacabalos, Gryllotalpa gryllotalpa
Ghaiteiro, Zygópteros
Tixeira, Guerris lacustris

Anfibios:
Salamanca, Salamandra salamandra
Sapo cunqueiro, Bufo spinosus
Sapa da augha, Altes obstetricans (?)
Ran, Pelophylax perezi
Cághados, larvas de anfibios

Miriápòdos:
Rengla, Scutigera cleoptatra

Mamíferos:
Ghineta, Genetta genetta
Doniña, Mustela nivalis
Gharduña, Martes foina
Teixugho, Meles meles
Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus
Muricegho, Quirópteros
Ardilla, Sciurus vulgaris, "veu non hai moito tempo"
Papalbo, Eliomys quercinus
Liranco, Rattus rattus, R. novergicus (?)
Rata, Talpa occidentalis, designaban así a esta especie

Peixes:
Trúita, Salmo trutta
Bogha, Pseudochondrostoma duriense

Moitísimas grazas a todos os informantes.

Ningún comentario: